O herpes zóster é unha doenza cutánea producida polo virus da varicela. Prodúcese coma reactivación do virus que permanecía latente nos ganglios radiculares do organismo.[1] A afectación, así pois, é en forma de neuropatía gangliorradicular. Segue unha distribución metamérica, e pode afectar a calquera raíz nerviosa do organismo, sendo máis frecuentes as raíces torácicas ou os nervios da cara (trixémino e as súas ramas: nervio oftálmico, nervio mandibular e nervio maxilar).

Herpes zóster localizado no pescozo.

A erupción cutánea que produce adoita ser precedida de molestias, proído ou formigueo. Ditas lesións raramente duran máis de catro semanas, e resólvense soas.

Algunhas persoas desenvolven unha condición denominada neuralxia postherpética, caracterizada por unha dor intensa de tipo neuropática que pode perdurar días, meses ou até anos despois de se resolver o herpes.

En persoas inmunodeprimidas, o herpes zóster pódese espallar polo resto do organismo. Se afecta ao ollo pódese producir unha perda de visión.

O tratamento consiste en antivirais coma o åciclovir, pensados para deter a progresión do herpes; e medicación sintomática, principalmente analxésicos para combater a dor.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar