Abrir o menú principal

Herminio Barreiro

docente e pedagogo galego
(Redirixido desde "Herminio Barreiro Rodríguez")

TraxectoriaEditar

Fillo de Herminio Barreiro Calvete, mestre socialista encarcerado durante a Guerra Civil española[6], pasou a súa infancia en Cerdedo, onde a súa nai fora destinada como mestra. Estudou bacharelato en Pontevedra e a partir de 1958 Filosofía e Letras en Madrid. Alí, xunto a outros galegos que estaban estudando na universidade, fundou o grupo Brais Pinto.

En 1965 marchou a Francia a dar clase de español, e nese país afiliouse ao Partido Comunista de España.

De volta en Galicia, traballou como profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC e publicou diversos traballos relacionados principalmente con temas históricos e educativos. Tamén dirixiu o anuario de historia da educación Sarmiento. Foi colaborador de prensa diaria e participou en diversas empresas culturais. Politicamente estivo durante boa parte da súa vida vencellado ao Partido Comunista e a Esquerda Unida, pola que se presentou como candidato a distintas eleccións municipais en Santiago[7].

Foi un gran profesor, un gran teórico, un historiador da pedagoxía dende a perspectiva do ensino como ferramenta liberadora do ser humano. Era un antifascita e un loitador e un escritor precioso. Fóiseme un irmán

Obra en galegoEditar

EnsaioEditar

  • Retallos para un tempo distinto, 1992, Edicións do Castro.
  • No solar galego de Camoens, 2002, edición de autor.
  • Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), 2008, Xerais.
  • Memoria crítica da escola desde a universidade (historia mínima dun curso especial na USC), 2011, Universidade de Santiago de Compostela.

Obras colectivasEditar

Obra en castelánEditar

EnsaioEditar

  • Lorenzo Luzuriaga y la renovación educativa en Galicia, 1989.

Obras colectivasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar