Harun al-Rashid

Harun al-Rashid[1][2] (en árabe هارون الرشيد, Aarón o Xusto), nado en Rayy, Persia, o 17 de marzo de ca. 766 e finado en Tus o 24 de marzo de 809, foi o quinto e máis famoso califa da dinastía abasí de Bagdad. Gobernou desde o 14 de setembro de 786 até a súa morte.

Harun al-Rashid
Harun Al-Rashid and the World of the Thousand and One Nights.jpg
Nacemento7 de marzo de 766
Lugar de nacementoRey
Falecemento24 de marzo de 809
Lugar de falecementoTus
SoterradoImam Reza Shrine
NacionalidadeAbbásida
RelixiónIslam
Ocupaciónpolítico e poeta
PaiAl-Mahdi
NaiAl-Khaizuran
CónxuxeZubaidah bint Ja`far e Marajil
FillosAl-Amin, Al-Mamun, Al-Mu'tasim e Alcacim ibne Harune Arraxide
IrmánsAl-Hadi, Banuqa, Ulaia binte Almadi, Abbasa, Ubaydallah ibn al-Mahdi e Ibrahim ibn al-Mahdi
editar datos en Wikidata ]

Considérase un dos máis grandes gobernantes musulmáns, e un exemplo a imitar polos seus correlixionarios. No seu reinado o califato abasí chegou ao cumio do seu poderío, un período de excepcional esplendor cultural, científico e económico. Por outra parte, foi moi radical nas súas concepcións relixiosas acerca do islam.

A súa fama e poderío foron inmortalizados en As mil e unha noites, onde el, a súa esposa Zobeida e varios dos seus cortesáns protagonizan numerosas historias.

TraxectoriaEditar

 
O Califato abasí (en cor verde clara e escura) na súa máxima extensión, contra o ano 850. Os territiorios en verde escuro (Al-Ándalus) perdéronse cedo.
 
Harun al-Rashid recibe a unha delegación de Carlomagno.
 
A emperatriz Irene e Constantino.

Harún era fillo de Al-Mahdi, terceiro califa abasí, que gobernou entre 775 e 785, e Al-Jayzuran, unha antiga escrava do Iemen e muller de forte personalidade que influíu considerabelmente nos reinados do seu marido e os seus fillos.

Descoñécese a data exacta do seu nacemento,[3] que podería ser en calquera momento entre os anos 763 e 767, aínda que aparentemente o máis probábel é que ocorrera en 766.

É seguro, en cambio, que tanto Harún como o seu irmán máis vello Musa, o futuro califa al-Hadi), naceron en Rayy (localidade ao sur da moderna Teherán), onde seu pai residía como vicerrei da zona oriental do califato.[4]

O seu primeiro acto público de relevancia foi acompañar ao seu pai nunha peregrinación ás cidades santas de A Meca e Medina, no outono de 777.[5] Pouco despois, se lle asignou como titor a Yahya ibn Khalid ibn Barmak (Yahya el Barmací), un experimentado funcionario e amigo íntimo da familia real, quen chegou a desempeñar un rol de verdadeiro pai na vida de Harún.[6]

No verán de 780 encargóuselle conducir unha campaña contra os bizantinos na zona dos montes Tauros, o que simultaneamente lle brindaba unha formación militar e a oportunidade de darse a coñecer no exército. Acompañárono Yahya el Barmací, como administrador das finanzas do exército, e o chambelán Rabi ibn Yunus.

Despois dun sitio de oito días, logrou a rendición do castelo fronteirizo de Samalu, cuxa gornición foi deportada a Bagdad (a fortaleza volvería a mans bizantinas pouco despois).[7]

En 782 Harún liderou unha expedición de maior envergadura que derrotou ao exército bizantino e alcanzou o Bósforo.

A emperatriz bizantina Irene tivo que comprometerse a pagar un tributo ao califa, durante tres anos, consistente nuns de 70.000 a 90.000 dinares anuais.[8][9]

Harún estivo moi influído pola vontade da súa nai no goberno do imperio até a morte desta en 789. O seu principal ministro, o visir Giafar el Barmesida, os fillos deste e outros membros da familia barmáquida controlaron xeralmente a administración.

O imperio abasí empezou a desmoronarse con el e a soberanía do seu reino non foi nunca recoñecida polos aglabís de Tunes, como tampouco polos idrisís de Marrocos e os omeias de Al-Ándalus.

Ademais da súa viaxe de 777, xa sendo califa Harún realizou oito peregrinacións á Meca, nos anos 787, 790, 791, 794, 796, 798, 802 e 804.[10]

MorteEditar

 
Siuación da provincia de Khorasán, hoxe no Irán.

Coa intención de sufocar persoalmente unha rebelión na provincia oriental de Khorasán, Harún abandonou Bagdad á cabeza dun exército o 5 de xuño de 808, acompañado polo seu fillo al-Mamun.

A finais do ano chegaron á cidade de Tus, en Khorasán (ao nordeste do moderno Irán).

Alí enfermou, e encomendou a al-Mamun que continuara a expedición.

Harún faleceu o 24 de marzo de 809, contando cuns 47 anos de idade.

Foi sepultado na casa de campo na que se instalara.[11]

Referencias culturaisEditar

LiteraturaEditar

  • Harún al-Rashid é a figura principal en varias historias de As mil e unha noites.
  • Henry Wadsworth Longfellow escribiu un poema que comeza:

    One day Haroun Al-Raschid read
    A book wherein the poet said
    Where are the kings and where the rest
    Of those who once the world possessed?

  • Alfred Tennyson escribiu un poema na súa xuventude titulado Recollections Of The Arabian Nights. Cada estancia (excepto a última) acaba coa frase "of good Haroun Alraschid".
  • Harún al-Rashid figura no Ulysses de James Joyce, nun soño de Stephen Dedalus, un dos protagonistas.
  • Harún al-Rashid tamén aparece nun célebre poema de 1923 de W.B. Yeats, "The Gift of Harun al-Rashid".
  • Harún al-Rashid é mencionado polo personaxe Koróviov na novela satírica O profesor e Margarita de Mikhaíl Bulgákov.
  • A historia dunha das viaxes de Harún proporciona o clímax do xogo de títulos e o final da novela de Italo Calvino Se unha noite de inverno un viaxeiro (Se una notte d'inverno un viaggiatore), 1979.
  • Os dous protagonistas da novela Haroun and the Sea of Stories de Salman Rushdie (1990) son Harún e o seu irmán Rashid Khalifa.
  • Nas The Sten Chronicles, novelas de ciencia ficción de Allan Cole e Chris Bunch, o personaxe do Emperador Eterno usa o nome "H. E. Raschid" como sinónimo; isto confírmase, no derradeiro libro da serie, cunha referencia do personaxe Burton á tradución do Libro das mil e unha noites.
  • Na historia The BFG de Roald Dahl, o Sultán de Bagdad di que ten un tío chamado Califa Harún al-Rashid.
  • Na novela de aventuras Os fillos do capitán Grant de Jules Verne, Jacques Paganel conta "unha pequena historia árabe" dun "fillo do grande Harún-al-Raschid."

FilmesEditar

CómicsEditar

  • O libro humorístico The Sandman inclúe unha historia (a nº 50, "Ramadan") situada no mundo das Noites de Arabia, das que Harún al-Rashid é o protagonista.
  • Haroun El Poussah na revista de banda deseñada cómica francesa Iznogoud é unha versión satírica de Harún al-Rashid.
  • A novela gáfica Dschinn Dschinn de Ralf König é unha historia da legación mandada por Carlomagno á corte de Harún al-Rashid.
  • Harún aparece no nº 5 da chilena colección de revistas gráficas Mampato, titulado "Bromisnar de Bagdad" [12]

VideoxogosEditar

  • Harún al-Rashid aparece como o líder de Arabia no videoxogo Civilization 5.

OutrosEditar

O futuro presidente dos Estados Unidos Theodore Roosevelt, cando era o Comisionado do Departamento de Policía de Nova York, era alcumado nos periódicos locais como "Haroun-al-Roosevelt" polo seu hábito de pasear en solitario polas rúas de Manhattan para, subrepticiamente, cahar aos policías fóra dos seus postos. (Nas mil e unha noites, Harún al-Rashid percorría de noite as rúas de Bagdad vestido de mercador para observar a vida das xentes).

NotasEditar

  1. "Harun al-Rashid". Diciopedia do século 21 II. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1038. 
  2. Tamén transcrito Hārūn al-Rashīd, Haroun ar-Rachid, Harun al-Raschid, Haroon al Rasheed ou Harún al-Rashid [tamén Harune Arraxide], entre outras formas acordes coas fonéticas francesa, alemá, inglesa e portuguesa.
  3. Kennedy, Hugh (2008): La corte de los califas. Barcelona: Crítica, páx. 78. (Kennedy cita a:Abbott, Nabia (1946): Two Queens of Baghdad, University of Chicago Press (segunda impresión, Al Saqi, Londres, 1986), páxs. 23-24.
  4. Kennedy, Hugh, Op. cit. páxs. 38 e 78.
  5. Kennedy, Hugh. Op.cit. páx. 79.
  6. Kennedy, Hugh. Op. cit., páx. 80.
  7. Kennedy, Hugh. Op. cit., páxs. 80-82.
  8. Kennedy, Hugh. Op. cit., páxs. 82-83.
  9. Herrin, Judith (1973): "La crisis de la iconoclastia" en Maier, Franz Georg (2000): Bizancio. México: Siglo XXI, páx. 99. ISBN 968-23-0496-2
  10. Kennedy, Hugh. Op. cit., páx. 94.
  11. Kennedy, Hugh. Op. cit., páx. 117.
  12. "Libros Mampato". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2011. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Clot, André (1990): Harun Al-Rashid and the Age of a Thousand and One Nights. New Amsterdam Books. ISBN 0-941533-65-4
  • Kennedy, Hugh (2008): La corte de los califas. Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-8432-974-9
  • al-Tabari (2001): La Chronique: Histoire des prophètes et des rois. Volume II, L’âge d’or des Abbassides. (Tradución do persa por Hermann Zotenberg). Actes Sud / Sindbad. ISBN 978-2-7427-3318-7

Outros artigosEditar

Predecesor:
Al-Hadi
Califa abasí de Bagdad
786–809
Sucesor:
Al-Amin