Gumersindo Sánchez Guisande

médico galego

Gumersindo Sánchez Guisande, nado en Santiago de Compostela o 2 de agosto de 1892 e finado en Mendoza o 9 de setembro de 1976,[1] foi un médico galego.

Infotaula de personaGumersindo Sánchez Guisande

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1892 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de setembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Mendoza, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElisa Fernández de la Vega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario en 1915, doutorouse en Medicina e Cirurxía na Universidade Central de Madrid ao ano seguinte. Foi profesor auxiliar na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. En 1918 foi encargado pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas para participar, en Portugal, na organización dos Institutos de Anatomía. Como pediatra fundou a Mutualidad Maternal, dirixiu a Gota de Leche e o Instituto Municipal de Maternología y Puericultura de Compostela.

En 1922 obtivo a cátedra de Anatomía Descritiva da Universidade de Sevilla e en 1928 da de Zaragoza onde foi decano da Facultade de Medicina. Creou unha institución de protección á infancia, sendo coñecido como o "médico dos nenos pobres".

Militante do Partido Republicano Radical Socialista e despois de Izquierda Republicana, foi concelleiro republicano en Zaragoza en 1934. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Zaragoza, foi destituído dos seus cargos e a súa biblioteca foi requisada. Refuxiouse en Compostela case dous meses na casa dos irmáns, e despois en Vilagarcía de Arousa cuns parentes políticos que lle conseguiron documentación para pasar a Portugal, e vía Lisboa conseguiu chegar a Arxentina con Xosé Núñez Búa o 31 de outubro de 1936. Os seus tres fillos, Luciano, Wenceslao e Elisa permaneceron en Galicia.

En Buenos Aires foi director médico do Centro Gallego, foi un dos fundadores con Antonio Baltar do Hogar Gallego para Ancianos en Domseelar (provincia de Buenos Aires). En 1953 ocupou a cátedra de Anatomía da Universidade de Cuyo, en Mendoza, onde tamén fundou un sanatorio con Antonio Baltar. Íntimo amigo de Castelao, foi un dos médicos que o atendeu, estando presente cando faleceu; el e o seu fillo embalsamaron o cadáver.

Participou nos faladoiros do Café Tortoni e estivo presente nos actos organizados polas colectividades galegas; nalgún como representante do Goberno republicano no exilio. Foi membro do Consello Directivo do Lar Gallego de Mendoza dende 1958. Pronunciou conferencias, publicou traballos científicos e sociolóxicos e organizou cursos. Mesmo patentou inventos como o modelo dosificador do biberón.[2]

 
Placa na súa casa natal, na avda. Raxoi 12, Compostela

Membro da masonaría, formou parte da loxa “Antolín Faraldo”, de exiliados galegos en Bos Aires, que ademais de promover iniciativas editoriais e culturais, fundou en 1942 o Fogar Galego para Anciáns de Domseelar.[2]

Recoñecementos editar

O Concello de Santiago colocou na casa onde naceu, na Avenida de Raxoi, unha placa como homenaxe, en 1998.

Vida persoal editar

Casou en 1925 con Elisa Fernández de la Vega Lombán.

Obra editar

  • El padre Feijoo y los anatomistas españoles de su siglo.
  • Breve historia de la medicina, 1966.
  • Seis cantos galegos.

Notas editar

  1. "Murió un ilustre exiliado gallego: el profesor Gumersindo Sánchez Guisande", La Voz de Galicia, 9-10-1976, p. 43.
  2. 2,0 2,1 "Elisa y Jimena Fernández de la Vega, primeras mujeres licenciadas gallegas". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-03. Consultado o 2019-03-03. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar