Guatemala nos Xogos Olímpicos

Guatemala participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, mais non participou nas seguintes tres edición dos Xogos. Guatemala enviou deportistas en cada edición dos Xogos de Verán dende o ano 1968. O país participou unha soa vez nos Xogos Olímpicos de Inverno, en 1988.

Guatemala nos Xogos Olímpicos

Código COI GUA
Comité nacional Comité Olímpico Guatemalteco
www.cog.org.gt (en castelán)
Medalleiro
Ouro
0
Prata
1
Bronce
0
Total
1

Guatemala gañou a súa primeira medalla olímpica durante os Xogos Olímpicos de 2012 de Londres, onde Erick Barrondo conseguiu a medalla de prata na proba de 20 km marcha masculina.[1] Este feito converte a Guatemala nun dos poucos países do mundo con máis Premios Nobel ca medallistas olímpicos.[2]

O Comité Olímpico Nacional de Guatemala foi creado en 1947 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Helsinqui 1952 21 0 0 0 0
  Melbourne 1956 non participou
  Roma 1960 non participou
  Toquio 1964 non participou
  Cidade de México 1968 48 0 0 0 0
  Múnic 1972 8 0 0 0 0
  Montreal 1976 29 0 0 0 0
  Moscova 1980 non participou
  Os Ánxeles 1984 24 0 0 0 0
  Seúl 1988 30 0 0 0 0
  Barcelona 1992 14 0 0 0 0
  Atlanta 1996 26 0 0 0 0
  Sydney 2000 15 0 0 0 0
  Atenas 2004 18 0 0 0 0
  Pequín 2008 12 0 0 0 0
  Londres 2012 19 0 1 0 1 69
  Río de Xaneiro 2016 21 0 0 0 0
  Toquio 2020 24 0 0 0 0
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028
Total 0 1 0 1 127

Medallas nos Xogos de Inverno editar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Calgary 1988 6 0 0 0 0
Total 0 0 0 0

Medallas por deporte editar

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Atletismo 0 1 0 1
Total 0 1 0 1

Lista de medallistas editar

Medalla Nome Xogos Deporte Evento
  Prata Erick Barrondo   Londres 2012   Atletismo 20 km marcha masculina

Notas editar

  1. "Chen wins Olympic 20km walk, history for Guatemala". Eurosport Asia. 4 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2012. Consultado o 4 de agosto de 2012. 
  2. "FACT OF THE DAY: OLYMPICS EDITION". Tablet Magazine. 9 de agosto de 2012. Consultado o 21 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar