Comité olímpico nacional

(Redirección desde «Comité Olímpico Nacional»)

Un comité olímpico nacional (NOC, polas súas siglas en inglés) é a sede nacional de cada país encargada polo Comité Olímpico Internacional de «fomentar e protexer o Movemento Olímpico nos seus respectivos países».[1] Pode nomear cidades das súas áreas respectivas como candidatas para Xogos Olímpicos futuros. Estes comités tamén promoven o desenvolvemento dos atletas e preparan aos adestradores e oficiais nun nivel nacional.

Comité olímpico nacional
Logo
AcrónimoNOK
editar datos en Wikidata ]

Estados membros editar

Até 2016, existen 206 comités nacionais, representados por nacións soberanas e algúns territorios dependentes. Os 193 países pertencentes ás Nacións Unidas teñen un comité olímpico nacional ademais doutros trece territorios:

Asociación de Comités Olímpicos Nacionais editar

Os comités olímpicos nacionais son membros da Asociación de Comités Olímpicos Nacionais (ACNO), a cal tamén está dividida en cinco asociacións segundo o seu continente:

Continente Asociación CON CON máis antigo CON máis novo
       África Asociación de Comités Olímpicos Nacionais de África 53 Exipto (1910) Sudán do Sur (2015)[2]
     América Organización Deportiva Panamericana 41 Estados Unidos (1894) Dominica (1993)
Saint Kitts e Nevis (1993)
Santa Lucía (1993)
     Asia Consello Olímpico de Asia 44 Xapón (1912) Timor Leste (2003)
     Europa Comités Olímpicos Europeos 50 Francia (1894) Kosovo (2014)
     Oceanía Comités Olímpicos Nacionais de Oceanía 17 Australia (1895) Tuvalu (2007)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar