Comité Olímpico Ecuatoriano
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: COE.
O Comité Olímpico Ecuatoriano (COE) é o organismo responsable da representación de Ecuador nos Xogos Olímpicos. Foi creado en 1938 e recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en 1959.[1] Os estatutos do Comité Olímpico Ecuatoriano foron aprobados oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en Toquio, con ocasión dos Xogos Olímpicos de 1964, e foi reafirmado mediante a última reforma en xaneiro de 2003. A súa duración ao mando do deporte ecuatoriano é indefinido.[1]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Antecedentes - EcuadorCOE.org.ec". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2008. Consultado o 06 de xullo de 2008.
- ↑ Lista de departamentos del COE - EcuadorCOE.org.ec