Gilroy Roberts

medallista e gravador de moeda estadounidense

Gilroy Roberts, nado o 11 de marzo de 1905 en Filadelfia e finado o 26 de xaneiro de 1992 en Havertown, Pensilvania, foi un escultor, gravador e deseñador de medallas e moedas, que ocupou o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1948-1964).[2][3][4]

Gilroy Roberts
Kennedyhalfdollar1964-1.jpg
Presentación do anverso do 1/2 dólar co busto de Kennedy, autografada polo seu autor Gilroy Roberts (colección E. P. Newman).[1]

Nacemento11 de marzo de 1905
 Seal of Philadelphia, Pennsylvania.svg Filadelfia.
Flag of Pennsylvania.svg Pensilvania.
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento26 de xaneiro de 1992 (86 anos)
 Havertown.
Flag of Pennsylvania.svg Pensilvania.
Estados Unidos de América Estados Unidos
ÁreaDeseño e gravado.
ObrasMoeda de 1/2 dólar co busto de Kennedy.
editar datos en Wikidata ]

A súa marca de gravador, que estampou nas moedas e medallas da súa creación, é GR.[3][4][5]

TraxectoriaEditar

Gilriy Roberts naceu o 11 de marzo de 1905 en Filadelfia, fillo de John Taylor Roberts (1978-1922) e de Blanch Dawson Gilroy (1872-1954).[2] Desde os seus primeiros anos estivo en contacto coa arte, xa que o seu pai era tamén escultor profesional. Isto permitiulle aprender a esculpir xa desde neno. Na súa adolescencia perfeccionou a súa técnica asistindo a clases nocturnas cun escultor chamado Paul Remy, en tanto que cursaba o ensino secundario.[3]

 
Selo co busto de Stephen Foster (1940), deseñado por Gilroy Roberts.

En 1936 produciuse un paso moi salientable cara á súa profesionalización, cando Roberts solicitou o seu ingreso na Casa da Moeda dos Estados Unidos, como gravador e escultor axudante. A súa solicitude foi aceptada, mais por vontade proia abandonou a ceca estadounidense logo dun ano e medio de exercicio, e marchou a ocupar un posto como titular na Oficina de Gravado e Impresión, en Washington, onde se imprimen os billetes e os selos de correo dos EEUU. Nesa institución acadou sona polo deseño de retratos para selos de personaxes como Stephen Foster, Eli Whitney ou Ralph Waldo Emerson.[3][4][5][6]

Entre 1939 e 1943 continuou a súa formación na escola da Galería de Arte Corcoran, na cidade de Washington.[4]

O 1 de maio de 1944 reingresou na Casa da Moeda como axudante principal de gravado, no equipo do daquela gravador xefe, John R. Sinnock.[4] Logo duns anos traballando xuntos, a saúde de Sinnock resentiuse e en 1947 faleceu, cando estaba en proceso de concluír unha moeda de medio dólar co busto de Benjamin Franklin; o anverso estaba concluído, mais non así o reverso, e Roberts tivo que asumir a culminación do deseño e o gravado da tradicional campá da liberdade que o caracteriza.[3][5]

Logo do falecemento de Sinnock, o daquela presidente dos EEUU, Harry Truman, designou a Gilroy Roberts como sucesor no posto de gravador xefe da US Mint, o 22 de xullo de 1948.[4] Ao longo dos 16 anos que ocupou este posto foi o responsable da cuñaxe de diversas medallas presidenciais, como as de Harry Truman, Dwight Eisenhower, John F. Kennedy e Lyndon Johnson. Nesa época, a US Mint recibiu encargas para o deseño e a cuñaxe de moedas para outros países, labor que o propio Roberts asumiu persoalmente en moitos casos.[5] Entre estes países están Colombia, Dinamarca (para Groenlandia), Cuba, Etiopía, Haití, Liberia, o Líbano, O Salvador e o Uruguai.[3][4][6][7]

 
Anverso do 1/2 dólar co busto de Kennedy, deseñado por Gilroy Roberts e cuñado, con diferentes reversos, desde 1964 ata a actualidade.[8]

O 1/2 dólar de KenedyEditar

Artigo principal: Medio dólar Kennedy.

O asasinato de John F. Kennedy o 22 de novembro de 1963 foi o detonante para a creación dunha moeda na súa memoria, que por decisión da súa viúva foi a de medio dólar. Como base para o deseño da nova moeda escolleuse unha medalla presidencial xa existente, obra do propio Roberts (anverso) e do seu axudante Frank Gasparro (reverso), e ambos encargáronse de facer as modificacións oportunas para o deseño do medio dólar, para o que contaron coas suxestións e coa aprobación de Jackie Kennedy. Esta moeda atribuíulle a Roberts moita notoriedade, xa que se mantén en circulación (con diferentes reversos) desde 1964 ata os nosos días, e está considerada como o seu traballo cumio como gravador da US Mint.[3][5]

Tan só uns meses despois da posta en circulación desta moeda, Gilroy Roberts xubilouse como gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos o 8 de outubro de 1964, e o ata entón axudante, Frank Gasparro, sucedeuno no cargo. A partir dese momento, Roberts continuou traballando como medallista independente; pouco despois pasou a presidir a compañía General Numismatics Corporation e tamén tivo vinculación coa ceca privada The Franklin Mint, desde a súa fundación no propio 1964 ata 1972, na que ocupou postos de dirección.[3][4][5] Na Franklin Mint deseñou e gravou moedas por encarga de países como Belize, as Illas Virxes Británicas e Panamá.[7]

A súa xubilación completa non se produciu ata 1980, cando tiña 75 anos. No entanto, en 1986 recibiu a encarga da Encyclopaedia Britannica para a elaboración dunha medalla que servise como Premio Britannia; este foi un dos seus derradeiros traballos.[3]

Gilroy Roberts finou o 26 de xaneiro de 1992, un ano despois de doar a súa colección de ferramentas de gravado á American Numismatic Association.[3] Roberts foi soterrado no cemiterio Ivy Hills, de Filadelfia, xunto coa súa esposa, Lilian Sharpless Pancoast (1908-1989), coa que casara o 25 de novembro de 1927.[2][4][6]

RecoñecementosEditar

Outros traballos de Gilroy RobertsEditar

NotasEditar

  1. "Kennedy half dollar dated 1964". WUSTL Digital Gateway Image Collections & Exhibitions.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Gilroy Roberts". Find a Grave.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 3,9 "Gilroy Roberts". USA Coin Book.
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 Smith, P. (2012).
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Reiter, E. (1981).
  6. 6,0 6,1 6,2 Bowers, Q. D. (2021) Arquivado 24 de abril de 2021 en Wayback Machine..
  7. 7,0 7,1 "Gilroy Roberts". Numista.com
  8. "Kennedy Half Dollar". Numista.com
  9. "Numismatic Art Award for Excellence in Medallic Sculpture". American Numismatic Association.
  10. "Glenn Smedley Memorial Award Arquivado 21 de abril de 2021 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

Predecesor:
John R. Sinnock
 
Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1948 - 1964
Sucesor:
Frank Gasparro