Edwin J. Reiter

numismático estadounidense

Edwin J. Reiter, máis coñecido como Ed Reiter, nado en Rochester, Nova York, o 9 de xuño de 1938 e finado en Wilkes-Barre, Pensilvania, o 24 de agosto de 2017, foi un escritor e editor numismático estadounidense.

Infotaula de personaEdwin J. Reiter
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1938
Morte24 de agosto de 2017.
Wilkes-Barre.
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónSaint Bonaventure University, Nova York.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Familia
CónxuxePatricia Reiter.
Premios
Véxase a sección "Recoñecementos".

Traxectoria editar

Reiter cursou o seu ensino secundario na escola católica Aquinas Institute, en Rochester, a súa cidade natal, e os seus estudos superiores na Saint Bonaventure University, de Nova York, onde se graduou en Xornalismo en 1959.[1][2]

Entre 1964 e 1980 exerceu a súa profesión no xornal Asbury Park Press, de Nova Jersey. Desde o 1 de xullo de 1979 a xaneiro de 1989 escribiu unha columna periódica sobre numismática na sección semanal de Arte e Lecer en The New York Times,[2] e tamén traballou, entre outros, en The Record, de Hackensack, Nova Jersey, desde 1983 ata a súa morte.[1]

A súa relación coa prensa numismática comezou en 1972, cando se incorporou á redacción de Krause Publications como editor de Numismatic News. Tamén foi editor do NLG Newsletter (1981-1982) —o xornal do Gremio Literario Numismático— e da revista COINage (1986-2017). En 1990 foi nomeado director executivo do NLG Newsletter.[1][2]

En 2002 publicou o libro The New York Times Guide to Coin Collecting,[2][3] baseado nas súas columnas xornalísticas publicadas nese xornal.[4]

Ed Reiter faleceu en Wilkes-Barre, Pensilvania, o 24 de agosto de 2017, aos 79 anos.[2][5][6]

Vida persoal editar

Reiter estivo casado con Patricia Reiter, con quen tivo tres fillas e dous fillos.[7]

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Smith, P. (2012). Páxina 347.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Ed Reiter dies at 79". En Coins Weekly. 6 de setembro de 2017.
  3. Reiter, Ed. (2002). The New York Times Guide to Coin Collecting. Griffin. ISBN 978-0312291266
  4. Golino, L. (2017) Arquivado 28 de marzo de 2023 en Wayback Machine..
  5. 5,0 5,1 Smith, P. (2012). Páxina 348.
  6. "Ed Reiter, Former New York Times Numismatics Columnist, CoinAge Editor Dies at 79". En Coin Week. 24 de agosto de 2017.
  7. "Ed Reiter dies at 79". En Coins Weekly. 6 de setembro de 2017.
  8. "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
  9. 9,0 9,1 9,2 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar