COINage
COINage é unha revista numismática estadounidense de tiraxe bimestral, con base en Ventura, California, destinada aos coleccionistas de moedas e aos investidores.[1]
COINage | |
---|---|
País | Estados Unidos de América |
Lugar | Ventura, California. |
Lingua | inglés. |
Especialidade | Numismática. |
Fundación | 1964 |
Desenvolvemento | |
Editor | Scott A. Travers e Antoinette Rahn. |
Publicador | Beckett Media |
Circulación | |
Frecuencia | Bimestral. |
Circulación | Estados Unidos |
ISSN | 0010-0455 |
Na rede | |
www.coinagemag.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA revista creouse en 1964, inicialmente cunha periodicidade trimestral. Daquela a empresa que a publicaba era Behn-Miller Publications, con base en Dallas, Texas, unha compañía que era propiedade conxunta de Gordon Behn e do daquela director editorial de COINage, James L. Miller.[2] A partir do ano seguinte, 1965, pasou a publicarse quincenalmente, e entre 1996 e 2019 cambiou a súa periodicidade para pasar a publicarse mensualmente.
En outubro de 2019, cambiou novamente a súa periodicidade e converteuse nunha revista de tiraxe bimestral.[3]
Paralelamente, a revista está tamén unha versión en Internet.[4]
Distribución
editarA principal canle de distribución de COINage é o seu sitio web oficial. Con todo, tamén se pode comprar en comercios numismáticos e en librarías e quioscos especializados, e os seus subscritores poden adquirir tanto os números atrasados como os novos en sitios como Magzter.com ou Barnes & Noble.[5][6] Así mesmo, a revista dispón dun perfil en Facebook para conectar con lectores e posibles subscritores.[7]
Xunto con Coins, trátase duna das principais revistas numismáticas estadounidenses canto á súa difusión, cunha tiraxe de arredor de 100.000 exemplares en 2009.[8]
Recoñecementos
editarCOINage gañou en cinco categorías en 2016,[9] e en catro categorías en 2017, nos premios do Gremio Literario Numismático.[10]
Contido
editarCOINage céntrase principalmente nas moedas estadounidenses, aínda que tamén ten publicado artigos sobre papel moeda e sobre moedas non estadounidenses. Entre a variedade dos temas tratados están os seguintes:
- Historia da numismática.
- Moedas cuñadas nos Estados Unidos, tanto de circulación ordinaria como conmemorativas.
- Mercado das moedas de investimento en metais preciosos.
- Lanzamentos da Casa da Moeda dos Estados Unidos e eventos próximos.
Notas
editar- ↑ "COINage Media Guide". Coinagemag.com
- ↑ Ganz. D. L. (2004). "Farewell, Dear Friend". En NLG Newsletter. Numismatic Literary Guild. Vol. 35. Nº 1. Páxinas 1-2.
- ↑ "Letters to Readers". En COINage. Outubro de 2019.
- ↑ "Coinage". Coinagemag.com
- ↑ "COINage Magazine". Magzter.com
- ↑ "COINage". Barnesandnoble.com
- ↑ "COINage News". Facebook.com
- ↑ Travers, S. (2009). "Analyzing Collectors by Type". Usgoldexpert.com. 10 de outubro.
- ↑ "2016 Annual NLG Writers’ Awards". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org).
- ↑ "Numismatic Literary Guild Announces Award Winners at 2017 ANA Show". En Coinweek.com. 8 de agosto de 2017.