Quiosco
Un quiosco (do persiano: kōšk, que significa "pavillón", a través do turco: köşk e do francés kiosque[1]) é unha pequena construción que se instala nos parques e xardíns e que consta, polo xeral, só dun teito e unhas columnas que o sosteñen. Pode ter diversos usos, como por exemplo servir como palco da música. A diferenza das pérgolas, a cuberta dos quioscos non ten cavidades. Na súa orixe, nestas construcións vendíanse lambetadas e xornais, polo que o termo hoxe en día se refire a calquera construción pequena instalada normalmente ao ar libre para a venda de periódicos, caramelos, flores etc[2].

A función dos quioscos, sexa cal for a súa finalidade, é dar unha relativa protección do sol e da choiva, tanto se é un espazo escénico coma se se trata dun lugar de almacenamento ou posto de venda na vía pública. Deste xeito, diferénciase da venda ambulante, pois o quiosco está suxeito a algún tipo de regulación, autorización, permiso ou concesión administrativa.
O seu lugar habitual está nos xardíns, as prazas, os bulevares e as beirarrúa con amplitude abonda.
Tipos de quioscosEditar
Segundo o seu uso pódense clasificar en distintos tipos:
- Quiosco de flores, posto de venda no que se comercializan principalmente ramos de flores.
- Quiosco de lambetadas, establecimiento comercial no que se venden principalmente lambonadas, cigarros, tarxetas telefónicas, etc.
- Quiosco de información, posto non comercial no que se fornece información turística ou referente a campañas públicas.
- Quiosco de música, construción festiva, normalmente de planta circular ou semicircular, que alberga concertos.
- Quiosco de xornais, posto de venda de dimensións reducidas no que se comercializan principalmente xornais e revistas.
- Quiosco interactivo, computadora localizada en lugar público que permite aos usuarios realizar diferentes accións.
- Quiosco aseo, módulo de aseos situado habitualmente en espazo público.
- Quiosco bar, establecemento no que se serven comidas e bebidas situado habitualmente en espazo público (parques, prazas, praias...)
Galería de imaxesEditar
Quisoco de prensa en Portosín.
Quisoco de música en San Marcos.
Quiosco en Cangas.
Quiosco da Alman Çeşmesi ("fonte alemá") do Hipódromo de Constantinopla.
Quiosco decorativo nos Xardíns de Aranjuez, Madrid.
NotasEditar
- ↑ Dicionario da Real Academia Española da Lingua
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quiosco.