Scott A. Travers
Scott Andrew Travers, nado en Nova York o 12 de novembro de 1961, é un escritor, editor e comerciante numismático estadounidense, caracterizado pola súa defensa do coleccionismo numismático.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1961 Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade Brandeis, Massachusetts. |
Q89547790 | Editor de COINage Magazine. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Véxase a sección "Recoñecementos". | |
Páxina web | usgoldexpert.com |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarTravers pasou a súa infancia na súa cidade natal, Nova York. Alí cursou a súa educación primaria na Dwight School, no Upper West Side de Manhattan. Nesa época comezou o seu interese polo coleccionismo numismático, gañou os seus primeiros premios infantís nesa afección[1] e iniciouse xa na compra e venda de moedas por correo.[2]
Posteriormente ingresou na Universidade Brandeis, de Waltham, Massachusetts, onde acadou a súa graduación en 1983.[1]
Carreira profesional
editarEntre 1976 e 1980 traballou como numismático profesional na Musical Coin Company, e entre 1987 e 1990 como clasificador para NGC. Mais a súa traxectoria profesional está vinculada, no aspecto comercial, á compañía Scott Travers Rare Coin Galleries, fundada por el en Nova York en 1981, e, no ámbito editorial, á revista numismática COINage, da que se converteu en editor a partir de 1984.[3]
A súa experiencia no ámbito numismático fíxoo merecedor de citas como experto en medios como a CNBC,[4] Los Angeles Times,[5] a CBS e outros.[6]
Travers é un destacado membro da American Numismatic Association, de cuxa xunta directiva formou parte, como gobernador (1995-1997) e como vicepresidente (1997-1999).[6][7]
Tamén foi consultor de valoración de moedas para a Comisión Federal de Comercio.[6]
Recoñecementos
editar- 1978: Numismático Novo do Ano, da American Numismatic Association (ANA).[8]
- 1984: Asesor Adulto Destacado do ano, da ANA.[8]
- 1992 e 1999: Premio Glenn Smedley Memorial, da ANA.[8]
- 2002: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG).[7][9]
- 2003: Premio Presidencial, da ANA.[10]
- 2016: Premio Burnett Anderson Memorial, da ANS, a ANA e o NLG.[7][8]
- 2017: Premio Century Club, da ANA.[8]
Publicacións
editarEn paralelo á súa actividade profesional, Travers tamén é autor de sete monografías acerca do coleccionismo numismático,[6] varios deles merecedores da consideración de "Libro do ano" polo Numismatic Literary Guild:[7]
- (1986). Travers’ Rare Coin Investment Strategy. Prentice Hall Press, ISBN 978-0668065863 [2ª ed. 1989]
- (1990). The Investor's Guide to Coin Trading. John Wiley & Sons. ISBN 978-0471609285
- (1996). How to Make Money in Coins Right Now. House of Collectibles. ISBN 9780876379974 [2ª ed. 2001]
- (1991). One-Minute Coin Expert. Dell Pub Co. ISBN 978-0440207863 [6ª ed. 2007]
- (2007). Scott Travers’ Top 88 Coins to Buy & Sell. House of Collectibles. ISBN 978-0375722219
- (1984). The Coin Collector's Survival Manual. Arco Pub. ISBN 978-0668056830 [7ª ed. 2010]
- (1993). The Insider's Guide to U.S. Coin Values. House of Collectibles. [21 ed. 2015 ISBN 978-0375723728]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Smith, P. (2012). Páxina 413.
- ↑ Reiter, E. (1984). "Numismatics: Helping Hand for Coin Collectors". En The New York Times. 24 de xuño.
- ↑ Smith, P. (2012). Páxina 413-414.
- ↑ Zetlin, M. (2019). "People have been making up to $100,000 off 'coin hunting'. Here's how the highly unusual hobby works". En CNBC. 2 de outubro.
- ↑ Crouch, G. (1990). "The Rare-Coin Business Feels a New Tarnish". En Los Angeles Times. 2 de setembro.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "Scott A. Travers". Penguin Random House.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Smith, P. (2012). Páxina 414.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
- ↑ "Past Presidential Award Recipients". American Numismatic Association.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Smith, P. (2012). "Travers, Scott Andrew". En American Numismatic Biographies. Páxinas 413-414.