Q. David Bowers
Quentin David Bowers (máis coñecido como Q. David Bowers), nado o 21 de outubro de 1938 en Honesdale, Pensilvania, é un numismático estadounidense, coleccionista, autor de diversos artigos e monografías, e comerciante de moedas desde a súa xuventude.[1][2]
Q. David Bowers en 2014 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro 1928 Honesdale, Estados Unidos de América (pt) |
Presidente American Numismatic Association | |
1983 – 1985 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade Estatal de Pensilvania. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático, leiloeiro (pt) |
Período de actividade | 1953 - |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Masters (1960). Christine Valentine (1978). |
Premios | |
Véxase a sección "Recoñecementos". | |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarBowers naceu en Honesdale, Pensilvania, en 1938.[3] O seu avó materno, Chester L. Garratt, avogado de profesión e investigador afeccionado en moitas áreas do saber, regaloulle a súa primeira moeda, un exemplar moi gastado do medio dólar colombino de 1893, que foi o inicio do seu interese pola numismática.[2]
Na súa adolescencia, durante a súa educación secundaria, descubriu a súa paixón pola escrita e amosaba interese por asuntos tan variados como a exploración, os réptiles, a radio de onda curta, os modelos de avións de guerra, as rochas e os minerais.[2]
En 1948, a súa familia trasladouse a Forty Fort, outra localidade en Pensilvania, próxima a Honesdale.[2]
Bowers graduouse en 1960 na Universidade Estatal de Pensilvania e a facultade de Administración de Empresas outorgoulle un premio polos seus logros durante unha cerimonia celebrada en 1976.[3][4]
Iniciación á numismática
editarCon 14 anos, durante unha visita de Bowers ao coleccionista de rochas e minerais Robert L. Rusbar, este preguntoulle se tamén coleccionaba moedas, ao que Bowers respondeu negativamente. Entón Rusbar amosoulle un pequeno catálogo con moedas dun centavo co busto de Lincoln, comentoulle algunhas das súas características e explicoulle que a escaseza dos exemplares cuñados en determinadas datas podería aumentar moito o seu valor comercial. Logo regaloulle un álbum con algunahs moedas, para que empezase a súa colección, e Bowers comezou a examinar centos de moedas circulantes, para intentar atopar as de datas de maior escaseza.[2]
Bowers descubriu na revista Numismatic Scrapbook Magazine (unha publicación mensual publicada en Illinois polos irmáns Lee e Cliff Hewitt) non só artigos sobre o coleccionismo de moedas senón anuncios de venda por correo, a través dos cales comezou a adquirir pezas escasas para a súa colección. Nesta época comezou tamén a asistir con regularidade ás reunións organizadas polo Club Numismático de Wilkes-Barre.[2]
Cando aínda tiña 15 anos, en 1953, Bowers empezou a introducirse no comercio, só uns meses despois de comezar a súa colección.[5] Comezou a incluír anuncios no xornal local na procurade moedas escasas, para as comprar e logo revendelas cunha marxe de beneficio. A súa actividade comercial prosperaba e comezou a adquirir moedas a domicilio e tamén a outros coleccionistas, e a revendelas entre o seu círculo de clientes, aínda que botaba de menos a existencia de guías e manuais que estandarizasen a relación entre os graos de conservación das moedas e os seus prezos de mercado.[2] Durante o seu derradeiro curso de secundaria, a súa actividade comercial estaba xa consolidada e convertérase na súa actividade principal, á parte dos seus estudos. No aspecto académico tamén acadou o éxito, xa que accedeu a unha bolsa de excelencia que lle permitiu acceder á Universidade Estatal de Pensilvania, onde se graduou en 1960.[5]
Comerciante numismático profesional
editarEn 1958, durante a súa etapa universitaria, asociouse con James F. Ruddy, con quen constituíu a compañía Empire Coin Co. en Johnson City, Nova York, dedicada fundamentalmente á venda por correo, coa que se chegou a converter nun dos principais distribuidores de moedas dos Estados Unidos. En 1965, Paramount International Coin Corp. adquiriu a empresa e Bowers deixou nun segundo plano o comercio numismático durante un tempo para se dedicar a outra das súas paixóns: os instrumentos musicais automáticos.[5]
Bowers copresidiu posteriormente a compañía Stack’s Bowers Galleries, dedicada ás poxas numismáticas de pezas caracterizadas pola súa rareza e os seus excelentes estados de conservación, que ten a súa base en Nova York.[6] Ao longo da súa carreira, redactou os catálogos e vendeu en poxa pública varias das coleccións numismáticas máis completas e valiosas do mundo;[1] estas son algunhas das máis relevantes:
- Colección John Work Garrett (1979-1981), vendida como intermediario da Universidade Johns Hopkins.[7][8]
- Colección Henry Norweb (1987-1988).[7][9]
- Colección Louis E. Eliasberg, Sr. (1996-1997), a única colección completa de moedas dos Estados Unidos xamais reunida.[7][10]
- Colección Childs (1999), cuxa peza central foi o dólar de 1804 máis excelente dos coñecidos, naquel momento a segunda moeda que acadou un prezo máis alto nunha poxa numismática.[11][12]
- Colección Harry W. Bass Jr. (1999-2000).[7][13]
Recoñecemento e legado
editarA súa dedicación ao comercio das moedas raras foi tan ampla que a revista COINage o considerou como "un dos numismáticos do século".[1] A súa dedicación non só ao comercio senón tamén á perspectiva académica da numismática convertérono nunha figura moi respectada no ámbito numismático estadounidense. En 2021, Bowers foi incluído pola revista Coin World na listaxe das persoas máis influentes no ámbito numismático nas seis últimas décadas.[14]
Bowers foi a única persoa que presidiu tanto o Gremio de Numismáticos Profesionais (Professional Numismatists Guild) (1977-1979) como a Asociación Numismática dos EEUU (American Numismatic Association) (1983-1985), e ambas as institucións o honraron con varios dos seus premios.[1]
Por outra parte, impartiu conferencias na Universidade Harvard e a súa aparición é frecuente nas principais canles de televisión xeneralistas dos EEUU, así como en Discovery Channel e en History Channel.[1]
A súa colección de moedas chinesas vendeuse en 2018 en Hong Kong.[15][16][17]
Premios numismáticos
editar- (1974): Premio Kosoff Founders, do Gremio de Numismáticos Profesionais (Professional Numismatists Guild).[18]
- (1987): Medalla ao mérito da American Numismatic Association (ANA).[19][20]
- (1989): Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild.[21]
- (1991): Premio Farran Zerbe Memorial, da American Numismatic Association.[19][20]
- (1994): Incluído do Salón da Fama da American Numismatic Association.[22]
- (1995). Numismático do Ano, pola American Numismatic Association.[19][20]
- (2000): Premio Burnett Anderson Memorial, a American Numismatic Association, da American Numismatic Society (ANS) e o Gremio Literario Numismático (Numismatic Literary Guild).[23][24]
- (2006): Trusset's Award, da American Numismatic Society.[25]
- (2010): Premio Robert Friedberg, do Gremio de Numismáticos Profesionais (Professional Numismatists Guild).[26]
Outros intereses
editarO interese de Bowers pola historia do cine remóntase a agosto de 1957, cando nunha visita ao distrito onde se concentran as tendas de antigüidades de Filadelfia adquiriu unha colección de biografías e algúns carteis de cine mudo dos que se desprendera a Universidade Harvard. Desde aquel momento, constituíu un arquivo de publicacións periódicas sobre cinematografía, entre os que se inclúen exemplares que noutrora foron propiedade de George Kleine, Martin Quigley, William Fox e outros persoeiros da industria cinematográfica.[4]
A mediados da década de 1960 reunira unha gran colección de pianos, orquestrións e outros instrumentos antigos automatizados. Moitas das pezas da súa colección foron adquiridas posteriormente pola Nethercutt Collection, de California. Bowers vendéralle xa o seu Wurlitzer Style 32-A Concert PianOrchestra de 1912 a Jerry Cohen en 1976.[27]
Obra publicada
editarBowers é un prolífico autor de decenas de monografías fundamentalmente de materia numismática (con arredor de 50 títulos), aínda que tamén con outros contidos de tipo historiográfico. Varios dos seus traballos chegaron a se converter en referencias no seu terreo.[1][4][28]
Bowers exerceu como director da sección de Numismática da editora Whitman Publishing LLC, onde publicou tamén unha boa cantidade de libros, entre eles unha serie de estudos en detalle sobre tipos de moedas estadounidenses, coñecida como Bowers Series.[1]
En 1976, Bowers comezou a escribir unha sección fixa titulada The Joys of Collecting, na revista numismática Coin World, tanto na súa edición semanal como na tiraxe mensual.[18] Desde 2018, encárgase tamén dunha sección semanal denominada Bowers on Collecting en Coin Update News e en Mint News Blog.[29] Do mesmo xeito, mantén a sección Coins and Collectors cada mes na revista The Numismatist, da American Numismatic Association.
Ademais, Bowers foi o responsable da redacción de centos de catálogos de poxas numismáticas e doutros obxectos coleccionables, así como de centenares de artigos en revistas especializadas.[2]
Numismática
editar- (1962). United States Half Cents, 1793-1857. Creative Printing, Inc. Johnson City (NY).
- (1964). Coins and collectors. Windsor Research Publications, Johnson City (NY).
- (1974). High profits from rare coin investment. Bowers & Ruddy Galleries, Os Ánxeles. ISBN 9780914490036
- (1975). Collecting rare coins for profit. Harper & Row, Nova York. ISBN 9780060104269
- (1979). The history of the Unites States coinage as illustrated by the Garrett Collection. Bowers & Ruddy Galleries, Os Ánxeles. ISBN 9780914490418
- (1979). Adventures with rare coins. Bowers & Ruddy Galleries, Os Ánxeles. ISBN 0-914490-00-1
- (1982). United States gold coins. An illustrated history. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 9780914490210
- (1983). Virgil Brand: The Man and His Era. Profile of a numismatist. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 978-9999058544
- (1984). An inside view of the coin hobby in the 1930s: the Walter P. Nichols File. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH).
- (1985). Abe Kosoff: Dean of numismatics. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH).
- (1986). United States dimes, quarters, and half dollars. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH).
- (1986). United States coins by design types. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 978-0943161136
- (1987). The strange career of Dr. Wilkins. A numismatic inquiry. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH).
- (1987). The Norweb Collection. An American Legacy. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 0-943161-00-2
- (1987). The numismatist's bedside companion. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 978-0943161020
- (1988). The numismatist's fireside companion. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH).
- (1988). How to be a successful coin dealer. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 9780943161051
- (1990). A guide to United States coin price trends. A revealing look at profitable coin investment opportunities (con K. Bressett). Whitman Coin Products. ISBN 9780307093608
- (1991). American Numismatic Association centennial history. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 9780943161303
- (1991). Commemorative coins of the United States. A complete encyclopedia. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 9780943161358
- (1993). Silver dollars and trade dollars of the United States (2 volumes) Bowers & Merena Galleries, Incorporated. ISBN 0-943161-48-7
- (1996). The numismatist's lakeside companion. Madison Books. ISBN 9780943161259
- (1996). Louis E. Eliasberg, Sr., King of Coins (con L. E. Eliasberg). Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 9780943161648
- (1997). American coin treasures and hoards and caches of other American numismatic items. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 9780943161693
- (1998). American numismatics before the Civil War 1760-1860. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 0-943161-75-4
- (2002). A California gold rush history. California Gold Marketing Group. ISBN 9780943161877
- (2004). Morgan silver dollars, 1878 to 1921: America's Most Popular Classic Coins. Whitman Publishing. ISBN 9780794817749
- (2004). A guide book of double eagle gold coins (con D. W. Akers). Whitman Publishing. ISBN 9780794817848
- (2005). The expert's guide to collecting & investing in rare coins: secrets of success. Coins, tokens, medals, paper money. Whitman Publishing. ISBN 9780794819200
- (2005). A guide book of United States type coins (con L. Stack). Whitman Publishing. ISBN 9780794819194
- (2006). A buyer's guide to silver dollars and trade dollars of the United States. Zyrus Press, Irvine (CA). ISBN 9780974237176
- (2006). 100 greatest American currency notes. The stories behind the most fascinating colonial, confederate, federal, obsolete and private American notes (con David M. Sundman). Whitman Publishing. ISBN 9780794820060
- (2006). Obsolete Paper Money Issued By Banks in the United States 1782-1866. Whitman Publishing. ISBN 978-0794822033
- (2008). A guide book of United States commemorative coins. Whitman Publishing. ISBN 978-0794822569
- (2008). A guide book of Lincoln cents. Whitman Publishing. ISBN 9780794822644
- (2009). Whitman encyclopedia of colonial and early american coins. Whitman Publishing. ISBN 9780794825416
- (2013). The encyclopedia of United States silver dollars 1794-1804 (con R. W. Julian). Stack's Bowers Galleries. Irvine (CA). ISBN 9780988740303
- (2014-2018). Whitman encyclopedia of obsolete paper money (8 volumes). Whitman Publishing.
- (2015). A guide book of half cents and large cents. Whitman Publishing. ISBN 9780794843168
- (2015). A guide book of hard times tokens. Political tokens and store cards 1832-1844 (con R. A. Schuman). Whitman Publishing. ISBN 9780794842956
- (2016). A guide book of modern United States dollar coins (con E. C. Moy). Whitman Publishing. ISBN 9780794843984
- (2016). A Guide Book of the United States Mint. Whitman Publishing. ISBN 978-0794843977
- (2019). Lost and found coin hoards and treasures (con K. E. Bressett). Whitman Publishing. ISBN 9780794846442
- (2021). A guide book of United States coins (con R. S. Yeoman e J. Garrett). Whitman Publishing. ISBN 9780794847975
- (2021). A guide book of continental currency and coins (con J. H. Casey et al). Whitman Publishing. ISBN 9780794848408
Outros temas
editar- (1966). Early American car advertisements. Bonanza Books, Nova York.
- (1966). Put another nickel in. A history of coin-operated pianos and orchestrions. Vestal Press, Vestal (NY).
- (1967). A guidebook of automatic musical instruments (2 volumes). Vestal Press, Vestal (NY).
- (1972). The encyclopedia of automatic musical instruments. Vestal Press, Vestal (NY).
- (1975). A Tune for a Token: A catalogue of tokens and medals relating to automatic musical instruments, circa 1850-1930. Token and Medal Society.[30]
- (1981). Treasures of mechanical music (con A. A. Reblitz). Vestal Press, Vestal (NY). ISBN 9780911572209
- (1985). The Moxie encyclopedia. Vestal Press, Vestal (NY). ISBN 9780911572438
- (1986). Nickelodeon Theatres and their music. Vestal Press, Vestal (NY). ISBN 9780911572490
- (1987). Muriel Ostriche: Princess of Silent Films, and early american film Production. Vestal Press, Vestal (NY). ISBN 0-911572-64-3
- (1999). The treasure ship S. S. Brother Jonathan: her life and loss, 1850-1865. Bowers & Merena Galleries, Wolfeboro (NH). ISBN 9780943161815
- (2000). Thanhouser films: an encyclopedia and history, 1909 to 1918. Thanhouser Co. Film Preservation, Portland (OR). ISBN 9780810834552
- (2008). The treasaure ship S. S. New York. Her story, 1837-1846. Stack's. Nova York. ISBN 0-9821742-0-9
- (2012). The violin-playing machines: Hupfeld Phonoliszt-Violina, Mills Violano-Virtuoso. A study and appreciation (con A. A. Reblitz). Automatic Musical Instrument Collectors' Association. ISBN 9780988011601
- (2013). One thousand nights at the movies: an illustrated history of motion pictures, 1895-1915 (con K. Fuller-Seeley). Whitman Publishing. ISBN 9780794832506
- (2013). Forward. America's presidents from Washington to Obama (con D. Lifton). Whitman Publishing. ISBN 9780794837242
- (2020). A guide book of collectible postcards (con M. L. Martin e L. A. Lauder). Whitman Publishing. ISBN 9780794847371
Vida familiar
editarBowers estivo casado con Mary Masters entre 1960 e 1973, con quen tivo dous fillos. En 1978 casou en segundas nupcias con Christine Valentine.[18]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Our Numismatic Staff". Stacks.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Bowers, Q. D. "How Q. David Bowers Began Collecting Coins". Professional Coin Grading Service. 10 de maio de 2000.
- ↑ 3,0 3,1 "Personality. Q. David Bowers". En The Walter J. Husack Collection. Heritage Auction Galleries. 15 de abril de 2008. Páxina 109.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Q. David Bowers". www.thanhouser.org
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Q. David Bowers: A One - Man Library". Professional Coin Grading Service. 1 de maio de 1998.
- ↑ Sitio web: Stack's Bowers Arquivado 02 de xuño de 2021 en Wayback Machine..
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 "COINage Confidential: Q. David Bowers". Coinagemag.com. 10 de xullo de 2018.
- ↑ Catálogos da poxa: The Garrett Collection Sales. Parte I (novembro de 1979), Parte II (marzo de 1980), Parte III (outubro e 1980), Parte IV (marzo de 1981).
- ↑ Catálogos da poxa: The Norweb Collection. Parte I (outubro de 1987), Parte II (marzo de 1988), Parte III (novembro de 1988).
- ↑ Catálogo da poxa: The Magnifident Collection of Louis E. Eliasberg, Sr. Parte I (maio de 1996), Parte II (abril de 1997).
- ↑ Bucki, J. "11 Rarest and Most Valuable Coins in the World". www.Thesprucecrafts.com. 19 de marzo de 2021.
- ↑ Catálogo da poxa: The Walter H. Childs Collection. Agosto de 1999.
- ↑ Catálogos da poxa: The Harry W. Bass, Jr. Collection. Parte I (maio de 1999), Parte II (outubro de 1999), Parte III (maio de 2000).
- ↑ Coin World: Celebrating 60-The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Amos Media. (2021). Páxina 77.
- ↑ Stack's Bowers. (2018). "Stack’s Bowers Ponterio Sale Features Bowers’ Chinese Coins in Copper". En Coin Week. 12 de marzo.
- ↑ Ponterio, K. (2018). "Rare Chinese Coin Pattern Highlights from Stack’s Bowers April Hong Kong Auction". En Coin Week. 4 de abril.
- ↑ "The Stack’s Bowers and Ponterio April Hong Kong Auction Realizes an Impressive $11.2 Million! Arquivado 02 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Stack's Bowers Galleries. 19 de abril de 2018.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 "Q(uentin) David Bowers. Biography". EPNNES & Washington University in St. Louis.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 "ANA Service Awards". American Numismatic Association.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
- ↑ "Numismatic Hall of Fame". American Numismatic Association.
- ↑ "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "Q. David Bowers recieves numismatic writing award". American Numismatic Association. 12 de agosto de 2000.
- ↑ "Recipients of the Trustees’ Award". American Numismatic Society.
- ↑ "PNG Honors 2010 Award Winners Arquivado 02 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". En Coin Update. 10 de agosto de 2010.
- ↑ "Lot 787. 1912 Wurlitzer Style 32-A Concert PianOrchestra". The Milhous Collection. RM Auctions / Sotheby's. 24-25 de febreiro de 2012.
- ↑ "Bowers, Q. David". WorldCat Identities.
- ↑ "Q. David Bowers Launches New Weekly Column at Coin Update News". Whitman Coin and Collectables Expo (Expo.Whitman.com)
- ↑ "New Book: A Tune for a Token 2nd edition". En The E-Sylum. Vol. 23. Nº 18. 3 de maio de 2020.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Worden, L. (2007). "Bowers: What Isn't In a Name? Playing the Hobby's Naming-Rights Game". En COINage Magazine. Vol. 43, Nº 1. Xaneiro de 2007.
Ligazóns externas
editar- "Bowers". Pennsilvania Center for the Book
- "Q. David Bowers" (vídeo dunha entrevista). NAMM Oral History Library. 2009.