Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos
O gravador xefe Casa da Moeda dos Estados Unidos (en inglés: Chief Engraver of the United States Mint) e o posto de superior nivel dentro do cadro de persoal da Casa da Moeda dos EEUU.
Historia
editarO cargo foi creado polo Congreso dos Estados Unidos a través da Lei da Moeda (Coinage Act) do 2 de abril de 1792,[1] coa responsabilidade do deseño das moedas e do gravado dos cuños para todas as ramas da US Mint: as casas da moeda de Filadelfia, Denver, San Francisco e West Point.[2] Desde a súa creación, o posto encadrouse na estrutura do Departamento do Tesouro, que se encarga da regulación da produción de moeda circulante nos Estados Unidos.[3]
Ata 1964, cando Gilroy Roberts colleu o seu retiro, o posto era vitalicio e os oito gravadores xefe anteriores faleceran no exercicio do seu cargo.[3]
En 1991, logo da renuncia de Elizabeth Jones, o posto de gravador xefe quedou vacante e posteriormente foi abolido polo Congreso, mediante a Lei pública 104-208 de 1996.[4]
O 19 de maio de, 2006, nomeouse a John Mercanti no cargo de "supervisor de deseño e mestre especialista en desenvolvemento de ferramentas" da US Mint, o que supuña unha consideración asimilable á do 12º gravador xefe, aínda que con outra denominación e unhas atribucións lixeiramente diferentes. Esta situación mantívose ata o 3 de febreiro de 2009, cando o director da casa da moeda, Edward C. Moy, restableceu a denominación orixinal do cargo e nomeou formalmente a John Mercanti como gravador xefe. Desde ese momento, o nomeamento pasou a ter carácter temporal e só se pode estender por períodos dun ano e ata un máximo de cinco.[5][6]
En virtude dese carácter temporal do cargo, Mercanti abandonouno en 2010, e o posto ficou vacante ata febreiro de 2019, cando foi nomeado o seu substituto, Joseph Menna.[7][8]
Listaxe de gravadores xefe da US Mint
editarEstes son os nomes dos gravadores xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos desde a fundación da institución en 1792:[3][9][10]
- (1793-1823): Robert Scot.[11]
- (1824-1840): William Kneass.[12]
- (1840-1844): Christian Gobrecht.[13]
- (1844-1869): James B. Longacre.[14]
- (1869-1879): William Barber.[15]
- (1880-1917): Charles E. Barber.[16]
- (1917-1925): George T. Morgan.[17]
- (1925-1947): John R. Sinnock.[18]
- (1948-1964): Gilroy Roberts.[19]
- (1965-1981): Frank Gasparro.[20]
- (1981-1991): Elizabeth Jones.[21]
- (1991-2006): Vacante.
- (2006-2010): John Mercanti.[5]
- (2010-2019): Vacante.
- (Desde 2019): Joseph Menna.[22]
Notas
editar- ↑ "Coinage Act of April 2, 1792". United States Mint.
- ↑ "The Lost Chief Engraver: Joseph Wright". www.silvertowne.com. 12 de decembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "People of the US Mint and US Coins". USA Coin Book.
- ↑ "Public Law 104-208 - Sept. 30, 1996". Congress.gov
- ↑ 5,0 5,1 "John Mercanti". USA Coin Book.
- ↑ "Mercanti named 12th Chief Engraver of the U.S. Mint". En The E-Sylum. Vol. 12. Nº 10. 8 de marzo de 2009.
- ↑ "United States Mint Names New Chief Engraver!". ModernCoinMart.com. 2 de xuño de 2919.
- ↑ "Joe Menna Named Chief Engraver of the United States Mint". United States Mint.
- ↑ Tailor, S. (2008). "Chief Engravers of the U.S. Mint, Part 1: 1793-1917". Scvhistory.com
- ↑ Tailor, S. (2008). "Chief Engravers of the U.S. Mint, Part 2: 1917-1990". Scvhistory.com
- ↑ "Robert Scot". USA Coin Book.
- ↑ "William Kneass". USA Coin Book.
- ↑ "Christian Gobrecht". USA Coin Book.
- ↑ "Jamers B. Longacre". USA Coin Book.
- ↑ "William Barber". USA Coin Book.
- ↑ "Charles E. Barber". USA Coin Book.
- ↑ "George T. Morgan". USA Coin Book.
- ↑ "John R. Sinnock". USA Coin Book.
- ↑ "Gilroy Roberts". USA Coin Book.
- ↑ "Frank Gasparro". USA Coin Book.
- ↑ "Elizabeth Jones". USA Coin Book.
- ↑ "The Coin Analyst: Chief Engraver Joseph Menna and the U.S. Mint’s Artistic Future". En Coin Week. 22 de novembro de 2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Taxay, D. (1966). The U.S. Mint and Coinage. Nova York.