Abrir o menú principal

Fructuoso Manrique Martín

carabineiro e político español

Fructuoso Manrique Martín, nado en Fuente Pelayo (Segovia) en 1872 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un carabineiro e político español.

Fructuoso Manrique Martín
Nacemento1872
 Provincia de Segovia
Falecemento1 de novembro de 1936
 Vilariño Frío
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou a carreira militar. O seu primeiro destino no corpo de carabineiros foi Cádavos (A Mezquita) onde atendía a Aduana na fronteira con Portugal. Alí coñeceu á súa muller Josefa García Barros. Foi trasladado a Jaca e posteriormente foi comandante en Ferrol. En 1929 foi destinado como tenente coronel do Corpo de Carabineiros a Alxeciras, e en novembro do mesmo ano, a Xirona. Finalmente, en 1931 foi nomeado xefe de Carabineiros na provincia de Pontevedra, xa punto de xubilarse. O 14 de maio de 1931 mantivo unha reunión no Concello de Vilagarcía de Arousa na que se firmou a acta pola cal se incautaban as propiedades que nese concello tiña o ex rei Afonso XIII, entre elas a Illa de Cortegada, que quedou baixo custodia da Comandancia de Carabineiros de Pontevedra. Meses despois xubilouse acolléndose á lei Azaña.

Fructuoso e a súa muller vivían en Ourense con Marcial García Barros que era tenente de Seguridade. Con eles vivía o seu sobriño Sergio García Ferrera. Durante a Segunda República, Fructuoso foi nomeado presidente de Izquierda Republicana en Ourense. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o día 25, Fructuoso, Marcial e Antonio Bernardo García Barros foron detidos. Fructuoso pasou uns tres meses en Celanova e coa escusa de trasladalo á cadea do Barco de Valdeorras foi asasinado o 1 de novembro na zona chamada Arca Aberta de Vilariño Frío (Montederramo) con Jacinto Santiago, Eligio Núñez Muñoz e Aquilino Sánchez Rodríguez. Os executores ordenaron tamén queimar a súa casa en Cádavos.

Véxase taménEditar