Aquilino Sánchez Rodríguez

perito agrícola e político galego

Aquilino Sánchez Rodríguez, nado en Oseira (San Cristovo de Cea) en 1874 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un perito agrícola e político galego.

Infotaula de personaAquilino Sánchez Rodríguez
Biografía
Nacemento1874 Editar o valor em Wikidata
Oseira, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Vilariño Frío, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde do Carballiño
1936 – 1936
← Felisindo Álvarez XesteiraBernardino González Álvarez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , perito agrícola Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Perito agrícola destinado no concello de Maside. Propagandista agrario, fundou e foi director do periódico La Torre de Maside en 1921. Durante a Segunda República militou no Partido Radical, pasando despois a Izquierda Republicana, foi concelleiro do Carballiño e foi elixido alcalde do Carballiño o 19 de abril de 1936, logo da dimisión de Felisindo Álvarez Xesteira para facerse cargo da presidencia da Deputación de Ourense.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 22 de xullo e trasladado o 2 de agosto en compañía de Joaquín Losada Filgueira cara Ourense. Chegados á prisión provincial incorporóuselles Francisco Paradela Núñez e os tres foron conducidos por un grupo de falanxistas á cadea de Viana do Bolo. Os milicianos deixaron a Aquilino Sánchez na prisión de Trives e continuaron cos outros dous que foron asasinados nas proximidades dos Codos de Larouco (A Pobra de Trives). Xulgado en Ourense en proceso incoado o 15 de setembro por adhesión á rebelión, foi absolto. Foi asasinado o 1 de novembro en Vilariño Frío (Montederramo) con Jacinto Santiago, Fructuoso Manrique Martín e Eligio Núñez Muñoz.


Predecesor:
Felisindo Álvarez Xesteira
  
Alcalde do Carballiño
 
1936
Sucesor:
Bernardino González Álvarez

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar