Abrir o menú principal

Eligio Núñez

mestre e político galego
(Redirixido desde "Eligio Núñez Muñoz")

Eligio Núñez Muñoz, nado en Ourense en 1906 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Eligio Núñez
Nacemento1906
 Ourense
Falecemento1 de novembro de 1936
 Vilariño Frío
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do boticario Antonio Núñez. Foi nomeado mestre titular da escola de Cambeo en 1931. Durante a Segunda República foi membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO) e colaborador da súa revista Escuela del Trabajo; en agosto de 1932 pasou a ser coordinador da publicación xunto con Luis Soto e Manuel Luis Acuña. Tamén colaborou en La República e Espartaco. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, presentouse como candidato ás eleccións a Cortes de 1933. Tivo un primeiro fillo en 1935 (Horacio). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ourense ao ir coñecer á súa filla (Aida) que a súa muller acababa de dar a luz. Foi asasinado o 1 de novembro en Vilariño Frío (Montederramo) con Jacinto Santiago, Fructuoso Manrique Martín e Aquilino Sánchez Rodríguez. O lugar exacto foi A Arca Aberta (Vilariño Frío), na antiga estrada Nacional 120, agora OU-536.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar