Espartaco (Ourense)

Espartaco foi un periódico editado en Ourense entre 1935 e 1936.

Espartaco

Editar o valor en Wikidata
Fundación1935
Remata1936
Lingualingua castelá
LocalidadeOurense
Descrito porEnciclopedia Galega Universal
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Periódico antifascista, apareceu a mediados de decembro de 1935.[1] Periódico semanal, que logo pasou a quincenal, de tendencia comunista, dirixido por Severino Nóvoa Gutiérrez.[2] Editado na imprenta de La Región. No periódico colaboraban xunto cos antigos trotskistas, mozos socialistas e comunistas, e membros das Mocedades Galeguistas, como Armando Fernández Mazas, Mario Fernández Mazas, Luís Taboada Camoeiras, Amadeo Varela Rodríguez, Eduardo Villot Canal e José Luís López Cid.

Foi multado polo Goberno civil en marzo de 1936[3] e novamente en maio, por non respectar a censura.[4] Cesou a súa publicación en xullo de 1936.

  1. El País, 18-12-1935, p. 1.
  2. El Compostelano, 13-10-1937, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 18-3-1936, p. 12, informa dunha multa do Gobernador civil ao semanario Espartaco por inxurias ao Exército e á Garda civil.
  4. El Pueblo Gallego, 6-5-1936, p. 12.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar