Lois Taboada
mestre e político galego
Luís Taboada Camoeiras, nado en Ourense cara a 1918 e finado en Vigo o 19 de agosto de 2010,[1] foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis Taboada Camoeiras 1918 Ourense, España |
Morte | 19 de agosto de 2010 (91/92 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarMestre en Ourense, afiliado ás Mocedades Galeguistas, colaborou en Espartaco. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi denunciado e detido. Foi mestre en Boimorto (Vilamarín), en Bouzas até 1975 e no Colexio Público nº 1 das Lagoas (Ourense). Coa restauración da democracia militou no Partido Galeguista e posteriormente no Partido Galeguista Demócrata.
Vida persoal
editarCasou con Socorro Blanco Novo e foi pai de José Manuel Taboada Blanco.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-8-2010, p. 47.