Sergio García Ferrera

médico e político galego

Sergio García Ferrera, nado en Cádavos (A Mezquita) o 3 de maio de 1925 e finado no mesmo lugar o 26 de marzo de 2019, foi un mestre, médico e político galego.

Infotaula de personaSergio García Ferrera
Biografía
Nacemento3 de maio de 1925 Editar o valor em Wikidata
Cádavos, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de marzo de 2019 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Cádavos, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde da Mezquita
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Antonio Bernardo García Barros. Aos once anos foi enviado a estudar a Ourense co seu irmán e viviu cos seus tíos Fructuoso Manrique Martín e Marcial García Barros. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 detiveron ao seu pai e aos seus tíos aos que lle levaba comida á cadea de Ourense. Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela e licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como médico interino no Barco de Valdeorras e despois en Guadalaxara. Diplomouse en Madrid en Medicina laboral e Sanidad Nacional. Exerceu como médico titular en Zamora e A Gudiña para finalmente trasladarse á Mezquita. Foi un dos fundadores do PSOE en Galicia. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE da Mezquita e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 1987 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde da Mezquita por maioría simple. Nas municipais de 1991 foi novamente elixido alcalde, nesta ocasión con maioría absoluta. Continuou como alcalde ata 1995, cando non concorreu á reelección.


Predecesor:
José Andrés Prieto Rodríguez
  
Alcalde da Mezquita
 
1987 - 1995
Sucesor:
Francisco José Montesinos

Recoñecementos editar

En 2013 inaugurouse en Cádavos unha praza co seu nome.[1]

Vida persoal editar

Casou na Gudiña con María del Carmen Pravos Rico.

Notas editar

  1. "El PSOE destacó el trabajo del exalcalde de A Mezquita, Sergio García Ferrera", La Voz de Galicia, Ourense, 1-9-2013, p. 8.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar