Marcial García Barros
Marcial García Barros, nado en Ourense cara a 1890 e finado na mesma cidade o 28 de xullo de 1937, foi un militar e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1890 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 28 de xullo de 1937 ![]() Ourense, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarTenente de Enxeñeiros. Garda de asalto e xefe da garda de asalto de Ourense. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.[1] Condenado a pena de morte foi fusilado o 28 de xullo de 1937 no Campo de Aragón.[2]
Vida persoal
editarVivía en Ourense co seu cuñado Fructuoso Manrique Martín e a súa irmá Josefa García Barros. Prometeuse en Ourense con Maruja Castilleiras Losada en abril de 1936.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-157-8.