Manuel Suárez Castro
Manuel Suárez Castro, nado en Ourense o 6 de outubro de 1889 e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1937, foi un político socialista galego, alcalde da súa cidade natal.
Manuel Suárez Castro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de outubro de 1889 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 28 de xullo de 1937 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
De profesión mestre de obras. Foi un destacado dirixente da Unión General de Trabajadores na provincia de Ourense e militante do Partido Socialista Obrero Español, durante o primeiro bienio da Segunda República Española foi Tenente de Alcalde e deputado provincial. Co triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi elixido Alcalde. De orientación moderada, próximo á liña de Indalecio Prieto, salientouse polas melloras na prestación de servizos do hospital provincial que ampliaron a gratuidade e calidade da asistencia.
Golpe de estado e asasinato editar
Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, pasou algunhas semanas refuxiado na casa duns amigos até que foi detido. Inculpado e procesado o 11 de decembro de 1936, a petición do fiscal foi a de morte. Foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Eduardo París Villar, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio,[1] imputándoselle ironicamente o delito de rebelión militar, coas circunstancias modificadoras de perversidade e transcendencia[2]. Foille aplicada a pena de morte e fusilárono o 27 de xullo de 1937, no Campo de Aragón xunto con Eduardo París, Ramón Figueiras Añel, José González González, Antonio Colmenero Villamarín, Camilo Gago González, Antonio Taboada e Higinio López.
Predecesor: Rogelio Núñez de Couto |
Alcalde de Ourense 1936 |
Sucesor: Marcelino Mira Cecilia |
Notas editar
- ↑ La Región, 24-3-1937, p. 3.
- ↑ "Base de datos da represión na Provincia de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2008. Consultado o 30 de outubro de 2007.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Quintas Ferreño, Francisco Javier (2008). "Manuel Suárez Castro: O primeiro alcalde socialista da cidade de Ourense" (PDF). Claridade (maio): 153–164. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2017. Consultado o 18 de xuño de 2013.
- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-157-8.
Ligazóns externas editar
- Recensión biográfica (en castelán)
- Manuel Suárez Castro na páxina web Nomes e Voces.