Frisinga

cidade de Alemaña
(Redirixido desde "Freising")

Coordenadas: 48°24′10″N 11°44′56″L / 48.40278, -11.74889

Frisinga, en alemán Freising, do latín Frisinga,[2] é unha cidade da Alta Baviera situada a uns 30 km ao norte da capital do estado libre de Baviera, Múnic, en Alemaña, á beiras do río Isar, a tan só 10 km do aeroporto de Múnic.

Frisinga
Freising
Wappen Freising.png
Freisinger Dom.jpg
Catedral de Frisinga, fotografía tirada
desde a torre da igrexa de San Xurxo
Localización
Localizaión de Firisnga na Alta Baviera
PaísAlemaña Alemaña
EstadoBaviera
Rexión (Regierungsbezirk)Alta Baviera
Distrito (Landkreis)Frisinga
Xeografía
Altitude448 msnm
Superficie88,6 km²
Demografía
Poboacióna uns 30 km (31-12-2019)[1]
Densidade554 hab./km²
Outros datos
Código postal85354, 85356
AlcaldeTobias Eschenbacher (FSM)
www.freising.de
A catedral de Frisinga

Ten unha superficie de 88,61 km², unha altitude media de 448 msnm e unha poboación total de 49 126 habitantes en 2020.

Frisnga é a cidade máis antiga situada entre Ratisbona e Bolzano, e está dominada por dous outeiros, o outeiro da catedral, co castelo do bispo e a catedral de Frisinga, e o outeiro Weihenstephan, coa abadía de Weihenstephan e a súa famosa fábrica de cervexa.

Frisinga é unha das cidades con menor índice de paro de Alemaña, debido ao gran número de persoas da cidade que traballan no aeroporto de Múnic.

Frisinga é tamén a sede da cervexaría máis antiga do mundo,[3] fundada no ano 1040 polos monxes beneditinos co nome de Bayerische Staatsbrauerei Weihenstephan. Ademais, foi nesta mesma cidade onde o duque Guillerme IV de Baviera ditou en 1516 a Lei de pureza da cervexa, na que se prohibía aos cervexeiros empregar outros ingredientes que non fosen cebada, lúpulo e auga na produción de cervexa.

Outro personaxe importante da cidade foi o seu bispo Otón de Frisinga, que pontificou de 1138 a 1158, e que durante a época da Querela das Investiduras entrou en conflito coa familia Wittelsbach, pero debido á súa relación co emperador do Sacro Imperio, mediou con éxito nas disputas entre os Hohenstaufen e os güelfos.

Por outra parte, Frisinga foi tamén o primeiro lugar no que se rexistrou un tornado en Europa.in 788.[4][5]

HistoriaEditar

Descubrimentos arqueolóxicos demostraron que a zona se poboou na Idade de Bronce, aínda que non se atoparon probas que suxiren un asentamento continuo até o século VIII d.C., Frigisinga. Corbiniano de Frisinga, San Corbiniano (ca. 670 - ca. 730) un bispo franco, foi un evanxelizador dos bávaros. Corbiniano foi enviado ao territorio gobernado polo duque franco de Baviera Grimaldo I.[6] Corbiniano probabelmente chegou á daquela capital do Ducado de Baviera, Frisinga, instalándose nun santuario que xa existía alí en 724,[7] onde erixiu unha escola e un mosteiro beneditino, que chegou a ser dirixido polo seu irmán Eremberto, despois da súa morte. Foi o precursor da diocese de Frisinga. O 20 de novembro, conmemorando o traslado da súas reliquias de Merano (Italia) a Frisinga celébrase alí unha gran procesión protagonizada sobre todo por mozos.[8] En 738, cando Bonifacio de Maguncia (San Bonifacio) regulou a estrutura eclesiástica do Ducado de Baviera, mediante a creación de catro dioceses sufragáneas do arcebispado de Maguncia (entre elas o bispado de Frisinga), Eremberto fue elixido primeiro bispo de Frisinga.

Segundo a súa Vita, redatada polo bispo Arbeo de Frisinga, ordenou a un oso que levase a súa equipaxe a través dos Alpes despois de que matara ao seu cabalo. O oso enselado segue sendo o símbolo da cidade, amosado no se escudo de armas. Aínda que a sede da diocese foi trasladada a Múnic en 1821, incluída a elevación a arquidiocese, Freising permaneceu até hoxe como sede da administración da diocese.

Entre 764 e 783, o bispo Arbeo fundou unha biblioteca e un scriptorium na abadía. O asentamento comezou a converterse nun centro relixioso. Dise que os restos mortais do papa Alexandre I foron trasladados a Frisinga en 834.

En 996, Frisinga recibiu ss dereitos como cidade do emperador so Sacro Imperio Otón III. Porén, despois da «... destrución da ponte episcopal, a alfándega, a ceca e as salinas preto de Oberföhring polo duque Henrique o León, que trasladou as casas da alfándega e o lugar da ponte á parte alta de Oberföhring, colocándoas na localidade de Múnic nas beiras do Isar»,[9] en 1158, Frisinga comezou a perder a súa importancia económica. En 1159 construíuse a catedral románica (cunha notábel columna de animais na cripta).

Durante a mediatización e secularización dos territorios soberanos pertencentes a bispados, abadías e ordes relixiosas, proceso que aconteceu en Alemaña entre 1795 e 1814, un período marcado polo final da Revolución francesa, o nacemento e a desaparición do Primeiro Imperio francés e pola subseguinte descomposición (causada poa vitoria deste sobre Austria) do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tivo como consecuencia a creación e desaparición do seu estado substituto, títere de Napoleón Bonaparte, a Confederación do Rin.[10][11]

Como consecuencia, en 1803, a Igrexa católica perdeu a maioría das súas propiedades e a autoridade na cidade. Nese ano a comunidade relixiosa de Weihenstephan deixou de existir, e pasou todos os seus dereitos, capitais e propiedades ao Reino de Baviera.

Este transformou a cervexaría de Weihenstephan na "Real Cervecexaría Bávara de Weihenstephan" e nun "Instituto de Agricultura". A cervexaría transformouse nunha escola para cerveceiros en 1919 e, na actualidade, é a "Facultade Cerveceira, de Alimentos e Lácteos da Universidade de Múnic".

Por ouro lado cómpre sinalar que, desde 1946 até 1951, o futuro papa Benedito XVI estudou Teoloxía católica e Filosofía na Universidade de Teoloxía e Filosofía de Frisinga.

EducaciónEditar

En Frisinga están os seguintes centros educativos:

Educación secundariaEditar

  • Camerloher-Gymnasium Freising
  • Dom-Gymnasium Freising
  • Josef-Hofmiller-Gymnasium

Edicación universitariaEditar

  • Hochschule Weihenstephan-Triesdorf
  • TU-München Weihenstephan

Cidades irmandadasEditar

Frisinga está irmandada con:[12]

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Tabellenblatt "Daten 2", Statistischer Bericht A1200C 202041 Einwohnerzahlen der Gemeinden, Kreise und Regierungsbezirke 1. Vierteljahr 2020.
  2. Arcidiocesi di Monaco e Frisinga (italiano), Archidioecesis Monacensis et Frisingensis (latín), no Dicionario italiano-latín en liña.
  3. "Catholic.net - Weihenstephan, a cervexaría máis antiga do mundo". Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  4. Dr. R. Hennig, Katalog bemerkenswerter Witterungsereignisse. Berlin 1904; Originalquellen: Aventinus (Turmair), Johannes (gest. 1534): Annales Boiorum. Mit Nachtrag. Leipzig 1710; Annales Fuldenses, Chronik des Klosters Fulda. Bei Marquard Freher: Germanicarum rerum scriptores ua Frankfurt aM 1600–1611)
  5. "Tornadoliste Deutschland". Lista meteorolóxica alemá de tornados documentados[Ligazón morta].
  6. Rabenstein, Katherine. "Corbinian of Freising B (RM)". Santo del día(8 de setembro). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2006. Consultado o 4 de fefreiro de 2021. 
  7. "Freising". Encyclopædia Britannica. 2007. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  8. Jones, Terry. "Saint Corbinian". Patron Saints Index. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  9. Lins, Joseph (1913). "Munich-Freising". Catholic Encyclopedia. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  10. Whaley, J. (2011): Germany and the Holy Roman Empire (1493–1806). Volune I. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1996-8882-1.
  11. John G. Gagliardo (1991): Germany Under the Old Regime, 1600–1790. Harlow, UK: Longman Publishing Group. ISBN 978-0-5824-9106-9.
  12. "Partnerstädte". partnerschaftsverein-freising.de (en alemán). Partnerschaftsverein Freising. Consultado o 4 de febreiro de 2021. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Hubert Glaser, ed. (2002): Freising wird bairisch. Regensburg: Schnell & Steiner. ISBN 3-7954-1506-3.
  • Sigmund Benker & Marianne Baumann-Engels (1989): Freising. 1250 Jahre geistliche Stadt, 739-1989. Ausstellung zum Bistumsjubiläum im Diözesanmuseum Freising. Katalog und Schriften. München: Wewel. ISBN 3-879-04162-8.
  • Peter Hacker (2002): Freising Was die Stadt im 20. Jahrhundert bewegte. Passau: Stutz. ISBN 3-8884-9111-8.
  • Joachim Hamberger, ed. (2007): Papst Benedikt XVI. in Freising. Freising: Freisinger Verlag. ISBN 978-3-0002-1226-0.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar