Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar
Os seguintes 46 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 67ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Bélxica, Cuba, Macedonia, Taiwán e Rusia. O galardón recaeu sobre Rusia, co filme Utomlyonnye solntsem.[1]
Belarús, Bosnia, Camboxa, Guatemala, Macedonia e Serbia presentaron filmes por primeira vez. Tamén competiron por primeira vez as repúblicas Checa e Eslovaca.
O director polaco Krzysztof Kieślowski orixinalmente tiña dous filmes a competición, xa que Polonia e Suíza presentaron dous filmes da súa triloxía Trois couleurs. Un dos filmes favoritos, o suízo Rouge foi descualificado nunha decisión controvertida da Academia que determinou que aínda que estaba coproducido por Suíza, estaba ambientado no país e tiña un grande elenco de actores suízos, era unha produción maioritariamente francesa.[2][3] Miramax Films tratou de que a Academia cambiase de opinión sen conseguilo. Non obstante, era elixible nas demais categorías e recibiu tres candidaturas: mellor director, mellor fotografía e mellor guión orixinal. Blanc, de Polonia, non foi candidato.
Propostas
editarNotas
editar- ↑ "The 67th Academy Awards (1995) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ Corliss, Richard (5 de decembro de 1994). "CINEMA: When the Judge Is Guilty". Time. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 8 de maio de 2010.
- ↑ "This year's foreign Oscar race reflects a growingly global medium". Hitfix. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 1 de outubro de 2015.
- ↑ Descualificado pola Academia por non ser unha produción maioritariamente suíza; Suíza declinou enviar outro filme.