Fresa y chocolate
filme de 1994 dirixido por Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío
Fresa y chocolate é unha película cubana, produto dunha coprodución cubano/española/mexicana. Foi dirixido por Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío. Baséase no conto de Senel Paz titulado El lobo, el bosque y el hombre nuevo. A película intenta mostrar o que une as persoas por encima das convencións sociais, coa represión que sofre un homosexual na sociedade cubana, e a vida da cidade da Habana a finais da década de 1970.
Fresa y chocolate | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Fresa y chocolate |
Director | Tomás Gutiérrez Alea Juan Carlos Tabío |
Produtor | Fernando Pérez O'Reilly |
Guión | Senel Paz |
Intérpretes | Jorge Perugorría Vladimir Cruz Mirta Ibarra |
Música | José María Vitier |
Fotografía | Mario García Joya |
Montaxe | Osvaldo Donatién Rolando Martínez Miriam Talavera |
Distribuidora | Miramax |
Estrea | 1994 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Cuba México |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Argumento
editarTrátase de dúas persoas na procura da súa identidade, David, estudante de ciencias sociais na Universidade da Habana e Diego, un artista homosexual obsesionado coa cultura. O cruzamento entre ambos dá lugar a un complexo tecido de relacións interpersoais de amizade e paixón, poñendo en perigo a liberdade dos dous.
Elenco
editar- Jorge Perugorría (Diego)
- Vladimir Cruz (David)
- Mirta Ibarra (Nancy)
- Francisco Gattorno (Miguel)
- Joel Angelino (Germán)
- Marilyn Solaya (Vivian)
- Andrés Cortina (cura Santería)
- Antonio Carmona (novio)
Galardóns
editarCategoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor actor | Jorge Perugorría | Gañador |
Mellor director | Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío | Gañador |
Mellor actriz secundaria | Mirta Ibarra | Gañador |
- Festival de Cine de Gramado (Brasil)
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor actor | Jorge Perugorría e Vladimir Cruz | Gañador |
Mellor película latina | Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío | Gañador |
Mellor actriz secundaria | Mirta Ibarra | Gañador |
Premio da audiencia | Gañador | |
Premio da crítica | Candidato |
Outros
editarFestival | Categoría | Resultado |
---|---|---|
Premios Goya | Mellor película estranxeira de fala hispana | Gañador |
Premios Óscar | Mellor película estranxeira | Candidato |
Premios Cóndor de Plata | Mellor película estranxeira | Gañador |
Berlinale | Mención especial do xurado | Gañador |
Berlinale | Mención especial do xurado | Candidato |
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Cuba propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Fresa y chocolate na IMDb (en inglés).