Festival Internacional de Cinema de Berlín
(Redirección desde «Berlinale»)
O Festival Internacional de Cinema de Berlín, tamén coñecido como Berlinale, é un prestixioso festival de cinema de carácter internacional que se celebra na cidade de Berlín, en Alemaña. A figura do premio consiste nun oso, sendo o forxado en ouro o que posúe maior valor. O Oso de Ouro e os Osos de Prata á mellor dirección e á mellor interpretación, tanto masculina como feminina, son entregados durante o mes de febreiro no Berlinale Palast. Tamén se concede o Oso de Ouro Honorífico, por toda unha vida de director, actor ou actriz.
Festival Internacional de Cinema de Berlín | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | Berlinale |
Tipo | festival de cinema, evento anual e organización |
Data de fundación | 6 de xuño de 1951 |
Director/a | Carlo Chatrian e Mariette Rissenbeek |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://www.berlinale.de/en/home.html, https://www.berlinale.de/de/home.html e https://www.berlinale.de/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |