Tomás Gutiérrez Alea

Tomás Gutiérrez Alea, alcumado Titón, nado na Habana o 11 de decembro de 1928 e finado na mesma cidade o 16 de abril de 1996, foi un cineasta cubano. Escribiu e dirixiu máis de 20 longametraxes, documentais e curtametraxes, coñecidos pola súa influencia na Cuba post-revolucionaria, e o seu delicado equilibrio entre a dedicación á Revolución Cubana e a crítica sobre a situación social, económica e política do país.

Tomás Gutiérrez Alea
TOMAS GUTIÉRREZ ALEA.jpg
Nacemento11 de decembro de 1928
 A Habana
Falecemento16 de abril de 1996
 A Habana
NacionalidadeCuba
Alma máterCentro Sperimentale di Cinematografia
Ocupacióndirector de cinema e guionista
PremiosBolsa de estudos Guggenheim
editar datos en Wikidata ]

O traballo de Gutiérrez Alea é representativo do movemento da década de 1960-1970 coñecido colectivamente como Novo Cinema Latinoamericano. Este movemento colectivo, tamén denominado Cine Libre ou Cine Imperfecto, estaba profundamente preocupado polos problemas derivados do neocolonialismo e da identidade cultural. O movemento rexeitaba a perfección comercial do estilo de Hollywood, e o cinema de autor europeo, propondo un cinema creado como ferramenta para o cambio social e político.

Sobre o seu estilo, Gutiérrez considerouse "un home que quere facer crítica dentro da revolución, que quere mellorar o proceso, perfeccionalo, on his style, Gutiérrez called himself "a man who makes criticism inside the revolution, who wants to ameliorate the process, to perfect it, but not to destroy it".[1]

Titón foi, ademais, un pianista excepcional. Alumno predilecto de César Pérez Sentenat, adoitaba interpretar con brillantez os románticos, especialmente Frédéric Chopin e Claude Debussy.

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Gutiérrez Alea naceu no seo dunha familia acomodada de ideoloxía progresista. Tras graduarse en dereito na Universidade da Habana en 1951, estudou cinema no Centro Sperimentale di Cinematographia en Roma, graduándose en 1953. Recibiu unha importante influencia do neorrealismo italiano, e rodou o seu primeiro filme en Roma co seu futuro colega cubano Julio García Espinosa, co que codirixiu o documental El Mégano.

Co triunfo da Revolución Cubana en 1959, Gutiérrez Alea, Espinosa, e outros novos cineastas fundaron o Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográfico (ICAIC). Como partidarios convencidos da revolución, o ICAIC era un colectivo de cineastas que cría que o cinema podía ser a forma de arte moderna máis importante e o mellor medio para difundir o pensamento revolucionario entre as masas.

A película Esta Tierra Nuestra foi o primeiro documental realizado tralo triunfo revolucionario. O ICAIC centrouse sobre todo nos documentais e nos noticieiros nos seus anos iniciais, pero eventualmente dedicouse á produción de filmes narrativos, incluído Historias de la revolución (1960) primeiro filme de ficción do ICAIC, e Doce sillas (1962).

Traballos principaisEditar

O primeiro filme transcendente de Gutiérrez Alea, Muerte de un burócrata (1966) é unha especie de homenaxe á historia da comedia cinematográfica, e inclúe alusións directas á obra de Buster Keaton, Laurel e Hardy, Luis Buñuel, e moitos outros.

A historia segue unha trama baseada na confusión dun home novo vagando por oficinas burocráticas para tentar exhumar o cadáver do seu tío que fora enterrado co seu carné laboral, sen o cal a súa viúva non pode ter dereito a unha pensión, da que é legalmente beneficiaria. A película convértese nunha sátira penetrante contra a burocracia do estado.

O seu seguinte filme, Memorias del subdesarrollo (1968) foi o primeiro filme cubano que se exhibiu nos Estados Unidos despois da Revolución. Segundo a novela de Edmundo Desnoes, o filme mostra a vida intelectual dun burgués de moral ambigua na Habana no período de tempo entre a invasión da baía de Cochinos e a crise dos mísiles. O protagonista está pouco disposto a tomar unha postura política unidireccional, e con todo continúa a rexeitar o país que o rodea que se está volvendo do revés e subdesenvovido. A súa vida descolórase no nihilismo, converténdose nunha personalidade que non ten ningún papel na nova Cuba.

Aínda que a crítica da sociedade revolucionaria e do individuo cubano estaba no fondo non só de Memorias del subdesarrollo, senón de todos os seus traballos, Gutiérrez Alea non deixa de ser un partidario dedicado do socialismo cubano. Non obstante, os seus traballos non se poden describir como mera propaganda. Gutiérrez describiu a motivación da súa posición contraditoria dicindo:

… o cinema proporciona un elemento activo e de mobilización, que estimula a participación no proceso revolucionario. Entón, non é suficiente ter un cinema moralizante baseado nos discursos e a exhortación. Precisamos dun cinema que promova e desenvolva unha actitude crítica. Pero como criticar e ao mesmo tempo consolidar a realidade na cal nos mergullan?

Últimos traballosEditar

Nas décadas seguintes, Gutiérrez dividiu o seu tempo entre a creación dos seus propios filmes e o ensino a novas promesas do cinema no ICAIC.

En 1972 e 1976, Gutiérrez terminou dous filmes históricos, Una pelea cubana contra los demonios e La última cena, respectivamente. Ambas ambientadas na Cuba colonial española, analizan as contradicións e a hipocrisía na sociedade cubana alén do imperialismo, da relixión, e da escravitude.

Hasta cierto punto (1984) foi o seguinte traballo destacado de Gutiérrez. Nun achegamento similar a Memorias del subdesarrollo, narra un conto semiautobiográfico sobre o amor entre un documentalista e unha obreira, interpretada pola súa esposa, Mirtha Ibarra.

Nos primeiros anos da década de 1990, Gutiérrez enfermou, véndose obrigado a codirixir os seus seguintes filmes co seu amigo Juan Carlos Tabío. O primeiro, Fresa y chocolate (1993) converteuse no primeira filme cubano nomeado ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.

A historia do filme céntrase na relación conflitiva entre un estudante marxista convencido e un artista homosexual. O último filme do cineasta cubano, Guantanamera (1995), emprega elementos xa tradicionais, como unha trama interrelacional e unha comedia romántica para acabar nun achegamento máis sutil cara aos vellos albos de Gutiérrez: o subdesenvolvemento e a burocracia.

Gutiérrez Alea faleceu aos 68 anos o 16 de abril de 1996 e foi enterrado no cemiterio de Colón, na Habana.

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. Gussow, Mel (17 de abril de 1996). "Tomas Gutierrez Alea, Cuban Film Maker, 69". Nytimes.com. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Alcázar Garrido, del, Joan; López Rivero, Sergio: De compañero a contrarrevolucionario. La Revolución cubana y el cine de Tomás Gutiérrrez Alea. Publicacions de la Universitat de València, 2009.
  • Burton, Julianne: Cinema and social change in Latin America: Conversations with filmmakers. Austin: (Universidad de Texas), 1986
  • Chanan, Michael: The Cuban Image. Londres, 1983
  • Evora, José Antonio: Tomás Gutiérrez Alea. 22. Festival de Cine de Huesca. Instituto de Cooperación Iberoamericana, Huesca 1994
  • Gutiérrez Alea, Tomás; Desnoes, Edmundo: Memories of Underdevelopment. The Revolutionary Films of Cuba. Myerson, Michael (Hrsg.), Nova York 1973
  • Gutiérrez Alea, Tomás: Dialéctica del espectador (Ediciones Unión), A Habana 1982
  • Hennebelle, Guy; Gumucio-Dagron, Alfonso (Hrsg.): Les Cinémas d’Amerique Latine. París, 1981
  • Jahnke, Eckart; Lichtenstein, Manfred: Kubanischer Dokumentarfilm. Staatliches Filmarchiv der DDR (Hrsg.), Berlín 1974
  • Oroz, Silvia: Tomás Gutiérrez Alea: Os filmes que não filmei. (Anima Produçoes Artísticas e Culturais), Río de Xaneiro 1985
  • Paranagua, Paulo Antonio: Le Cinema Cubain. Centre Georges Pompidou (Hrsg.), París 1990
  • Toledo, Teresa: 10 Años del Nuevo Cine Latinoamericano. Cinemateca de Cuba, Verdoux Quinto Centenario (Hrsg.), Madrid, A Habana 1990

Ligazóns externasEditar