O faláfel[1] é unha preparación típica dalgúns países de Oriente Próximo e Oriente Medio, semellante a unha croqueta, mais de forma arredondada e elaborada cunha masa de garavanzos ou fabas, á que se lle engade diversas especias[2].

Faláfel.
Faláfel
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1 393 kJ (333 kcal)
31.84 g
17.80 g
13.31 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A13 IU
Tiamina (B1)
13%
0.146 mg
Riboflavina (B2)
14%
0.166 mg
Niacina (B3)
7%
1.044 mg
Ácido pantoteico (B5)
6%
0.292 mg
Vitamina B6
10%
0.125 mg
Ácido fólico (B9)
20%
78 μg
Vitamina B12
0%
0.00 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
5%
54 mg
Ferro
26%
3.42 mg
Magnesio
23%
82 mg
Manganeso
33%
0.691 mg
Fósforo
27%
192 mg
Potasio
12%
585 mg
Sodio
20%
294 mg
Cinc
16%
1.50 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga34.62 g
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Consiste nuns boliños fritidos de garavanzos ou fabas moídos, normalmente mesturados con condimentos como allo, ceboliño, pirixel, coandro e comiño.[3] Moitas veces, consómense en pan pita, con hummus (pasta de garavanzo), tahina (pasta de sésamo) e ensalada (tomate, cogombro, cebola e leituga). Hoxe en día, o faláfel consómese en todo o mundo grazas aos restaurantes de comida oriental.

Popularidade editar

O faláfel tornouse popular entre os vexetarianos e vegáns como unha alternativa á carne nos establecementos de rúa orientais (principalmente nos tipo döner kebab). Aínda que tradicionalmente considerábase coma unha "hamburguesa vexetariana", o seu uso tense expandido a medida que máis e máis persoas foron adoptando unha dieta rica en proteínas.

Nos Estados Unidos, a versatilidade do faláfel permitiu a reformulación de receitas para bolos, espaguetes e albóndegas, en pratos vexetarianos.

Notas editar

  1. Nome recomendado en galego en Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. (en inglés) Cociña de Arabia Saudita Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar