A samosa é unha empanadilla de forma triangular, típica da cociña do sur de Asia (a India, Paquistán e o Tíbet). Por regra xeral sérvese fresco e nalgúns casos con diversos aliño.

Detalle da masa dunha samosa.
Samosas con salsa chatni e pementos chili verdes
Samosas no barrio de Lavapiés.

Descrición

editar

Está constituída por unha envoltura exterior de masa de fariña de trigo moi fina e fresca (similar a pasta fío) tradicionalmente elaborada de fariña de maida, rechea de pataca e chícharos ou outros vexetais cocidos e aderezados con curry que se frite en aceite ou ghi antes de servila. Non se descarta que se sirva rechea tamén de carne de pito ou cordeiro. En Portugal e Goa coñécense como chamuças, levadas polos mariñeiros portugueses. Cada país ten as súas propiedades específicas da súa cultura cos seus ingredientes máis utilizados.

Servizo

editar

As samosas sérvense xeralmente con galletas chaat (e coa salsa chaat masala) así como iogur (especie de leite callado), salsa picante chatni, cebolas finamente picadas e coandro. Sérvense quentes e coa masa exterior fresca.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar