Eva Moreda
Eva Moreda Rodríguez, nada na Veiga, Asturias, en 1981, é unha escritora en lingua galega.
Eva Moreda | |
---|---|
Eva Moreda en abril de 2009. | |
Nome completo | Eva Moreda Rodríguez |
Nacemento | 1981 |
Veiga, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora |
Xéneros | Narrativa |
Estudos | Filoloxía Clásica e Musicoloxía |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Aos tres anos pasou a residir coa súa familia en Ribadeo, onde gañou en catro ocasións o premio Diadema de Ribadeo na súa vertente literaria. Posteriormente trasladouse a Alemaña, Italia e Inglaterra, onde reside na actualidade. É licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía, con estudios de posgrao en Xornalismo. Como musicóloga, ten publicados varios traballos en revistas e compilacións internacionais, fundamentalmente en torno á historia política da música durante o primeiro franquismo. A súa actividade docente e investigadora neste eido desenvolveuse ata o momento no Reino Unido, en institucións como o Royal Holloway College – University of London, Royal Academy of Music e a Open University. Traballou nos eidos da comunicación, a tradución e a docencia. Comezou a publicar aos 16 anos.
Obra en galegoEditar
NarrativaEditar
- Breogán de Guisamonde, o cabaleiro da gaivota, 1997, Fundación Caixa Galicia. ISBN 978-8489231528
- O demo e o profundo mar azul, 2002, Positivas. ISBN 978-8487783722
- Singularis Domitilla, 2004, Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788497502788
- O país das bestas, 2009, Biblos Clube de Lectores. ISBN 978-8493660796
- Organoloxía, 2010, Positivas. ISBN 978-8492116201
- A Veiga é como un tempo distinto, 2011, Xerais. ISBN 978-84-9914-233-3 Foi traducida ao castelán[1] e ao inglés.[2]
Obras colectivasEditar
- Narradoras, 2000, Xerais.
- Veas Verdes e catro contos máis, 2001, Agrupación de Libreiros e Casa da Xuventude de Ourense.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Manual para condutores con faros antinéboa, 2010, Xunta de Galicia.
- Letra en Obras, 2011, Letra en Obras. Edición en libre descarga desde internet.
TraduciónsEditar
- Lisístrata, de Aristófanes, 2001, Edicións Lea.
Outros textosEditar
- Astolat, 2002, edición dixital.
- Nove haikus, 2009, edición dixital.
Obra en castelánEditar
NarrativaEditar
- Mitología contemporánea, 1999, Fundación Caixa Galicia.
TraduciónsEditar
- Una noche prohibida de Jo Goodman, 2008.
Premios literarios máis destacadosEditar
- Rúa Nova de Narracións Xuvenís, 1997 (en galego), por Breogán de Guisamonde, o cabaleiro da gaivota, e 1999 (en castelán), por Mitología contemporánea.
- Accésit do premio Minerva de poesía, 1999.
- Ourense de Contos para a Mocidade, 2000, por Veas verdes.
- Historias na Universidade, da Universidade de Santiago de Compostela, 2003, por Singularis Domitilla.
- Finalista do premio Biblos-Pazos de Galicia, 2005.
- Finalista do premio de narrativa Manuel Murguía, 2009.
- Premio Narrativas Quentes no 2010, por Organoloxía.
- Certame Literario Terras de Melide, 2010, por A Veiga é como un tempo distinto.
NotasEditar
- ↑ "Vega es como un tiempo distinto". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07.
- ↑ "Home is like a different time". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Eva Moreda na Biblioteca Virtual Galega.
- Eva Moreda na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- «Non quería facer a novela por excelencia da rapa das bestas», entrevista en La Voz de Galicia, 4 de xuño de 2009.