Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís

(Redirección desde «Rúa Nova de Narracións Xuvenís»)

O Premio Fundación Caixa Galicia de Narracións Xuvenís Rúa Nova ou Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís foi un premio literario convocado pola Fundación Caixa Galicia que distinguía obras literarias tanto en lingua galega coma castelá escritas por autores menores de idade[1]. Os títulos gañadores foron publicados como parte da Biblioteca Club 33[2]. Durante moitas das edicións os gañadores recibían 1.500 euros.[3]

Algúns dos galardoados foron Eva Moreda[4], Vanesa Rodríguez Tembrás, Carlos Vila Sexto, Loreto Ares Arroyo ou Fátima Peón Torres.

Notas editar

  1. Loreto Ares e Daniel Ovalle gañan os premios Rúa Nova de narracións, nova en La Voz de Galicia o 8 de abril de 2005.
  2. La Biblioteca Club 33 : cerca de dos décadas propiciando la lectura en Santiago de Compostela, artigo en Xosé-Victorio Nogueira (en castelán).
  3. Guía de premios y concursos literarios en España 2006/07, de Gema Delgado. Ediciones y Taller de Escritura Creativa Fuentetaja, 2005.
  4. Ficha da autora en Xerais.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar