Carlos Vila Sexto

escritor e guionista galego


Carlos Vila Sexto, nado na Coruña o 13 de setembro de 1977, é un escritor e guionista galego.

Infotaula de personaCarlos Vila Sexto
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1654478 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a escribir de rapaz, con catorce anos gañou o V Premio de Narracións Infantís Rúa Nova co relato de aventuras "Alén da aventura" (1992), con ilustracións orixinais de seu pai, o pintor e médico Roberto Vila Rodríguez. Repetiu premio ó ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). Dous anos máis tarde apareceu Cara á fin da luz (1995), unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, "O baúl", foi incluído na Antoloxía do conto de medo galego, unha selección de relatos de terror recompilados por Silvia Gaspar para a Editorial Galaxia.

Carlos Vila tamén foi creador e guionista das series de televisión Un lugar en el mundo, Motivos personales, Círculo Rojo e Los misterios de Laura, posteriormente adaptada nos Estados Unidos como The Mysteries of Laura, protagonizada por Debra Messing.

En marzo de 2009 publicou, dentro da colección Costa Oeste da Editorial Galaxia, o seu cuarto libro, As Sete Mortes, unha aventura con tinturas de misterio ambientada en Galicia. Esta obra recibiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2011, na categoría de 3º e 4º da ESO, como mellor libro do ano para os escolares galegos. En setembro de 2014 foi traducida ao catalán e publicada por Fanbooks.

Foi profesor no Mestrado de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña.

Obra en galego editar

Libros colectivos editar

  • O baúl, relato incluído na Antoloxía do conto de medo galego, de Galaxia (1996).

Obra en castelán editar

Traballos para TV editar

  • Creador e guionista de Un lugar en el mundo (Antena 3)
  • Creador e guionista de Motivos personales (Telecinco)
  • Guionista do capítulo "Las lágrimas de Raimmis", de Génesis, en la mente del asesino (Cuatro)
  • Creador e guionista das tramas de Círculo Rojo (Antena 3)
  • Creador e guionista da segunda temporada de Acusados (Telecinco)
  • Creador e guionista de Los misterios de Laura (TVE)
  • Creador de The Mysteries of Laura (Warner e NBC)
  • Dialoguista de El Incidente (Antena 3)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar