Esperanza Mariño
Esperanza Luz Mariño Davila, nada en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1963, é unha ensaísta e tradutora galega, profesora xubilada.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1963 (61 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía Galego-Portuguesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora , tradutora , docente |
Xénero artístico | Ensaio |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como profesora en diversos Institutos de Ensino Secundario, como o IES de Sar, Santiago de Compostela.
Como investigadora, ten publicado artigos sobre lingua, literatura e crítica literaria en diversas revistas, tales como Festa da Palabra Silenciada, Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca da UNED, Dorna e A Freita (da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias). Tamén participou como relatora en múltiples Congresos, Xornadas e Encontros, dentro e fóra de Galiza. Durante os anos noventa foi a representante galega na Fédération Européenne des Maisons de Pays (na defensa das linguas e culturas minorizadas de Europa). Ten colaborado tamén coas revistas Lletres Asturianes e Lliteratura.[1]
Obras editar
Ensaio editar
- A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo (2021). Vigo: Xerais. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-838-8.[2] ePub: ISBN 978-84-9121-831-9.
- As escumas da letra. Biografía de Luísa Villalta (2024). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-9995-445-5.
Edicións editar
- Da emigración, de Antonio Paz Míguez (1936). edición facsímile en 1993, Concello da Pobra do Caramiñal.
- A vida sempre e sobre todo, de Crisanto Veiguela (2001)..
- Dicionario María Mariño (2007). TresCtres.[3]
- Dicionario Uxío Novoneyra (2010). TresCtres.
Traducións editar
- Historia universal de Paniceiros, de Xuan Bello (2008,).Positivas. Do asturiano para o galego.
- Los nomes de la tierra. Os nomes da terra, de Xuan Bello (2010, Positivas). Do asturiano para o galego.
- Avó Ismail (Güelo Ismail), de Esther Prieto (2011) Sotelo Blanco. Do asturiano para o galego.
Obras colectivas editar
- Eduardo Blanco Amor, 1988, Concello de Boiro.
- Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte, 1999, Ediciós do Castro.
- Homenaxe a Uxío Novoneyra.
- Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, 2006, Xerais.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Esperanza Luz Mariño Davila - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-02-01.
- ↑ "A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-02-01.
- ↑ Mariño Dávila, Esperanza (2007). Dicionario María Mariño. Editorial TresCtres. ISBN 978-84-935562-4-2.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Esperanza Mariño na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.