Antonio Paz Míguez

escritor español

Antonio Paz Míguez, nado na Pobra do Caramiñal o 4 de xuño de 1911 e finado en 2003, foi un escritor galego.

Antonio Paz Míguez
Nacemento4 de xuño de 1911
Lugar de nacementoA Pobra do Caramiñal
Falecemento2003
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

En 1929, con dezasete anos, emigrou á Arxentina, primeiro a Rosario e logo a Bos Aires. Na cidade porteña traballou como empregado de comercio e mantivo contactos con persoeiros do nacionalismo galego, que reitera no seu regreso a Galicia en 1935. Emigra de novo a Bos Aires en marzo de 1936. Regresa á terra natal para unha curta visita en 1971 e morre no ano 2003.

Actividade literaria editar

Entre as súas obras destacan Da emigración, un dos últimos volumes saídos do prelo da Editorial Nós antes da guerra civil, ou O Adán que non quixo volver ó Paradiso. Tamén é autor da novela en castelán Galicia, tierra de peregrinar. Permanecen inéditos moitos poemas, ademais de pezas teatrais e ensaios históricos en castelán sobre o papel dos galegos no continente americano, coma o titulado Ellos hicieron América. O conxunto da obra de Paz Míguez ten un valor testemuñal e poucos méritos literarios, xa que son obras lineais e pobres de recursos.

Obras editar

En galego editar

En castelán editar

  • Galicia, tierra de peregrinar, 1988.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar