Teixido, Cedeira

parroquia civil do concello de Cedeira

Santo André de Teixido, coñecida popularmente como San Andrés de Lonxe, é unha parroquia situada no leste do concello de Cedeira, na Serra da Capelada, preto dos cantís sobre o mar. Segundo o padrón municipal de 2022 tiña 48 habitantes (31 homes e 17 mulleres).

Teixido
Santuario de Santo André de Teixido.
ConcelloCedeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°42′31″N 7°59′03″O / 43.708611111111, -7.9841666666667Coordenadas: 43°42′31″N 7°59′03″O / 43.708611111111, -7.9841666666667
Poboación48 hab. (2022)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Neste lugar atópase o santuario de Santo André de Teixido, famoso lugar de peregrinación.

Lugares de interese editar

Ademais da capela de Santo André, teñen tamén interese a Fonte do Santo e o miradoiro natural de Vixía de Herbeira, por riba dos cantís que, cos 620 metros de altura, teñen a maior cota sobre o mar de toda Europa.

Curro da Capelada editar

O curro da Capelada é un espazo para a rapa das bestas que se celebra no monte da Pena Toxosa o último domingo de xuño.

Teixido na literatura popular editar

Refraneiro
  • A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
  • A san Andrés van ás veces dous e volven tres.
Cantigueiro
  • A San Andrés de Teixido/ fun coa cesta na cabeza,/ fun por mar e vin por terra/ o santiño mo agradeza [2].
  • Fun ó santo San Andrés/ alá no cabo do mundo;/ sólo por te ver, meu santo,/ tres días hai que non durmo [2].
  • Fun ó santo San Andrés,/ fun alá e hei volver,/ quedoume a ñima mantilla/ no seu altar por coller [2].
  • Fun ó santo San Andrés/ fun coa miña empanada,/ anque o santo é milagreiro/ é amigo da fuliada [2].
  • Indo para San Andrés/ seica me veu un agoiro,/ non puiden levar a pedra/ ó primeiro amilladoiro [2].
  • Meu divino San Andrés/ este ano alá non vou,/ pola falta de diñeiro/ moita xente se quedou [2].
  • Meu divino San Andrés,/ tellas do voso tellado,/ elas de lonxe parecen/ ouro fino amartelado [2].
  • Meu señor San Andresiño/ póñano-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traémo-la vela rota [3].
  • Meu señor San Andresiño/ que está na alta ribeira,/ véñolle pedir, meu santo,/ a salvación verdadeira [2].
  • Meu señor San Andresiño/ que estás na alta montaña,/ este ano vin solteira,/ pro o que vén virei casada [2].
  • O divino San Andrés/ mandou empedrar o mar/ para que os seus romeiriños/ o foran a visitar [2].
  • O San Andrés de Teixido/ está dereito na porta/ mirando para os romeiros/ como lle baixan a costa [2].
  • Pasei a ponte do Porco,/ paseille a man polo lombo,/ meu divino San Andrés/ o voso camiño é longo [4].

Galería de imaxes editar

 

Lugares e parroquias editar

Lugares de Teixido editar

Lugares da parroquia de Teixido no concello de Cedeira (A Coruña)

Biduído | A Candocia | Lamelas | Meizoso | Teixidelo

Parroquias de Cedeira editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Vicente Risco, 405.
  3. Lino Lema Bouzas, 13. Cedeira e Cariño son concellos limítrofes.
  4. Vicente Risco, 405. Refírese á ponte do Porco, sobre o río Lambre, en Miño (A Coruña) construída por Fernán Pérez de Andrade no século XIV.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
  • TORRES, Xohana: Teixido. San Andrés de Lonxe: Mitos e Ritos; Engaiolarte, Vigo, 2017

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar