Philippe Adams, nado en Mouscron o 19 de novembro de 1969, é un piloto de carreiras belga.[1]

Infotaula de personaPhilippe Adams

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Mouscron, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , enxeñeiro , piloto de automobilismo , piloto de carreiras Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Adams comezou por primeira vez no automobilismo aos doce anos, correndo en karts, antes de comezar nas carreiras de coches en 1984.[2] Na tempada de Fórmula 3 de 1992, Adams competiu no Campionato británico de Fórmula 3, terminando segundo na xeral da tempada.[1] Adams pasou á British Formula Two Series para 1993, gañando o campionato.[1]

Fórmula Un (1994) editar

Adams e os seus patrocinadores acordaron co Team Lotus atopar 500.000 dólares para acadar un asento con eles (Lotus estaba en crise financeira, e disputaba súa última temporada) durante dúas roldas da tempada de 1994 de Fórmula Un.[1] Parte do financiamento para iso veu dunha póliza de seguro retirada durante unha carreira da Belgian Procar (campionato belga de turismos) en Spa, que gañou. Retirouse do Gran Premio de Bélxica de 1994, pero logrou terminar o décimo sexto no Gran Premio de Portugal de 1994.[1] Entre estas dúas carreiras, o piloto habitual Alex Zanardi clasificou nun gran 13º posto para a súa carreira na casa. Adams tamén tiña a intención de correr en Xerez, pero o equipo devolveulle o coche a Zanardi.[3]

Despois da Fórmula Un editar

Adams nunca regresou a Fórmula Un, optando por regresar á escena nacional,[1] principalmente ás carreiras de coches de turismo e coches deportivos. Retirouse das carreiras aos 32 anos de idade, traballando como xerente de vendas da SEAT no seu país.


Rexistro de carreiras editar

Resultados completos na Fórmula 3000 do Xapón editar

(clave) (Carreiras en grosa indica pole position) (Carreiras en italica indica volta rápida)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1991 CSK Racing SUZ AUT FUJ MIN SUZ SUG FUJ SUZ FUJ SUZ
NSC
FUJ NC 0

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
1994 Team Lotus Lotus 109 Mugen-Honda V10 BRA PAC SMR MON ESP CAN FRA GBR ALE HUN BEL
Ret
ITA POR
16
EUR XPN AUS NC 0

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "DRIVERS: PHILIPPE ADAMS". GrandPrix.com. Consultado o 2008-03-28. 
  2. "Philippe Adams - Biography". F1 Rejects. 4 de abril de 2001. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 2008-03-28. 
  3. Diepraam, Mattjis. "Bus stop tourist". 8W - Who?. Consultado o 2008-03-28. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar