Miquel Martí i Pol

Miquel Martí i Pol, nado en Roda de Ter (Osona) o 19 de marzo de 1929 e finado na mesma vila o 11 de novembro de 2003, foi un poeta, escritor e tradutor catalán, un dos máis populares do século XX.

Infotaula de personaMiquel Martí i Pol

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1929 Editar o valor em Wikidata
Roda de Ter, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 2003 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Vic, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteEsclerose múltiple Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemeteri de Roda de Ter, 137 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor , escritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartit Socialista Unificat de Catalunya Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeDolors Feixas (1956–1984), morte da persoa

IMDB: nm1772786 Dialnet: 808431 Musicbrainz: f8ae5e78-4f40-4789-b39e-8b3a5a3aff63 Find a Grave: 8082053 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De orixe obreira, Martí i Pol comezou a traballar nunha fábrica da súa vila aos 14 anos. Aos dezaseis anos faise da Penya Verdaguer e escribe poemas en castelán. Aos dezanove xa os escribe en catalán. Aos 19 anos, sufriu unha tuberculose pulmonar que o obrigou a estar na cama unha longa tempada. Aproveitou esta época para ler moito, e desde entón decidiu dedicarse á escritura.

En 1956 casou con Dolors Feixas, con quen tivo dous fillos. Durante a ditadura franquista participou en moitas actividades culturais catalanistas, e colaborou co PSUC. No ano 1970 diagnosticóuselle unha esclerose múltiple, o que provocou que no ano 1973 tivese que abandonar o traballo na fábrica. Malia as restricións impostas pola enfermidade, continuou publicando moita poesía de gran calidade.

O 1978 recibiu unha homenaxe na Semana de Osona, organizada pola comisión de cultura do PSUC, coa asistencia de poetas como Vicent Andrés Estellés, Pere Quart, Joan Brossa, Joan Vinyoli, Ramon Pinyol e Xavier Bru de Sala, entre outros.

Obra editar

En 1954 publicou o seu primeiro libro de poesía e gañou o Premio Ossa menor con Paraules al vent. O ano 1977 recibiu o Premio Lletra d'Or pola súa obra El llarg viatge, e ao longo da súa carreira recibiu tres veces o Premio da Crítica de poesía catalá: en 1979 por Estimada Marta, en 1991 por Suite de Parlavà e en 1994 por Un hivern plàcid.

Nas últimas décadas do século XX, a súa obra fíxose popular entre o público en xeral.

Tamén destacou como tradutor ao catalán de Antoine de Saint-Exupéry (Ciutadella, en colaboración con Jordi Sarsanedas, 1965), Georges Arnaud (El salari de la por, 1968) Simone de Beauvoir (La mesura de l'home, 1969), Claude Lévi-Strauss (Tristos tròpics, 1969, El pensament salvatge, 1971), e das obras de Guillaume Apollinaire, Gustave Flaubert, Émile Zola, Jean Racine, Joris-Karl Huysmans e Roland Barthes, entre outros.

  • Paraules al vent (1954)
  • Quinze poemes (1957)
  • El Poble (1966)
  • La fàbrica (1972)
  • Vint-i-set poemes en tres temps (1972)
  • La pell del violí (1974)
  • Cinc esgrafiats a la mateixa paret (1976)
  • L'arrel i l'escorça (1975)
  • El llarg viatge (1976)
  • Quadern de vacances (1976)
  • Amb vidres a la sang (1977)
  • Crònica del demà (1977)
  • Contes de la vila de R. (1978)
  • Estimada Marta (1978)
  • L'hoste insòlit (1978)
  • Les clares paraules (1980)
  • L'àmbit de tots els àmbits (1981)
  • Primer llibre de Bloomsbury (1982)
  • L'aniversari (1983)
  • Andorra, postals i altres poemes (1984)
  • Autobiografia (1984)
  • Cinc poemes d'iniciació (1984)
  • Llibre d'absències (1985)
  • Per preservar la veu (1985)
  • Barcelona-Roda de Ter (1987)
  • Els bells camins (1987)
  • En Joan Silencis (1987)
  • Obertura Catalana (1988)
  • Bon profit! (1988)
  • Defensa siciliana (1989)
  • Temps d'interludi (1990)
  • Suite de Parlavà (1991)
  • Un hivern plàcid (1994)
  • Els infants componen cançons (1997)
  • Llibre de les solituds (1997)
  • Cinc poemes de possibles variacions melangioses (1998)
  • ABCEDARI. Una joia solidària (2001)
  • Haikús en temps de guerra (2002)
  • Després de tot (2002)
  • Antologia poetica- amb els ulls oberts (1999)

A súa obra foi traducida ao castelán, asturiano, portugués, francés, alemán, inglés, italiano, neerlandés, hebreo, esloveno, búlgaro, ruso e xaponés.

Premios editar

Ao longo da súa carreira literaria recibiu diversos premios, entre eles:

  • Premio Fastenrath (1978)
  • Creu de Sant Jordi (1983)
  • Premi d'Honor de les Lletres Catalanes (1991)
  • Medalla d'Or al Mèrit en las Belles Arts (1992)
  • Premi Nacional de Literatura (1998)
  • Medalla d'Or de la Generalitat de Catalunya (1999)

Adaptacións editar

A súa obra poética foi musicada por diversas personalidades da música:

No 1993 iniciou unha frutífera colaboración con Lluís Llach, co que publica o disco Un pont de mar blava, con textos de Martí i Pol e música de Llach. Posteriormente volve colaborar con el en Rar (1994), Verges 50 (1995) e Temps de revoltes (2000).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar