Extracto de Literatura

Extracto de Literatura foi un semanario que se publicou en Pontevedra en 1893, aínda que o 5º número editouse en Santiago (de 4 de febreiro), sendo impreso na compostelá Imprenta de José M. Paredes.

Extracto de Literatura
Semanario Dosimétrico Ylustrado

A. I, número 1, 7-1-1893.
Nº de páxinas8, 12, 15 ou 16 (42 números)
Fundación7 de xaneiro de 1893
Remata28 de outubro de 1893
PropietarioEnrique Labarta Pose
DirectorEnrique Labarta Pose
ColaboradoresAlberto García Ferreiro, Emilio Álvarez Giménez, Heliodoro Fernández Gastañaduy etc.
Tendenciahumorística
Linguacastelán
LocalidadePontevedra
ImpresiónImp. de la Viuda de Madrigal (Pontevedra), 2 nos
Imp. de A. Landín (Pontevedra), 29 nos
Imp. de José M. Paredes (Santiago), 3 nos
Descoñecido: 8 nos
Periodicidadesemanal
Prezo15 céntimos (número solto)
Na rede
BVPH: 1521
Arquivo gratuítoprensahistorica.mcu.es
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario dosimétrico ylustrado, apareceu o 7 de xaneiro de 1893. Foi fundado e dirixido por Enrique Labarta Pose, aínda que nos últimos números o director pasou a ser Torcuato Ulloa[1] e Xerardo Álvarez Limeses era o redactor xefe. Dedicada fundamentalmente á literatura, presentaba un ton humorístico con traballos de carácter xocoso de Alberto García Ferreiro, Emilio Álvarez Giménez e Heliodoro Fernández Gastañaduy. Tamén publicaba outro tipo de contidos nas seccións "Crónica de la semana", "Semblanzas" e nas publicacións de variedades. Entre os seus colaboradores estaban Ramón María del Valle-Inclán, Juan Barcia Caballero, Xoán Neira Cancela, Aureliano Pereira, Wenceslao Veiga, Juan Manuel Paz Novoa, Moisés González Besada, Xosé Pérez Ballesteros, Nicolás Taboada Fernández, Urbano González, Adolfo Mosquera, Heraclio Pérez Placer e Benigno López Sanmartín. Cesou a súa publicación en outubro dese ano.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. pp. 180–181. ISBN 84-8288-137-X. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar