María Andresa Casamayor

Matemática, escritora e mestra española

María Juana Rosa Andresa Casamayor de La Coma, nada en Zaragoza o 30 de novembro de 1720 e finada na mesma cidade o 23 de outubro de 1780, máis coñecida como María Andresa Casamayor, foi unha matemática, escritora e mestra de nenas española. Destacou no manexo dos números e na aritmética, áreas que naquela época eran habituais de homes e non de mulleres. É a única científica española do século XVIII da cal se conserva parte da súa obra, polo que o Tyrocinio aritmético, instrucción de las quatro reglas llanas... é o primeiro manual científico escrito por unha muller en España.[1][2]

Infotaula de personaMaría Andresa Casamayor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Juana Rosa Andresa Casamayor de La Coma Editar o valor em Wikidata
30 de novembro de 1720 Editar o valor em Wikidata
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de outubro de 1780 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemática , escritora , mestra Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioCasandro Mamés de La Marca y Araioa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Naceu o 30 de novembro, o día de Andŕe Apóstolo, de 1720. Foi bautizada o 1 de decembro de 1720 na Igrexa do Pilar como María Juana Rosa Andresa. Filla dunha familia de comerciantes téxtiles, viviu a súa nenez nunha casa da rúa do Pilar. O seu pai foi o mercador francés Juan Joseph Casamayor nacido en Oloron (Francia), fillo de María Abales e Juan Casamayor; a súa nai foi a zaragozana Juana Rosa de La Coma, filla do mercador Juan de La Coma e de María Alexandre. Naqueles anos, a colonia francesa dominaba o comercio de Zaragoza conformando un numeroso grupo de poboación con fortes interrelacións comerciais e familiares. O matrimonio dos pais tivo lugar o 13 de abril de 1705, sendo María Andresa a sétima de nove fillos/as.[3]

Idade adulta editar

Con tan só 17 anos María Andresa escribiu o manual sobre aritmética Tyrocinio arithmetico, Instrucción de las quatro reglas llanas (Zaragoza: Joseph Fort, 1738)[4], escrito baixo o pseudónimo de Casandro Mamés de la Marca y Arioa. O Tyrocinio tiña unha marcada intención didáctica: dirixíase a comerciantes e poboación en xeral, o que axudou a este colectivo a revisar operacións e evitar enganos e malentendidos. O frade da Orde de Predicadores Pedro Martínez -matemático e intelectual que foi un dos principais protectores e colaboradores de María Andresa-, un dos encargados das críticas necesarias para aceptar a publicación do Tyrocinio indicaba que os textos similares con frecuencia eran máis extensos, o que incrementaba o seu prezo, revelando as intencións do autor: «O seu fin, nesta Obrilla, só é facilitar esta instrución a moitos, que non poden lograla doutro xeito».

Co falecemento do seu pai en 1738 e do seu amigo e colaborador Pedro Martínez en 1739, os apoios que tivera María Andresa Casamayor de moza desaparecen. A diferenza do que era habitual para unha muller da sociedade zaragozana, María Andresa nin casou nin entrou na Igrexa, así que o resto da súa vida debeu traballar para gañarse a vida. Foi mestra de nenas e, durante boa parte da súa vida, mestra de primeiras letras nas aulas públicas da cidade. Como parte da súa retribución, foille facilitada unha casa onde vivir. O edificio, situado na rúa Pombal de Zaragoza, aínda existe. Probablemente o seu Tyrocinio foi unha das súas cartas de presentación.[5]

Máis tarde chegaría “El para sí solo” de Casandro Mamés de la Marca y Arioa. Noticias especulativas y prácticas de los números, uso de las tablas de las Raízes y reglas generales para responder à algunas demandas que con dichas tablas se resuelven sin álgebra, un manuscrito de aritmética avanzada que nunca chegou a publicarse.[1]

Obra editar

Escribiu dous textos sobre aritmética.

Tyrocinio aritmético editar

O primeiro, o Tyrocinio aritmético (publicado na poboación de Almodóvar del Pinar o 20 de xaneiro de 1738),[6] está escrito nunha linguaxe áxil e, dende o punto de vista matemático, é eminentemente práctico, cunha gran cantidade de exemplos de casos reais que permiten a quen o le aprender de forma directa o manexo das catro regras da álxebra menor: suma, resta multiplicación e división.[4] Ademais mostra un coñecemento preciso das unidades de lonxitude, peso, moeda... que se manexaban a diario no comercio do século XVIII.[7] Así, no perfil de María Andresa Casamayor cabe destacar unha grande habilidade aritmética e unha profunda preocupación pola educación.

El Para sí solo editar

O segundo texto, El para si solo, foi un manuscrito de 109 follas sobre aritmética avanzada que non chegou a publicarse. A súa tradución (aproximada) do latín é "Prepara o teu solo". Latassa di que é un manuscrito que inclúe táboas de raíces para poder realizar cálculos "sen usar a álxebra".[8]

Nunha sociedade e nun campo (a ciencia) onde as mulleres tiñan escaso ou nulo protagonismo, María Andresa vese obrigada a firmar como Casandro Mamés de La Marca y Araioa. Este pseudónimo masculino é un perfecto anagrama, está formado polas letras do seu nome nunha orde distinta. Curiosamente este dato, sacado da cita de Félix Latassa no seu monumental obra “Biblioteca nova dos escritores aragoneses”, contén un erro xa que Latassa chama á nosa protagonista “María Andrea” en lugar de María Andresa,[8] Un erro detectado e emendado en 2019 por Pedro J. Miana e Julio Bernués, autores da reedición do seu manual.[9] Casandro recoñécese como “discípulo da Escola Pía” e dedica o Tyrocinio á mesma “Escola Pía do Colexio de Santo Tomás de Zaragoza”.[4]

Recoñecementos editar

En 2009 o Concello de Zaragoza dedicoulle unha rúa que con anterioridade era chamada "Grupo Jose Antonio Girón".[10][11] Tamén Xixón ten unha rúa co nome da científica zaragozana.[12]

En 2018 a enxeñeira química Teresa Valdés-Solís incluíuna na Táboa Periódica das Científicas, xunto a científicas de todo o mundo.[13]

En xuño de 2020 Correos de España lanzou unha serie filatélica denominada Mujeres en la ciencia. A primeira emisión de selos desta serie está dedicada aos 300 anos do nacemento de Casamayor.​[14]

En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional María Andresa Casamayor, na área de matemáticas e tecnoloxías da información e as comunicacións.[15]

Reedición de Tyrocinio Arithmetico editar

En 2020, 300 anos despois do seu nacemento en Zaragoza, reedítase o seu libro Tyrocinio arithmetico. Instrucción de las quatro reglas llanas.[16]

  • Tyrocinio Arithmetico, 1738, María Andresa Casamayor, Prensas de la Universidade de Zaragoza, 2021, ISBN 978-84-1340-248-2.[17]

Documental editar

En 2020 estreouse o documental La mujer que soñaba con números realizado por Mireia R. Abrisqueta e producido por SinTregua, onde a figura de Casamayor é a protagonista.​[18] Tivo unha pre estrea na Biblioteca Nacional de España en febreiro de 2020.[19]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "María Andresa Casamayor de La Coma, la primera autora de un libro de ciencia en España Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2020-07-15. Consultado o 2021-05-11. 
  2. "'Tyrocinio Arithmetico': primer texto científico escrito por una mujer en España". Consultado o 2021-05-11. 
  3. "REFERENCIAS DE LA DOCUMENTACION UTILIZADA EN LA BIOGRAFÍA DE MARIA ANDRESA CASAMAYOR DE LA COMA." (PDF). museodematematicas.unizar.es. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Tyrocinio arithmético". Consultado o 8 de decembro de 2015. 
  5. "Soñando con números, María Andresa Casamayor (1720-1780)". Consultado o 1 de marzo de 2019. 
  6. "La misteriosa aragonesa que fingió ser hombre para enseñar a sumar al pueblo". El Español (en castelán). 2017-08-14. Consultado o 2019-06-19. 
  7. Casado, María José (2006). Las damas del laboratorio: Mujeres científicas en la historia. Debate. ISBN 9788483066881. 
  8. 8,0 8,1 Ortin, Félix de Latassa y (1802). Biblioteca nueva de los escritores aragoneses que florecieron desde el año de 1500 hasta [1802], 6 (en castelán). 
  9. "Tres siglos de María Andresa Casamayor, la primera escritora de ciencia en español". CARTV (en castelán). Consultado o 2021-05-11. 
  10. "La mujer que nos acercó a la ciencia". Consultado o 29 de maio de 2016. 
  11. "Calle de María Andrea Casamayor - Callejero de Zaragoza - Callejero.net". Consultado o 29 de maio de 2016. 
  12. "Google Maps". Consultado o 29 de maio de 2016. 
  13. "La Tabla Periódica de las Científicas | Actualidad | Naukas". Consultado o 9 de decembro de 2018. 
  14. Arizabaleta, Jennifer. "Una matemática aragonesa abre la nueva serie filatélica 'Mujeres en la ciencia'". Redib Informa (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2020. Consultado o 2021-05-11. 
  15. "La Moncloa. 26/05/2022. El Ministerio de Ciencia e Innovación crea los Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes [Prensa/Actualidad/Ciencia e Innovación]". www.lamoncloa.gob.es (en castelán). Consultado o 2022-05-29. 
  16. Aragón, Heraldo de. "Trescientos años después de su nacimiento, la matemática María Andresa Casamayor se multiplica". heraldo.es (en castelán). Consultado o 2021-05-11. 
  17. "TYROCINIO ARITHMETICO". www.unebook.es (en castelán). Consultado o 2021-05-11. 
  18. "La mujer que soñaba con números". Academia de cine (en castelán). Consultado o 2021-05-11. 
  19. España, Biblioteca Nacional de (2020-01-15). "La mujer que soñaba con números, sobre la matemática Andresa Casamayor". www.bne.es (en castelán). Consultado o 2021-05-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar