Dora de Pédery-Hunt

Dora de Pédery-Hunt, nada en Budapest o 16 de novembro de 1913 e finada en Toronto o 29 de setembro de 2008, foi unha escultora e deseñadora de moedas e medallas húngaro-canadense.

Infotaula de personaDora de Pédery-Hunt
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1913 Editar o valor em Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 2008 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Toronto, Canadá Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro colorrectal Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Outros nomesDe Pédery, Dora‏ Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
EducaciónMoholy-Nagy University of Art and Design (en) Traducir (–1943) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora , medallista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorOCAD University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Dora de Pédery naceu en Budapest en 1913, filla do científico e pianista Atila de Pédery e da súa esposa Emilia.[1]

Dora estudou inicialmente Física, Medicina e Arquitectura, antes de elixir a arte como vocación aos 24 anos. Durante seis anos formouse na que hoxe é a Universidade Húngara de Belas Artes de Budapest, con profesores como Elek Lux, Béla Ohmann e József Reményi. En 1943 acadou o seu diploma de Mestría en Escultura.[2]

Logo da ocupación de Hungría por parte da Alemaña nazi en marzo de 1944, a súa familia decidiu fuxir cara ao oeste, a Helmstedt, Alemaña, temendo o avance soviético desde o leste. Oito meses despois, chegaron a Hannover, onde o seu pai atopou traballo,[1] aínda non tardou en caer en mans das forzas aliadas.[3]

En 1948 Dora emigrou ao Canadá.[4] Chegou a Toronto e alí traballou como ama de chaves dunha familia durante un ano. Logo foi profesora de Arte nun instituto, traballo para o que percorría diariamente oito quilómetros a pé. Tamén realizou traballos esporádicos como pintar deseños en mobles infantís, limpar estudios de artistas e facer adornos de Nadal para amigos e para tendas de agasallos".[1]

En 1949 casou con Vela Hunt, un xornalista húngaro a quen coñecera xa na súa etapa de Hannover. A parella divorciouse en 1961.[1]

Dora de Pédery-Hunt morreu en Toronto como consecuencia do cancro colorrectal que padecía, o 29 de setembro de 2008, aos 94 anos.[3] Foi sepultada no Cemiterio e Crematorio Municipal de Toronto.[5]

Obra editar

Talvez, despois de todo, estas limitacións sexan necesarias. As miñas medallas son o resultado dunha boa loita contra elas, e á fin polo menos podo lembrar unha batalla librada con valentía.
— Dora de Pédery-Hunt.[3]

Logo do seu matrimonio, Dora de Pédery-Hunt dedicou os sete anos seguintes a esculpir na mesa da súa cociña. En 1956 realizou un gran retrato en pedra artificial de Frances Loring, a súa amiga e colega escultora, que presentou á Exposición Nacional Canadense. Alí viuno Alan Jarvis, tamén escultor e director da Galería Nacional do Canadá, quen xogou un papel fundamental na súa adquisición para unha colección permanente desa entidade.[1]

A partir de entón, Dora de Pédery puxo o foco na produción de esculturas a pequena escala e de medallas. Animada por Jarvis, solicitou unha axuda do Consello das Artes do Canadá e en 1958 recibiu unha bolsa para estudar as medallas expostas en diversas galerías, museos e catedrais de Europa. Ao seu regreso a Toronto, decidiu centrarse na arte da medalla, e a súa primeira encarga foi unha medalla do Consello das Artes do Canadá outorgada á excelencia nas artes, as humanidades e as ciencias sociais. En 1961 creou tamén un medallón de bronce fundido de dez centímetros de diámetro no que xuntou motivos da música, a danza, a literatura, a pintura e a escultura.[1]

En 1963, foi elixida membro da Sociedade de Artistas de Ontario.[2] Foi tamén membro fundadora da Academia Canadense do Retrato e da Sociedade de Arte da Medalla do Canadá.[6] Durante vinte e cinco anos, representou o Canadá como delegada ante a Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM),[7] á que estaba afiliada desde 1965.[8] Tamén foi elixida membro da Sociedade de Escultores do Canadá en 1953,[6][9] da Real Academia Canadense das Artes en 1967,[10] da Sociedade Húngara de Artes Aplicadas e da Asociación Feminina Húngara de Belas Artes.[1]

Á parte da súa traxectoria como creadora, tamén se dedicou á docencia, como profesora de escultura na Northern Vocational School de Toronto (1949-1960), na Women's Art Association (1956) e no Ontario College of Art (1957).

Entre as súas obras máis recoñecibles está a creación da efixie da raíña Isabel II que se utilizou para os anversos de todas as moedas canadense desde 1990 ata 2003,[3][11][12] rompendo a anterior tradición de utilizar na moeda canadense o mesmo retrato que o que caracterizaba a moeda británica.[7]

Pola súa banda, Canada Post utilizou o deseño da súa medalla de Donald Alexander Smith para un selo postal con valor de seis centavos.[13]

Ao longo da súa carreira, Dora de Pedery deseñou máis de 600 medallas, ademais dunha serie de pequenas esculturas de bronce conmemorativas de heroes e de heroínas canadenses. Parte da súa obra pode verse elas coleccións de máis de 70 museos e institucións de todo o mundo,[1] entre eles a Galería Nacional de Arte do Canadá, os Gabinetes Reais de Medallas da Haia e de Bruxelas, o Museo Británico e o Instituto Smithsoniano.[2][14][4][15]

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Macdonald, C. S. (1997). A Dictionary of Canadian Artists. Vol. 1. (5ª ed.). Canadian Paperbacks Pub., Otava. Páxinas 609a-611a. ISBN 0-919554-21-0
  2. 2,0 2,1 2,2 "Member Profile: Dora De Pedery-Hunt". Ontario Society of Artists.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Martin, S. (2008).
  4. 4,0 4,1 Hargittay, C. (2006).
  5. "Dora de Pédery-Hunt". Findagrave.com
  6. 6,0 6,1 Canadian Coin News. 11 de vovembro de 2008. Trajan Publishing. Páxina 10.
  7. 7,0 7,1 7,2 Cuhaj, G. (2008).
  8. Newbigging, D. (2008).
  9. "Past Members". Sculptors Society of Canada / Société des Sculpteurs du Canada.
  10. "Members since 1880". Royal Canadian Academy of Arts / Académie Royale des Arts du Canada.
  11. Cross, W. K. (2006). Canadian Coins, A Charlton Standard Catalogue (60ª ed.). The Charlton Press, Toronto. Páxina 75. ISBN 0-88968-297-6
  12. Cross, W. K. (2006). A Charlton Standard Catalogue, Canadian Coins, 60ª Ed. The Charlton Press, Toronto. Páxina 75. ISBN 0-88968-297-6
  13. "Sir Donald Alexander Smith, 1820-1914 - 6 cents 1970 - Canadian stamp". Stampsandcanada.com
  14. "Dora de Pedery-Hunt". The British Museum.
  15. "Dora de Pédery-Hunt Fonds, 1920-1987". Smithsonian Institution.
  16. "Mrs. Dora de Pedery-Hunt". The Governor General of Canada.
  17. "The Saltus Medal Award". American Numismatic Society.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar