David Chipperfield

David Chipperfield, nado en Londres o 18 de decembro de 1953 é un arquitecto británico.

David Chipperfield
David Chipperfield.JPG
Nacemento18 de decembro de 1953
 Londres
NacionalidadeReino Unido
Alma máterArchitectural Association School of Architecture e Universidade de Kingston
Ocupaciónarquitecto, catedrático de universidade e deseñador
Coñecido porVerona 203A
PremiosPrémio Stirling, Royal Gold Medal, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Comandante da Orde do Imperio Británico, Praemium Imperiale, Wolf Prize in Architecture, European Union Prize for Cultural Heritage / Europa Nostra Awards, Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe, Sikkens Prize e Knight Bachelor
editar datos en Wikidata ]
Museo fluvial e do remo en Henley-on-Thames.
Literaturmuseum der Moderne (LiMo) en Marbach am Neckar.
Vivendas en Villaverde (2005).

TraxectoriaEditar

Estudou arquitectura na Architectural Association School of Architecture de Londres, licenciándose en 1977. Entre os anos 1978 e 1984 traballou con arquitectos como Douglas Stephen, Richard Rogers ou Norman Foster, establecendo nese ano o seu propio estudio, David Chipperfield Architects, que ten as súas oficinas principais en Londres, Berlín e Milán e unha oficina de representación en Shanghai.

A súa arquitectura adoita englobarse dentro da corrente estilística coñecida como minimalismo, desenvolvendo o seu labor en edificación e urbanismo, ademais de no deseño de mobles e interiores. Gañou diversos premios, como o "RIBA" (Royal Institute for British Arquitects) en varias ocasións, destacando por museos, galerías de arte, bibliotecas, vivendas privadas, hoteis e oficinas.

En 1999, David Chipperfield foi galardoado coa Medalla de Ouro de Heinrich Tessenow, que foi seguida por unha exposición xunto con Andrés Jaque. O ano seguinte foi un dos arquitectos que representou ao Reino Unido na Bienal de Arquitectura de Venecia. En 2003 foi elixido membro honorario da Academia da Arte e o Deseño de Florencia, e no 2004 foi nomeado Comendador da Orde do Imperio Británico (CBE) polos seus servizos prestados á arquitectura.

Tamén foi profesor de deseño en diferentes escolas de arquitectura do Reino Unidos e profesor invitado en universidades europeas e estadounidenses.

ObraEditar

Europa:

Xapón:

Estados Unidos:

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar