Década de 440
Primeiro milenio | |||||
Século V | |||||
| |||||
|
440
- Artigo principal: 440.
Asia
- A China setentrional é unificada pola dinastía Wei do Norte.
- Os persas comezan unha expedición contra Armenia (até 441).
Imperio Romano
- Campaña do rei dos hunos, Bleda, contra o Imperio Romano de Oriente en Pannonia (440-441). Os hunos apodéranse de Singidunum (Belgrado).
- O rei suevo Requila sitia en Mirtilos (Lusitania) ao conde romano Censorio.
- 29 de setembro: inicio do pontificado de León I o Grande.
- Xenserico, rei dos vándalos, ocupa Sicilia.
441
- Artigo principal: 441.
- Bleda e Atila, irmáns, e reis dos hunos, dirixen un ataque conxunto contra os bizantinos, invadindo os Balcáns (441-442).
- O emperador Valentiniano envía unha frota para tentar reducir os vándalos asentados no Norte de África. A expedición fracasa.
- Gallaecia: O suevo Requila comeza a reinar en solitario, tras a morte de Hermerico.
- O rei suevo, Requila, toma Sevilla, e saquea a Bética e a Cartaxinense.
442
- Artigo principal: 442.
- Valentiniano, emperador romano, asina un tratado con Xenserico, rei dos vándalos, polo que recoñece o dominio destes en Numidia e na provincia de África.
- Os hunos, comandados por Bleda e Atila, seguen a devastar os Balcáns (441-442).
- Novo levantamento dos bagaudas, dirixidos de novo por Tibatón, no Oeste da Galia.
443
- Artigo principal: 443.
- Os burgundios, estabelecidos, dentro do Imperio romano arredor do lago de Xenebra, estenden o seu dominio sobre as concas dos ríos Ródano e Saona.
444
- Artigo principal: 444.
Asia
Europa
- San Patricio funda a cidade de Armagh en Irlanda.
445
- Artigo principal: 445.
- Atila torna en rei único dos hunos ao morrer o seu irmán Bleda. No mesmo ano funda a localidade de Buda que será a capital do seu imperio.
- Incursión dos vándalos, por mar, no Condado das Terras de Turonio, no sur da actual provincia de Pontevedra.
446
- Artigo principal: 446.
Asia
- China: Tuoba Tao (transcr. Wade: T'o-pa T'ao), soberano chinés da dinastía Wei do Norte, anexiona Shandong (transcr. Wade: Chan-toung), Henan (Ho-nan) e máis unha parte de Jiangsu (Kiang-sou).
Eurioa
- Galia: os britanos ou bretóns, procedentes da Gran Bretaña, comezan a instalarse na Armórica (actual Bretaña).
- Hispania: O romano Vito non pode botar os suevos da Bética e da Cartaxinense.
- O bispo Toribio de Astorga convoca un sínodo para tratar sobre o priscilianismo.
447
- Artigo principal: 447.
- Batalla do Utus: Atila e os romanos loitan nun combate que remata indeciso. Os hunos invaden os Balcáns alcanzando as Termópilas.
- Sofía é destruída polos hunos.
448
- Artigo principal: 448.
449
- Artigo principal: 449.
- Anglos, saxóns e iutos inicián a invasión da Gran Bretaña.
- O rei visigodo Requiario saquea Vasconia e toma Ilerda (Lleida).
- Revolta bagauda no que hoxe é Aragón. Conducidos por un tal Basilio, entran e Tarazona (Turiaso) e matan o bispo da cidade.