Lago Léman
O lago Léman é un lago situado na fronteira entre Francia e Suíza; ás veces é denominado lago de Xenebra. Está atravesado de leste a oeste polo Ródano. Este é o lago máis grande de Europa occidental, cos seus 72 km de longo e os seus 582,4 km² de superficie (234 km² en Francia, 348,4 km² en Suíza. A súa costa ten 372 m e a súa profundidade máxima acada os 309,7 m (cota +62,3 m, entre Lausana e Évian). A súa lonxitude máxima é de 13 km, e o seu volume 89 km3. É o segundo maior lago da Europa, o primeiro é o lago Balaton (na Hungría).
Lago Léman Lac Léman ou lac de Genève | |
---|---|
![]() | |
Castelo Chillon, no lago Léman | |
País | ![]() ![]() |
Rexión | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Provincia | Departamento da Alta Savoia (FRA) |
Superficie | 582,4 km² (25º de Europa) |
Capacidade | 89 hm³ |
Lonxitude | 72 km |
Ancho | 14 km |
Conca fluvial | Río Ródano |
Cota | 372 msnm |
Profundidade | 309,7 m |
Prof. media | 154,4 m |
Tipo | Lago de auga doce |
Afluentes | Ríos Ródano, Aubonne, Dranse, Eau Froide, Morge, Morges, Serine, Venoge, Versoix e Veveyse |
Illas | île de Peilz, Château de Chillon, île de Salagnon, île de la Harpe, île Rousseau, Île de Choisi |
A súa extremidade occidental, próxima a Xenebra, denomínase Petit-Lac (Pequeno Lago) en oposición ao Haut-Lac (Lago alto), moito máis longo.
Alén da Alta Savoia, tres cantóns suízos teñen costa no Léman: os cantóns de cantón de Xenebra, de Vaud e do Valais. Está sobre todo bordeado polos seguintes concellos: Xenebra, Versoix, Nyon, Gland, Rolle, Morges, Lausana, Vevey, Montreux, Villeneuve, Évian e Thonon-les-Bains. As localidades principais que o bordean están unidas por viaxes regulares en barco servidas pola Compañía Xeral de Navegación (Compagnie générale de navigation (CGN)).
Cada ano, unha importante competición de vela ten lugar no lago: le Bol d'Or.
NomeEditar
O primeiro rexistro coñecido do nome do lago é Lacus Lemannus, na época do Imperio romano; tornouse Lacus Lausonius, Lacus Losanetes e entón Lac de Lausanne na Idade Media. Coa crecente importancia de Xenebra, tornouse Lac de Genève (lago de Xenebra). No século XVIII, o nome Lac Léman foi revigorado en francés. É usualmente chamado de Lac de Genève en Xenebra e Lac Léman noutros lugares. Algúns mapas denomínano Lac d'Ouchy (do nome do porto localizado próximo de Lausana).
Nota de pronuncia (no Alfabeto fonético internacional) —
- Inglés: Lake Geneva /leɪk dʒə'ni:və/
- Francés: Lac Léman /lak le'mɑ̃/ or Lac de Genève /lak də ʒe'nɛv/
- Alemán: Genfersee /'gɛnfərˌze:/
- Italiano: Lago di Ginevra /'lago di dʒi'nevra/.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Léman |