Década de 1630
Segundo milenio | |||||
Século XVII | |||||
| |||||
|
1630
- Artigo principal: 1630.
América
- 16 de febreiro - Invasión holandesa do Brasil, tomando a cidade de Olinda (no actual estado de Pernambuco).
- 17 de setembro - Fundación da cidade de Boston en Norteamérica.
Europa
- 6 de xullo - O rei sueco Gustavo II Adolfo desembarca con 13 000 homes en Pomerania, para acudir en defensa dos protestante na Guerra dos Corenta Anos.
Arte e cultura
- Velázquez pinta "A fragua de Vulcano" (hoxe no Museo do Prado).
- José de Ribera executa o "Martirio de san Filipe" (antes erradamente identificado como "Martirio de san Bartolomeu"), hoxe tamén no Museo do Prado.
1631
- Artigo principal: 1631.
- 17 de setembro - Primeira batalla de Breitenfeld: Os protestantes, baixo mando do rei sueco Gustavo II Adolfo, vencen o exército católico dirixido polo conde de Tilly.
- Decembro - Erupción do volcán Vesuvio, Italia, que provoca varios miles de mortos.
1632
- Artigo principal: 1632.
América
- Os ingleses colonizan Antiga e Barbuda.
- Fúndase a colonia católica de Maryland baixo o control de Lord Baltimore.
Asia
- Os portugueses son expulsados de Bengala.
Europa
- Cristina de Suecia ascende ao trono, con cinco rexentes liderados por Axel Oxenstierna (até 1654).
- Fúndase a bolsa de Frankfort.
- Fúndase a Universidade de Tartu
- Batalla de Lucena.
Arte e cultura
- Rembrandt pinta a Lección de Anatomía do doutor Tulp (hoxe na Haia).
- Anton van Dyck establécese en Londres e convértese no pintor da corte de Carlos I de Inglaterra.
Ciencia e tecnloxía
- 22 de febreiro - Galileo publica o Diálogo sobre os dous principais Sistemas do Mundo.
1633
- Artigo principal: 1633.
- 22 de xuño, En Italia, baixo ameaza de morte pola herexía de contradicir a Biblia, o astrónomo Galileo Galilei admite ante a Igrexa católica que a Terra non xira arredor do Sol.
1634
- Artigo principal: 1634.
América
- Os holandeses conquistan Curaçao.
Europa
- 1 de marzo, o rei Ladislau IV de Polonia derrota ao exército ruso na Batalla de Smolensk.
- 5 de setembro, vitoria de tropas católicas españolas sobre as protestantes suecas na batalla de Nordlingen.
- En Rusia prohíbese o consumo do tabaco.
Arte e cultura
- Velázquez pinta A rendición de Breda, tamén chamada As Lanzas.
- Richelieu funda a Academia Francesa.
1635
- Artigo principal: 1635.
1636
- Artigo principal: 1636.
- 8 de setembro, Fundación da Universidade Harvard.
1637
- Artigo principal: 1637.
Arte e cultura
- Publicación do Discurso do método de René Descartes.
1638
- Artigo principal: 1638.
- 29 de marzo, Colonos suecos establecen o primeiro asentamento en Delaware, chamándoo Nova Suecia.
- Pedro Teixeira realiza o primeiro ascenso polo río Amazonas, dende a desembocadura ata Quito, Ecuador. O mesmo viaxe en sentido descendente tíñase realizado en 1541.
- Os Países Baixos colonizan Mauricio.
- Primeiro asentamento inglés en Belize.
1639
- Artigo principal: 1639.
América
- 14 de xaneiro, Primeira constitución (orde fundamental) de Connecticut.
- 13 de marzo, A Universidade Harvard recibe o seu nome en honor de John Harvard.
- Descubrimento dunha vía de comunicación fluvial entre o Amazonas e o Orinoco.
- Primeira imprenta en Norteamérica en Cambridge, Massachusetts.
Asia
- Os cosacos chegan ó Pacífico, en Ojotsk.
- O shogun pecha todos os portos do Xapón ao comercio e o contacto co exterior, agás Dashima, porto de Nagasaki (desde 1641).
Europa
- Carlos I de Inglaterra comeza a primeira guerra contra Escocia.
Ciencia e tecnoloxía
- 24 de novembro, Jeremiah Horrocks observa o tránsito de Venus.