Un ou unha Crannog, Crannòg ou Crannóg [1][2][3] (en irlandés: crannóg, plural crannóga; en escocés: crannag) é unha illa artificial feita de pedras, troncos e area.

Reconstrución: crannóg no lago Tay

Téñense creado nas partes orientais das illas británicas desde o período neolítico e foron raramente utilizados até a Idade Media.

Ás veces tamén se construían casas nestas illas artificiais. Raramente, as illas naturais están rodeadas de muros e construídas como "cronnóg": Exemplos son An Dún (Forte Doon) no lago An Dúin" situado no condado de Donegal e o Crannóg no lago Na-Crannagh no condado de Antrim.

Étimo editar

O nome provén do irlandés (crann = tronco de árbore).[4]

Difusión editar

Coñécense varios centos de crannógs (estímase en 3000) en Irlanda, as Hébridas (Colla, Islay, Muileo, Uibhist a Tuath e Tiriodh ) e no continente escocés. Poucos atópanse nas illas Orcadas e Shetland. Un único exemplo, o Llan-Gors Crannóg, atopouse en 1868 en Gales no lago Llangorse, o lago máis alto do sur de Gales no Parque Nacional de Brecon Beacons nas Montañas Negras.

Investigacións editar

 
Escavacións do crannóg de Buiston no ano 1881

Cronoloxía editar

Eilean Dhomhnaill no lago escocés Olabhat na illa escocesa de Uibhist a Tuath (North Uist) é quizais o crannóg máis antigo. A cerámica de Unstan e a datación por radiocarbono proban a súa orixe neolítica entre o 3.650 - 2.500 a. C.

En Escocia o uso dos crannógs remata no século XVII. A illa do Priorato no lago Tay era un castro dun clan, que foi construído sobre os restos do crannóg. A familia Campbell de Glen Orchy construíu unha fortaleza no século XVI, cuxas ruínas aínda permanecen na illa.

Método de construción editar

Nos lagos e pantanos construíase unha illa artificial redonda ou raramente tamén ovalada feita con madeira e pedras, que estaba rodeada de troncos (cuxo diámetro raramente supera os 20 m). As cabanas da illa eran igualmente redondas. Os muros das cabanas consistían en pólas trenzadas, o teito era de feno e había un lugar para o lume (no Moynagh Lough Crannóg e no Lagore Crannóg tamén un lume de ferreiro).

Nalgúns lugares os crannóg tiñan acceso a través de presas de pedra e madeira, que moitas veces estaban por debaixo do nivel da auga para que un estraño non puidese chegar ao illote. Ademais, podíase chegar en barco e varios tiñan ramplas. Atopáronse balsas de tronco en moitos crannógs.

Artesanía editar

Probablemente os crannóg eran obradoiros. En moitos atopáronse carballos, teixos, amieiros, abeleiras e salgueiros, que eran materias primas importantes. Tamén se atoparon artefactos de madeira, como cubos, culleres e chaves, así como madeira decorada e ósos. Noutros illotes a xente producía tecidos ou adornos. No crannóg de Ardakillen, na comarca de Ros Comáin, atopáronse esposas e cadeas.

Exemplos actuais editar

 
Reconstrución de crannóg en Comber.
 
Reconstrución: crannóg en Loch Tay

Os restos dos crannóg pódense atopar até hoxe como illas cubertas de bosque nos lagos. Non poucas veces están ao mesmo tempo xunto con Dun -s ou Rath -s (fortaleza, como no topónimo Rathgar). En Lisleitrim, no condado de Ard Mhacha ), hai crannógs reconstruídos especialmente impresionantes.

Notas editar

  1. O'Sullivan, A. (2000). Crannogs: Lake Dwellings of Ireland. Dublín: Irish Treasure Series. 
  2. Lynn, C. J. (1983). "Some 'early' ring forts and crannogs". Journal of Irish Archaeology 1: 47–58. 
  3. Dixon, Nicholas (2004). The Crannogs of Scotland: An underwater archaeology. Tempus Publishing, Limited. ISBN 0-7524-3151-X. 
  4. Ernest Weekley: An Etymological Dictionary of Modern English, Bd. 1, Courier Dover Publications, 1967, eBook 2013.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Escocia editar

  • Nicholas Dixon: The history of crannog survey and excavation in Scotland In: International Journal of Nautical Archaeology 20,1 (2007) 1–8.

Irlanda editar

  • Christina Fredengren: Lough Gara through time. Archaeology freland 12 (I), 1998 S. 31/3 ISBN 1-869857-56-9
  • Eamonn P. Kelly: Observations on Irish lake-dwellings. In C. Karkov and R. Farrell (eds) Studies in insuLar art and archaeology 1991 S. 81–98. American Early Medieval Studies 1. Cornell
  • Aidan O'Sullivan: Crannogs, Lake-dwellings of early Ireland, Country House, Dublin 2000, ISBN 1-86059-091-8
  • Aidan O’Sullivan: Crannogs in early medieval Ireland, Four Courts, Dublin, 2005, ISBN 1-85182-927-X

Ligazóns externas editar