Corylus

xénero de plantas

Corylus, as abeleiras, son un xénero botánico de árbores caducifolias e grandes arbustos orixinario dos climas temperados do hemisferio norte. O xénero sitúase normalmente entre a familia dos bidueiros, as betuláceas,[1][2][3][4] aínda que algúns botánicos dividen ás abeleiras (cos carpes e xéneros aliados) nunha familia separada, Corylaceae.[5][6]

Flor feminina de abeleira europea (C. avellana).

Descrición editar

Posúen follas simples arredondadas con bordos de serrado duplo. As flores nacen a principios da primavera, antes que as follas e son monoicas, con amentos (candeas) de diferente sexo; os masculinos, de cor amarela pálida e entre 5 a 12 cm de longo, os femininos moi pequenos e practicamente ocultos nos gomos, das que abrollan unicamente os estilos vermellos en número de 1 a 3. O seu froito son noces de 1 a 2,5 cm de longo e 1 a 2 de diámetro, arrodeadas por un invólucro que encerra total ou parcialmente a noz. A forma e estrutura dos invólucros é moi importante para a identificación das diferentes especies de Corylus.

Taxonomía editar

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 998–999. 1753.[7] A especie tipo é: Corylus avellana

Especies editar

Hai entre 14 e 18 especies de abeleiras. A circunscrición de especies en Asia oriental é algo controvertida, con WCSP e Flora of China difierindo en que táxones son aceptados, de xeito que na listaxe a seguir, no que se refire a esta rexión, só se inclúen aqueles táxones aceptados por ambas as dúas fontes.[3][8][9][10] As especies agrúpanse do seguinte xeito:

Existen varios híbridos, e poden ocorrer entre especies en diferentes seccións do xénero, p.e. Corylus × colurnoides (C. avellana × C. colurna). A especie de abeleira máis antiga confirmada é Corylus johnsonii que se atopa coma un fósil nas rochas da idade Ypresiana do Condado de Ferry, en Washington, Estados Unidos.[11]

Usos e cultivo editar

As abelás producidas polo Corylus avellana (abeleira común europea) son as que se consomen amplamente. Este grande arbusto cultívase extensivamente por elas. Tamén se colleitan dalgunhas das demais especies, incluso a corylus máxima.
A abeleira turca Corylus colurna é amplamente cultivada como árbore ornamental en Europa e América do Norte. Esta especie non se adapta ao esterotipo Corylus arbustivos, senón que é unha grande árbore de máis de 35 m de alto cun único toro recto e robusto que pode acadar os 1,5 m de diámetro.

Adáptase ben ás difíciles condicións das espazos urbanos, o que incrementou a súa popularidade durante as últimas décadas.

 
Follas e noz da abeleira turca (Corylus colurna).

A abeleira común é tamén un elemento importante para choer valados e crear "cerrumes vivos", o xeito tradicional de establecer estremas nas leiras na Europa Atlántica dende hai séculos (Galiza, Inglaterra...). Cultivábanse tamén pequenas fragas de abeleiras para obter madeira para construción, e pólas para cestos, e valos agropecuarios. Coas poliñas facíanse varas consideradas máxicas polas meigas e druídas.

Os Corylus son utilizados como fonte alimentaria polas larvas de varias especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas).

Notas editar

  1. Germplasm Resources Information Network: Corylus Arquivado 14 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
  2. Chen, Z.-D. et al. (1999). Phylogeny and evolution of the Betulaceae as inferred from DNA sequences, morphology, and paleobotany. Amer. J. Bot. 86: 1168–1181. Disponible en línea.
  3. 3,0 3,1 Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins ISBN 0-00-220013-9.
  4. Huxley, A., ed. (1992). New RHS Dictionary of Gardening. Macmillan ISBN 0-333-47494-5.
  5. Bean, W. J. (1976). Trees and Shrubs Hardy in the British Isles 8th ed., vol. 1. John Murray ISBN 0-7195-1790-7.
  6. Erdogan, V. & Mehlenbacher, S. A. (2002). Phylogenetic analysis of hazelnut species (Corylus, Corylacae) based on morphology and phenology. Sist. Bot. Dergisi 9: 83–100.
  7. "Corylus". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2 de setembro de 2013. 
  8. WCSP: Corylus[Ligazón morta]
  9. Flora of China: Corylus
  10. Flora of North America: Corylus
  11. Pigg, K.B.; Manchester S.R. & Wehr W.C. (2003). "Corylus, Carpinus, and Palaeocarpinus (Betulaceae) from the Middle Eocene Klondike Mountain and Allenby Formations of Northwestern North America". International Journal of Plant Sciences 164 (5): 807–822. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar