Castanea

xénero de plantas da familia das fagáceas, nativas das rexións temperadas do hemisferio norte

Castanea é un xénero de plantas da familia das fagáceas, nativas das rexións temperadas do hemisferio norte, coñecidas comunmente coma castiñeiros. Os froitos dos castiñeiros son noces comestíbeis coñecidas coma castañas ou bullotes[1]

O castiñeiro común é unha das árbores de maior importancia na economía e historia de Galiza. Os lugares poboados de castiñeiros denomínanse castiñeiras ou castañais. Os soutos son un tipo de formación de castiñeiros para o aproveitamento de leña e froitos típicos de Galiza.

Descrición

editar

As especies de Castanea son árbores de folla caediza, que necesitan certo grao de humidade. Prefire solos silíceos descarbonatados. Son lonxevas, atopándose individuos milenarios, como o castiñeiro de Pumbariños.

Presentan follas alternas co bordo denticulado. Son plantas monoicas: a flor masculina nunha longa candea erecto con periantio soldado pola base e 12 a 8 estames; a flor feminina na base do dicasio masculino. Dicasio feminino completo (3 flores). Ovario trígono unilocular con 7 a 9 estilo. Froito en cúpula con longas espñas, xeralmente con 3 aquenios. A madeira de castiñeiro é de cor amarelenta, de aspecto semellante ao do carballo, porén máis doada de traballar e máis estábel. É un pau de dureza media, elástica, tenaz e flexíbel.

Especies

editar

Os castiñeiros pertencen á mesma familia, que os carballos e as faias, as Fagáceas. Hai catro especies principais, habitualmente coñecidos coma castiñeiros europeos, chineses, xaponeses e americanos[2]:

Cómpre non confundir os castiñeiros co xénero Aesculus, o castiñeiro de bruxas, que non está relacionado con Castanea e se lles chamou así por producir froitos de aparencia semellante mais non comestíbeis. Outra árbore que se adoita confundir co castiñeiro é a especie de carballo: (Quercus prinus) e tamén a faia americana (Fagus grandifolia) pola semellanza das follas.[7]

Galiza

editar

En Galiza só contamos cunha especie considerada autóctona, o castiñeiro común ou europeo; algúns historiadores sinalan a chegada dos castiñeiros a Galiza e, en xeral á Península Ibérica na época do Imperio Romano, os romanos espallaron a especie por todo o seu Imperio. Porén algunhas pescudas realizadas[8] sinalan que xa existía con anterioridade téndose atopado pole e restos de carbón de castiñeiro moi anteriores á conquista romana. Así, podemos considerar o castiñeiro unha especie autóctona de Galiza. O castiñeiro da China e o castiñeiro do Xapón poden atoparse en arboredos e novas plantacións, ás veces hibridados ou coma padróns do castiñeiro común para mellorar producións ou obter individuos resistentes a doenzas fúnxicas coma o chancro ou a tinta.

Enfermidades

editar
  • Micosphaerella maculiformis , fungo ascomiceto que ataca ás follosas en xeral. Causa a antracnose do castiñeiro. Óllanse manchas pardas principalmente nas follas e máis raramente nos pecíolos e os ourizos. Os danos non son graves.
  • Cryphonectria parasitica, o coñecido chancro do castiñeiro, chegou á Península Ibérica nos anos 40. É hoxe en día a doenza máis devastadora que afecta ás castiñeiras de Galiza e Asturias. As follas muchan e marelecen, secando as pólas. Inchazón e formación de fendas lonxitudinais na casca que se torna avermellada; presenza do micelio do fungo por baixo da casca. Para controlar esta enfermidade o método máis estendido é o uso de virus de cepas resistentes, ou a loita química.
  • Phytophthora cambivorae Phytophthora cinnamomi, a tinta do castiñeiro, xéneros de protistas da clase Oomycetes, que destrúen o castañal; é a doenza radicular máis importante que afecta a esta frondosa. Os síntomas da enfermidade son: podremia do sistema radicular, marelecemento das follas, secado da punta das pólas e aborto dos froitos. Ademais as raíces aparecen ennegrecidas se se elimina a casca.
  • Armillaria mellea, fungo basidiomiceto que pode causar podremias radiculares en diferentes especies de leñosas.[9]

Os castiñeiros tamén poden verse afectados por distintos tipos de pestes, principalmente larvas de avelaíñas.

Aproveitamento

editar
Castañas crúas
Valor nutricional por 100 g
Enerxía820 kJ (200 kcal)
44 g
Azucres11 g
1.3 g
1.6 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
0%
1 μg
Tiamina (B1)
13%
0.144 mg
Riboflavina (B2)
1%
0.016 mg
Niacina (B3)
7%
1.102 mg
Vitamina B6
27%
0.352 mg
Ácido fólico (B9)
15%
58 μg
Vitamina B12
0%
0 μg
Vitamina C
48%
40.2 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
19 mg
Ferro
7%
0.94 mg
Magnesio
8%
30 mg
Fósforo
5%
38 mg
Potasio
10%
484 mg
Sodio
0%
2 mg
Cinc
5%
0.49 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga60.21 g
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
 
Toros de castiñeiro prontos para transportar.

Actualmente o principal uso dos castiñeiros é a obtención da súa madeira, moi valorada para fabricar mobles, chans, instrumentos musicais etc. Antigamente empregábase, ademais de para a fabricación de mobles, para trabes e pezas do carro.

Outro dos aproveitamentos destas especies é o froito: tradicionalmente empregouse coma fonte enerxética (especialmente en Galiza até a chegada da pataca) e como alimento para o gado (fundamentalmente porcos). É por iso que aínda nalgunhas zonas de Galiza chamen ás patacas castañas de terra (igual que en francés as patacas reciben o nome de pommes-de-terre, mazás de terra). Tradicionalmente a castaña pode consumirse crúa, aínda que tamén cocida ou asada. O marrón-glacé é un doce de receita francesa que aumenta enormemente o valor enerxético das castañas. En Galiza salientan os magostos coma festas de enxalzamento deste froito.

Recentemente fomentouse o reaproveitamento da castaña mediante a oferta de produtos tradicionais coma a augardente de castaña, a crema de castaña, o pan de castaña etc., con todo nos últimos anos continuou unha tendencia á caída da produción e mais o consumo.

Taxonomía

editar

O xénero foi descrito por Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary ...Abridged...fourth edition 1: vol. 1. 1754.[10]

Etimoloxía

Castanea: nome xenérico que deriva do nome dado en latín ao froito e é probábel que o nome do xénero derive directamente desta palabra.[11] Algúns, porén, avanzan na hipótese de que o nome deriva da cidade grega de Kastania en Tesalia, mais o máis probábel e que a vila tomase o nome da a´rbore e non en troques.[5][12][13]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2013. 
  2. Industry information Arquivado 08 de agosto de 2008 en Wayback Machine. por David McLaren. De The Chestnut Growers Information Book, Chestnut Australia Inc.
  3. Nome vulgar recomendado por Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  4. Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  5. 5,0 5,1 The Grocer's Encyclopedia - Encyclopedia of Foods and Beverages Arquivado 12 de febreiro de 2010 en Archive-It. Por Artemas Ward. Nova York. 1911.
  6. Postharvest Physiology and Pathology of Chestnuts. En Postharvest Handling and Storage of Chestnuts. Por Fabio Mencarelli. Food and Agriculture Organisation United Nations. Novembro de 2001.
  7. Chestnut Tree en chestnuttree.net.
  8. GUILLÉN OTERINO, A.: "Sobre la introducción del castaño en el Mediterráneo occidental" ZEPHYRVS, XXXIV-XXXV, 1982. Págs. 99-102.
  9. http://www.serida.org/publicacionesdetalle.php?id=2208
  10. "Castanea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de febreiro de 2013. 
  11. New RHS Dictionary of Gardening. By A. Huxley ed. 1992. Macmillan ISBN 0-333-47494-5.
  12. Chestnut Tree.
  13. En Nombres Botánicos

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
 
Castañas.