Castiñeiro do Xapón

Especie de castiñeiro asiático
(Redirección desde «Castanea crenata»)
Castiñeiro do Xapón

Inflorescencias femininas.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Subfamilia: Quercoideae
Xénero: Castanea
Especie: C. crenata
Nome binomial
'Castanea crenata'
Siebold & Zucc., 1846

O castiñeiro do Xapón[1] (Castanea crenata), é un castiñeiro (familia Fagaceae) orixinario de Asia. Atopámolo ás veces en Galiza, especialmente na provincia de Lugo, coma padrón do castiñeiro común, moitas veces para evitar doenzas coma a tinta ou o chancro.

Follas.
Candeas masculinas.
Froitos incipientes.
Froitos inmaturos in situ.

Descrición editar

É unha árbore ou arbusto caducifolia que chega aos 15 metros de altura, coa casca parda, fendida lonxitudinalmente e poliñas glabrescentes, castaño-avermelladas, brillantes. O pecíolo das follas mide 0,5-2,5 cm e o limbo é oblongo-lanceolado de 8–19 cm de longo por 3–5 cm de largo. Ditas follas teñen a base arredondada ou cordada e o envés con nervios tomentosos cando novos, o ápice acuminado-agudo e dentes finos e regulares nas marxes crenada-dentadas. As inflorescencias masculinas son amentos (chamados candeas) de 7–20 cm ergueitos no alto da árbore, e as femininas, que están na parte inferior da candea, constan de 3 por cúpula. Os froitos son noces/aquenios de 5–6 cm de diámetro con calibio cuberto de espiños de 1-1,5 cm de longo, con 2-3 (ou sexa o número de flores fecundadas non abortadas), aquenios de 2–3 cm obtusos e arredondados no ápice. Florea en abril-xuño e frutifica en setembro-outubro.[2][3]

Distribución editar

É nativo do Xapón e Corea do Sur; e foi introducido na China nos anos 1910 e onde está amplamente cultivado,[2]; tamén foi introducido en Italia e na Península Ibérica{{#tag:ref|Introducida e cultivada, pola súa resistencia á "Enfermidade da tinta do castiñeiro"[4]] provocada por Phytophthora cinnamomi, aínda que en áreas pouco vastas, desde principios de século XX; polo seu lento crecemento non ten moito interese forestal, aínda que se utiliza con frecuencia como padrón para enxertar Castanea sativa. Atópase espallado polo norte e centro peninsular (Lugo, Soria, Guipúscoa) e os Estados Unidos (na Florida)[5][6]

Árbores senlleiras en Galiza editar

Os castiñeiros do Xapón e algúns castiñeiros da China do Pazo de Lourizán, en Pontevedra, figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.

Taxonomía editar

Castanea crenata foi descrita por Siebold & Zucc. e publicado en Abhandlungen der Mathematisch-Physikalischen Classe der Königlich Bayerischen Akademie der Wissenschaften 4(3): 224. 1846.[7]

Citoloxía

Número de cromosomas de Castanea crenata (Fam. Fagaceae) e táxones infraespecíficos: n=12; 2n=22, 24[3][8]

Etimoloxía
  • Castanea: nome xenérico que deriva do grego χάστανον e despois o latín castănĕa, -ae, nome do castiñeiro común e da castaña (Virxilio, Bucolicas,1, 82), esta última tamén chamada castanea nux (Virgilio, Bucolicas, 2, 52), a noz do castiñeiro.[9] Tamén podería derivar de Castanaea, -ae ou Castana, -ae, cidade de Asia Menor ou, segundo outros, do nome armenio desta árbore.[3]
  • crenata: epíteto latino neolóxico que significa "con amosegas".[10]
Sinonimia
  • Castanea castanea var. pubinervis Sarg.
  • Castanea chinensis Hassk.
  • Castanea japonica Blume
  • Castanea kusakuri (Blume) Koidz.
  • Castanea pubinervis C.K.Schneid.
  • Castanea sativa var. japonica (Blume) Seemen
  • Castanea sativa var. pubinervis (C.K.Schneid.) Makino
  • Castanea stricta Siebold & Zucc.
  • Castanea vulgaris var. elongata A.DC.
  • Castanea vulgaris var. japonica (Blume) A.DC.
  • Castanea vulgaris var. kusakuri (Blume) A.DC.
  • Castanea vulgaris var. subdentata A.DC.[11]

Notas editar

  1. Nome vulgar da especie en galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. 2,0 2,1 Castanea crenata en Flora of China
  3. 3,0 3,1 3,2 "Castanea en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 08 de maio de 2014. 
  4. González Varela G. & González Fernández A.J., Plagas y enfermedades del castaño, Tecnol. Aliment., Nº 5. pp. 37-42, 2008
  5. "Castanea crenata en USDA-GRIN Taxonomy for Plants". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 08 de maio de 2014. 
  6. Castanea crenata en USDA-NRCS-Plant Database
  7. "Castiñeiro do Xapón". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de febreiro de 2013. 
  8. Un híbrido espontáneo de Castanea crenata Sieb. Zucc. (var. sibakuri) e C. sativa Miller (var. longal). Leao Ferreira de Almeida J., Agron. Lusit., 9(4), p. 265-275, 1947
  9. Gaffiot F., Dictionnaire Latin-Français, p. 271, Hachette, Paris, 1934
  10. En Epítetos Botánicos
  11. Castiñeiro do Xapón en PlantList

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar