Cúpula (botánica)
estrutura dos vexetais
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cúpula (homónimos).
En botánica, o termo cúpula pode referirse a:[1]
- Na familia das fagáceas, produción de orixe axial, acrecida durante o desenvolvemento do froito ou da infrutescencia e que os envolve en maior ou menor grao; acompaña aos aquenios propios dos seus representantes. Tamén se chama calibio.
- Intumescencia seminífera dos teixos (Taxus baccata).
- Envoltura que se acha en torno ao macrosporanxio das Pteridospermatophyta.
Notas
editar- ↑ Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3, p. 295.