Conversa usuario:Xosé/Arquivo2

Música galega editar

Polo que parece o debate sobre a categoría Música seguirá aberto moito tempo, vai ser mellor seguir clasificando artigos na categoría Música galega. Se no futuro hai que cambiar algo xa se fará. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:53, 13 outubro 2006 (UTC)

Citas de Winston Churchill editar

Xa está activa a importación entre os wikis galegos, tes que ir a q:Special:Import. Unha vez no formulario indicas o wiki, por omisión está a Galipedia, logo a páxina Citas de Winston Churchill. Deixas marcado Copy all history versions for this page e xa podes importar. O seguinte paso é mover a páxina ao destino final. Como neste caso xa existe tes que aceptar que borre a páxina, logo vas ao historial da páxina e aparece un enlace ás revisións borradas, premes nel e restauras. Por último recuperas no historial a última versión válida. Unha vez que estea feito, por favor avísame para que borre na Galipedia a páxina orixinal. Por certo teremos que crear un marcador e unha categoría para mover a Galicitas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:25, 16 outubro 2006 (UTC)

Polo que vexo o historial si que está completo (as veces non se mostra durante un breve período de tempo). A versión que tes que recuperar agora é http://gl.wikiquote.org/w/index.php?title=Winston_Churchill&oldid=6576 , telo que facer de xeito manual porque desfacer non funciona cando as edicións corresponden ó mesmo usuario (tanto a última coma esa son túas). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:50, 16 outubro 2006 (UTC)

Obrigado editar

Obrigado polo apoio ao artigo sobre Penabade.

Río Rhin editar

Semella que debe haber unha confusión con Río Rin porque xa existe a páxina Río Rhin. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:07, 26 outubro 2006 (UTC)

Requeixo, Chantada editar

Coincidiu que estabamos editando á vez nese artigo. Gardei por riba da túa versión porque fixen algunhas correccións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:37, 27 outubro 2006 (UTC)

Xa están creados os modelos para as capturas de pantalla e agora a imaxe xa pode marcarse definitivamente. En Wikipedia:Política_de_uso_de_imaxes#Logos_Wikimedia hai unha explicación do tema e como evitar a presenza dos logos. Tamén podes atopar en Wikipedia:Política_de_uso_de_imaxes#Capturas_de_pantalla as instrucións sobre que elementos hai que ter en conta nas capturas. Unha solución para convertir a imaxe nunha imaxe libre é facer a captura sen o logo do canto superior esquerdo (e ocultar o logo de Commons que está no contido do artigo), nese caso podería cambiarse o marcador {{CopyrightWikimedia}} por {{Wikipedia-CapturaPantalla}}. Un apunte máis, na caixa de información da imaxe hai que indicar as licenzas do contido. Neste caso as dúas imaxes que se ven Image:Ratzinger Szczepanow 2003 9.JPG e Image:Coabxvi.png teñen licenzas Creative Commons ou duais. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:56, 5 novembro 2006 (UTC)

Revisada, agora contén toda a información e os marcadores precisos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:33, 6 novembro 2006 (UTC)

Grazas por continuares coa corrección do artigo. Non me explico cómo non me decatei de "cortiña" (hiperenxebrismo flagrante) entre outras cousas, cando fixen a miña corrección. Na túa corrección observei un erro e procedín a corrixilo, é "caeu", non "caiu". Indícocho só por non andarmos a corrixir continuamente un por riba do outro. Saúdos --Lmbuga Commons - Galipedia 00:00, 10 novembro 2006 (UTC)

Desculpa que non me puxese en contacto contigo antes ou despois de facer o que fixen. Explícoche os motivos do que fixen.

O artigo, tal como estaba, distaba moito de ser un artigo enciclopédico (Wikipedia:Eliminación rápida: Artigos moi curtos fóra de contexto) e non suxería que se puidese dar no futuro esa condición.

É certo que todos desexamos que a Galipedia teña milleiros de artigos, pero creo que poucos admitimos que teñan a calidade, dimensión e futuro desa páxina.

Por outra banda, o artigo -polas súas dimensións e características- incita a que se fagan artigos de tódalas rúas de Galicia, cousa que sería inaceptable.

Se a rúa é realmente significativa, agradézoche que compoñas un artigo extenso. Non facelo así é un precedente perigoso. Hai rúas das que se podería -tendo a información adecuada- facer tal cousa, ¿e esa unha?, ¿te-la información?, ¿pensabas continuar desenvolvendo o artigo?

Dado que fixeches ti a páxina, procurei unha solución, a incorporación do texto a outra que -pensei- podía acollelo. Confundinme nisto (xa o solucionaches ti, polo que vexo), mais entendo que non me confundín na eliminación do artigo. Non procede facer un artigo por cada unha das rúas que hai en Galicia. Espero que me entendas.

Creo firmemente que non debo recuperar tal artigo, dado o contido que tiña. Iso non quere dicir que ti non o volvas crear, mais con contido enciclopédico. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:24, 13 novembro 2006 (UTC)

  • Evidentemente, os barrios das cidades poden ter máis doadamente cabida, especialmente, cando, coma ese -polo que dis-, teñen singularidade e, probablemente, historia.
Eu non son da Coruña e o meu coñecemento é limitado, non podo determinar se o nome do barrio "O Orzán" é correcto ou non. Fixen algunha comprobación e vin que Orzán é un barrio (o distrito de Pescadería está constituído polos barrios Monte Alto, Orzán, Riazor, Ensanche, Agra do Orzán, Labañou, Nostián,...), o que non sei é se é Orzán ou O Orzán. Polo que vin en internet, asemella que o uso habitual é co artigo.
Sobre o nome da páxina (salvando que haxa ou non artigo antes da denominación do barrio) creo que debería seguir o esquema das páxinas das vilas e lugares: Barrio de/do Orzán, A Coruña ou (O) Orzán, A Coruña. Non teño claro cal sería mellor. Quizais a primeira para non confundi-lo barrio cunha localidade, non o teño claro. Mirarei de comentar a cuestión. ¿Que che parece a ti?--Lmbuga Commons - Galipedia 16:18, 14 novembro 2006 (UTC)
  • Desculpa que non che indicase a fonte dos datos que obtiven. Dado que te vexo tan convencido de que os datos que che suxerín son incorrectos cando a fonte dos mesmos é o Boletín Oficial da Provincia, entendo que debe de haber algunha controversia nese tema. Así a todo, a Galipedia non pode nin debe ser unha fonte primaria (Wikipedia:Verificabilidade) polo que me gustaría saber se hai algunha outra fonte á que nos poidamos referir e en que poidas fundar a túa disensión.

Polo que respecta ó tema do nome, coincido contigo e co que propós; para non confundilo coas parroquias é mellor o de Barrio de X, Cidade. Non creo que sexa necesaria unha discusión que, por outra banda, se fose precisa, poderíase facer a posteriori. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:12, 14 novembro 2006 (UTC)

Grazas pola túa colaboración, vexo excelentes as apreciacións que realizaches, inda que quizais non comprenda moi ben que o concepto de meta (entendido como remate dunha carreira) poida ser merecente dun artigo enciclopédico, mais non me parei a mirar se tal entrada existía noutras wikipedias --Lmbuga Commons - Galipedia 01:49, 28 novembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Xosé. Como xa sabes, a Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos. Este feito posibilítanos ollar con perspectiva a evolución do wiki e decatarnos de que estamos nunha etapa crucial no desenvolvemento do proxecto galego e da comunidade de usuarios da Galipedia. É o momento de celebrarmos que o esforzo realizado por múltiplos e heteroxéneos usuarios está a dar un froito que cando se iniciou o proxecto semellaba utópico e que nos permite albiscar un futuro inda mellor.

Como celebración do éxito que supón acadar esa cifra, inconcibible sen a colaboración daqueles compañeiros que, coma ti, están fortemente implicados no proxecto, están á túa disposición os seguintes novos espazos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando o teu parecer en Wikipedia talk:20.000 artigos. Grazas pola túa colaboración e a túa compañía --Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:23, 6 decembro 2006 (UTC)

Bloqueos editar

Os bloqueos de IPs varian en función do que teñen feito antes e do tipo de IPs. Hai IPs que non bloqueamos porque debido ás técnicas que utilizan non resulta efectivo bloquealos, mentres que noutros si se debe bloquear. Este mesmo IP xa foi bloqueado noutras ocasións, antes de bloquear foi comprobado o IP e coñecese a súa orixe. Así mesmo, as novas versións de MediaWiki dispoñen de instrumentos para tratar cos enderezos IP, quere dicir que non hai un único tipo de bloqueo para IPs. Como regra xeral bloquear os IPs por un só día deixa o wiki vulnerabel, por iso comprobamos cada IP e aplicamos un bloqueo en función dos danos que produce. --Moderador 14:49, 11 decembro 2006 (UTC)

Modifiquei o bloqueo á baixa. Pero non podo reducilo máis. --Moderador 15:16, 11 decembro 2006 (UTC)

A categoría Arte e das que depende da aprobación, ata agora non se chegou á conclusión de que deba separarse de Arte e Cultura. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:22, 12 decembro 2006 (UTC)

  • O das personalidades da política está semi-pechado, Arte e Cultura está case completo excepto algúns detalles. A que ten máis problemas e semella que non hai solución á vista é Música porque as propostas son contarditorias. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:34, 12 decembro 2006 (UTC)
Podes conectar un momento. Grazas. --Prevert(talk) 22:39, 13 decembro 2006 (UTC)


amoxicilina-é vostede ben rápido, anque no me deu tempo a rematalo!--Kryser 21:17, 27 decembro 2006 (UTC)

  • Lingua lituana: feito. --Prevert(talk) 13:54, 28 decembro 2006 (UTC)

Amoxicilina- Non non, unha amiga miña colleu unha cistite, e aínda non sabe porque é, estanlle a facer o cultivo. En fín, esta condenada ecoli...--Kryser 02:16, 29 decembro 2006 (UTC)

Vin o aviso que deixaches nun resumo sobre o spam. Ás veces esas mensaxes pasan desapercibidas, noutra ocasión se podes pono na listaxe de Wikipedia:Taboleiro dos administradores. Aínda que levamos moito tempo xuntos neste wiki, aproveito a ocasión para agradecerche o traballo que estás facendo para que este proxecto se consolide e mellore o nivel de calidade continuamente. Neste ano que comeza espero que entre todos sexamos capaces de duplicar novamente o tamaño da Galipedia pero sobre todo duplicar a calidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:36, 31 decembro 2006 (UTC)

  • Ola Xosé, carguei un novo escudo de Carnota, suprindo un que había posto (que máis ben me pareceu dunha asociación, máis que dun concello), votalle unha ollada e dime se o é. Un saúdo.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:45, 1 xaneiro 2007 (UTC)

Imaxe da Semana editar

Grazas polo aviso. Corrixido. --Lmbuga Commons - Galipedia 18:18, 2 xaneiro 2007 (UTC)

Lembras porque marcaches Fernando Arrabal como copyvio? Grazas. --Prevert(talk) 20:00, 17 xaneiro 2007 (UTC)

Só e exclusivamente pola cita? No resto do artigo atopaches algún indicio de que fora copiado? --Prevert(talk) 21:04, 17 xaneiro 2007 (UTC)
Non vin que o artigo estaba marcado ata agora que actualicei o modelo copyvio. Nun sentido estrito a cita non é unha violación do copyright, pode ser máis unha cuestión de matices (se a cita debe estar presente ou non, mesmo a extensión da cita para que sexa unha mera referencia, ou se é conveniente ter ese tipo de citas nos artigos). Polo que vin nos artigos doutras Wikipedias (os que comprobei) inclúen a cita, pero en xeral –nunha ollada rápida– semellan de escasa calidade. Vou cambiar o marcador copyvio por atención, sinalando que o artigo debe ser editado seguindo os estándares da Wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:37, 17 xaneiro 2007 (UTC)

En progreso editar

Grazas por botar unha man coas categorías en progreso. Xa fixen un repaso de todos os artigos e os que quedan son os que non sabía onde meter. Teño algunha categoría máis por crear, pero se ves algunha que falta adiante. Un saúdo. Beninho 13:20, 20 xaneiro 2007 (UTC)

boas noites editar

Hola Xosé. Muy buena pregunta la tuya. Resulta que usé el traductor de esta web. Si dices que está perfecto me alegro porque no sabía si este traductor era de fiar. Pero visto lo visto parece muy bueno. Hice lo mismo con mi página de usuario en la Wikipedia en catalán. Con la Wikipedia en inglés me lo curré un poco más y lo escribí yo mismo jeje. Saludos. Miguel303xm 00:14, 26 xaneiro 2007 (UTC)

Commons POTY identity confirmation editar

I confirm I am the same user as commons:User:Xosé - --Xosé (✉) 14:23, 1 febreiro 2007 (UTC)

Ok. Revisareinas pero non podo agora mesmo, sigo co problema que che comentei. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:05, 3 febreiro 2007 (UTC)


Ola, segundo o historial do artigo Pirámide de Zoser, es o autor do seguinte parágrafo:

A continuación, e tras outra porta falsa, hai un patio amplo con dúas construcións enigmáticas que talvez representan as fronteiras norte e sul do reito entre as que o faraón debía realizar a carreira simbólica durante a cerimonia Sed.

Non sei o que quere dicir reito, non o atopo nin nos dicionarios galegos nin portugueses; pode ser unha errata por treito? paréceme pero non podo aseguralo, grazas.--Margoz 20:59, 4 febreiro 2007 (UTC)


Ola, non sei a quen consultar, no artigo río Sarria hai gran cantidade de opinión persoal e valoracións do autor do artigo, podo borralas, ou ben debo acudir a un administrador?, grazas--Margoz 19:34, 5 febreiro 2007 (UTC)

Grazas pola resposta, xa eliminei on que desde o meu punto de vista non era enciclopédico.--Margoz 20:41, 5 febreiro 2007 (UTC)

Uso de referencias a outros idiomas editar

intentei atopalo, pero non o conseguín. ¿Que significa isto ao final dun artigo? vexo que neste artigo aparecen como links, pero forman parte do corpo do artigo orixinal sobre Rosalía de Castro, e aí só os vexo cando entro en edición, pero non cando visualizo o artigo...


be:Расалія дэ Кастра ca:Rosalía de Castro de:Rosalía de Castro en:Rosalía de Castro es:Rosalía de Castro eu:Rosalia de Castro fr:Rosalía de Castro nn:Rosalía de Castro pl:Rosalía de Castro pt:Rosalia de Castro

Seguro que é unha pregunta moi elemental.

Grazas por adiantado

¿Cal é o xeito mais apropiado para incluir unha aldea, relacionada con Parroquia e Concello? editar

Estimado Xosé,

Quería incluir en Galipedia unha aldea (lugar) que se chama Amoroce. Esta forma parte da parroquia de Amoroce, Celanova, que pertence ao lugar (Concello) de Celanova. As parroquias de Celanova póodense atopar aquí: Lugares de Celanova, perfectamente agrupadas, pero non os lugares que pertencen a cada parroquia.

¿Cal sería o xeito adecuado de crear, xerarquizar e relacionar estas aldeas (lugares)?

¿Tal vez creando o término "Parroquia Amoroce (Santiago), e incluindo nela as aldeas que a conforman, que son trece, (Amoroce, Barreiros, Carballeira, Casal, Casbasco, Casiña, Goterre, A Granxa, Mociños, Outeiro, Quintairos, Rial y Sampli), e crear o artigo Amoroce despois?

E dicir, quería relacionar ben os térmos galegos Concello - Parroquias - Aldeas. Por favor, disculpa si esta é unha pregunta moi elemental.

Agradezo moito a túa axuda.

--Armonía Universal 23:18, 18 febreiro 2007 (UTC)

Penso que teño unha solución: Si vemos Lugares de Baiona, temos 5 apartados, correspondentes ás 5 parroquias que o conforman, cada unha cos lugares que a integran. Pero si vemos Lugares de Celanova vemos o listado das parroquias de celanova, pero non está creado o listado de lugares por parroquia. Cada lugar en Baiona corresponde a

Lugares da parroquia da Ramallosa no concello de Nigrán (Pontevedra)

A Area | As Barreiras | O Barrio de Pías | A Cabreira | Camesella | O Carballal | A Carrasca | Os Cotros | O Cruceiro | A Foz | A Golada | A Igrexa | Mallón | O Monte Lourido | A Pereira | A Praia América | A Ramallosa | Rans | A Romana | San Pedro | O Souto | As Tomadas | Vilariño de Abaixo | Vilariño de Arriba | O Viso | A Xesteira | A Xunqueira

(leva "Lp" antes do nome da parroquia. ¿Cómo se crean esas listas de lugares?

--Armonía Universal 19:32, 19 febreiro 2007 (UTC)

Polo de agora, creei a Parroquia de Amoroce (Santiago) e o lugar de Amoroce . Penso que están ben relacionados entre sí, pero estaría ben ter a opción de crear o termo "Lugares da Parroquia de Amoroce, Celanova, Ourense". Un saúdo e grazas por o tempo que che estou facendo perder. --Armonía Universal 20:31, 19 febreiro 2007 (UTC)

Hola Xosé. Como bien digo en mi página de usuario, no se escribir ni hablar nada en gallego, aunque me parece una lengua muy interesante y atractiva porque me recuerda mucho a lo poquísimo que he leido de castellano antiguo. Todo lo que he escrito en esta Wikipedia ha sido gracias a un traductor que encontré en Google que, creo, que está bastante bien. El artículo de Getafe, la ciudad donde vivo, lo "escribí" usando este traductor. Cuando tenga tiempo traduciré los artículos de arquitectura y montañismo que he escrito en la Wikipedia en español. Saludos y boa noite! Miguel303xm 22:40, 4 marzo 2007 (UTC)

Saúdos. Marquei estas templates para borrar xa que non se empregan en ningún artigo nin en ningún outro template. Coma apareces ti como o único editor no historial dos mesmos prefiro avisarte disto, xa que no caso de que teñas pensado empregalas nun futuro habería que borrarlles os marcadores de lixo que lles puxen. Se é este o caso perdoa polas molestias. Un saúdo. --BaNjO talk 17:11, 6 marzo 2007 (UTC)

Homónimos editar

Pois serei moi torpe, Xosé, pero en Wikipedia:Homónimos, onde xa estiven antes de face-la pregunta, non explica como se fai. Polo menos non o explica de forma asequible a quen, coma min, non sabe facelo. Supoño que haberá que abrir unha páxina en branco, pero ¿como? A miña ironía sobre a "axuda" que proporciona a axuda de wikipedia non é só por ela: é estensible a tódalas axudas de tódolos programas informáticos. Claros e útiles ... para quen coñece o manexo.

Saúdos. Pedro --Lameiro 00:08, 7 marzo 2007 (UTC)

Wikificar Identificación biométrica editar

Hola,

Estiven engadindo ligazóns internas ao artigo identificación biométrica, a raiz da túa suxerencia. Quitei o marcador, porque acho que agora xa ten as ligazóns que debe ter.

Saudos Miguel.lima 12:33, 11 marzo 2007 (UTC)


Como poñer a palabriña editar

Olá outra vez Xosé, non consigo entender como poñer a palabriña na miña sinatura. Tentei de facelo de varios xeitos pero non o consigo. Cando remato de escribir a mensaxe, eu premo no botón de asinar (--Calrosfking 18:34, 12 marzo 2007 (UTC)), pero non sei como podo facer a conexión (talk, falar) que supoño que quedara fixa unha vez que se constrúe. Sen dúbida algo non pillo no proceso.--Calrosfking 18:34, 12 marzo 2007 (UTC)

Dear Xosé, is the o in "ollo" pronounced /ɔ/ (as in home) or /o/ (as in bonito)? And what about the o in "ollos"? (http://af.wiktionary.org/wiki/ollo). Thanx http://af.wiktionary.org/wiki/Gebruiker:Manie --84.114.144.54 22:20, 25 marzo 2007 (UTC)

Ola, como vai todo?

Vin que no artigo Oestrimnios puxeras a etiqueta de Atención. Engadín algún dato e categoría. Este pobo forma parte dunhas teorías (da xeración Nos e posteriores) xa abandonadas na actualidade pero que forman parte da nosa historia e teñen base documental histórica en Avieno. Non sei se hai algún motivo mais para manterlle a condición polo que cho pregunto a tí que lla puxeches. Tamén vin no historial que algún editor decía que non eran africanos pero Cuevillas (fonte fundamental para o tema na nosa historiografía) así os califica, pero é outro tema. Graciñas e saúdos. --Lansbricae 16:06, 27 marzo 2007 (UTC).

Grazas pola celeridade, e de novo parabéns polo teu traballo (xa semella unha costume). Saúdos. --Lansbricae 16:45, 27 marzo 2007 (UTC)

Resposta enviada. --Prevert(talk) 12:41, 2 abril 2007 (UTC)

Ola de novo,

Estiven engadindo datos a este artigo e no canto dos feitos de Catalina as dúas fontes que consultei falan de Catalina de San Tirso e non de Andrade. Unha das fontes é un pequeno libriño editado pola Voz de Galicia da serie Galicia en Guías 2005 e unhas fotocopias dun libro que creo editou a Deputación de Lugo pero que non podo reseñar. Ambos coinciden polo que modifiquei os datos, xa que a mais aportan o nome do pai da moza. por eso pícame a curiosidade da túa fonte. Si estivera trabucado sempre se podería modificar non si? Grazas e unha aperta. --Lansbricae 19:02, 2 abril 2007 (UTC)

Esta web [1] ven darche mais razón polo que vou cambiar os datos de novo poñendo entre parénteses o de San Tirso e deixando o do pai e tratarei de averiguar a fonte da lenda. Desculpas polo atrevemento pero a miña fonte parecía mais completa. Pode que se trate dunha muller da casa dos Andrade co apelido San Tirso pero de momento o mais fiable e renomear a subseción que creei, paréceche? --Lansbricae 19:22, 2 abril 2007 (UTC)

E nesta desfaise a lóxica porque nesa época aínda non existía casa dos Andrade [2], un lío. Desfarei e porei como principal Catalina de Andrade (ou San Tirso) co teu consentemento previo.

Na primeira páxina que te mandei sitúa históricamente a lenda na IX xeneración falando de Catalina de Santirso ou Santiso e Vasco das Seixas polo que non mudarei o cambio. Eu tamén teño algunha desas guía de Everest (unha de Celanova) que usarei ca debida dilixencia. Un afectuoso saúdo. --Lansbricae 20:07, 2 abril 2007 (UTC)

taxonomía editar

Boas Xosé. Paréceme coherente utilizar esa caixa para a taxonomía dos seres vivos pero non sabía como facelo. E sigo sen telo claro porque ó utiliza-lo modelo que me dis, o resultado non é o esperado. Ou fago algo mal ou faltan taxóns nese modelo.

Outro problema é que non teño imaxes para a lagosta (pero teño posibilidade de fotografalas cando queira). Máis difícil será coas lagostas foráneas. A única imaxe que atopo en Commons é unha lagosta xaponesa, e a verdade, non me parece serio utilizala para a nosa.

Aí che vai o resultado da miña proba:


Lagosta común
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda von Siebold, 1845
Subfilo: Mandibulata Snodgrass, 1938
superclase: Crustacea Pennant, 1777
Clase: Malacostraca Latreille, 1806
Superorde: Eucarida Calman, 1904
Orde: Decapoda Latreille, 1803
Suborde: Macrura Reptantia Bouvier, 1917
Familia: Palinuridae Latreille, 1803
Xénero: Palinurus Weber, 1795
Nome científico
''Palinurus elephas (Fabricius, 1787)
  Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


Espero que poidas ver cómo queda. Está o problema dos taxóns extras (superclase, superorde, suborde), o problema dos autores (que quedan enlazados ó nome do taxón) e as cursivas de xénero.

Xa me dirás qué hai que facer.

PD. Teño unha captura de pantalla da web de telecinco na que ilustran unha noticia dunha praga de lagosta (insecto) no 2004 cunha fotografía da nosa lagosta (crustáceo). Como anécdota sería bonito metela neste artigo pero ¿podemos ter problemas de dereitos e esas historias?.

Saúdos. Pedro --Pedro 14:25, 6 abril 2007 (UTC)

caixa de taxonomía editar

Boas, Xosé. Acabo de subir un novo artigo sobre o lumbrigante. No cadro de taxonomías escribo a imaxe que quero poñer: Langosta-rafax.JPG, pero non sae. Probablemente algunha barra ou algún outro detalle, pero necesito que mo mires, que o corrixas e me digas cómo facelo. Perdoa a tabarra. Un saúdo, Pedro --Pedro 23:57, 6 abril 2007 (UTC)

¿Puedo saber por qué... editar

... has revertido mi contribución al artículo de desambiguación de Macedonia? Simplemente me dediqué a retirar la falsa propaganda de la ARYM (Antigua República Yugoslava de Macedonia). Soy Macedonia, de la única Macedonia que hay, la griega. Si tiene alguna duda de mis contribuciones, pásese por la wiki en español, donde soy bastante conocida... Así que le ruego, por favor, que no deshaga mis contribuciones como si de vandalismo se tratasen: he venido aquí a corregir las categorías de Alejandro Magno y Macedonia --Bucephala 15:16, 7 abril 2007 (UTC) PD: Contésteme a la Wiki en español, en mi página de usuario hay un link directo

Gracias por haberme contestado, Xosé, y perdona el tono de antes. Como no tienes por qué saberlo, te explico. Soy originaria de Macedonia e historiadora antigua. Como sabrás, Grecia y la ARYM están en continua disputa porque cuando ésta última se independizó de Yugoslavia, adoptó el nombre de Macedonia. Desde ahí, mucha gente confunde la región griega de Macedonia (que también es la histórica) con el país eslavo, pese a que no tienen nada que ver, ni siquiera tienen lazos históricos. Los territorios que Filipo II conquistó que ahora son de la ARYM no eran de origen étnico macedonio, sino ilirio y tracio. Es verdad que la región histórica de Macedonia se repartió entre Grecia, ARYM y Bulgaria tras la guerra de los Balcanes, pero los porcentajes están muy mal. Según su artículo, se sugiere que sólo la mitad de la antigua Macedonia era griega. Esto es falso, sólo haría falta mirar cualquier mapa para comprobarlo. Por ello, la ONU dio la razón a Grecia, cambiando el nombre de Macedonia por República de Macedonia o Antigua República Yugoslava de Macedonia. Pues bien, en su artículo, Macedonia aparece como el país eslavo y no como la región griega, haciendo caso a la propaganda política de la ARYM. Verá que en todas las Wikis el país eslavo aparece como República de Macedonia. No quiero sonar pesada, pero compréndame. ¿Qué pasaría si los portugueses, que un día formaron parte de España, adoptaran vuestro nombre y os robaran vuestra historia? ¿Qué pasaría si intentaras corregirlo y te trataran de vándala (vuestro moderador ha protegido la página, a pesar de que en el menú de edición di las explicaciones pertinentes). No creo que el idioma sea un problema, sois españoles y sabéis castellano. No he puesto nada en español, sólo he borrado algo que estaba mal, no algo que a mí me pareciera que estaba mal. Dígame que le parece ahora. De todas formas, he denunciado estos hechos en la wikipedia (lo que hizo el moderador, no ud., entiendo que ud. cumple con su labor de Wikipedista, pero un moderador habría de molestarse primero en ver quién soy y en si tengo razón). Un saludo y espero su respuesta --Bucephala 16:43, 7 abril 2007 (UTC)

Re: Estremés famoso sobre da pesca no río Miño editar

Por min non hai problema en pasar o que hai sobre A Contenda no artigo da literatura dos Séculos Escuros de Prerrexurdimento para o artigo dedicado a esta obra. Mais, o que podemos facer, é deixar o artigo da literatura dos Séculos Escuros tal e como está e, á parte, ampliar o anterior, porque eu o que fixen neste foi xa un resumo. De todas as maneiras, interesaríame coñecer a túa opinión e gustaríame que me respondeses. Un saúdo--Xohán Baldomir 19:17, 7 abril 2007 (UTC)

  • Vale. Cando teña un minutiño, non teño incoveniente en modificar o que se refire a A Contenda no artigo da literatura dos Séculos Escuros e Prerrexurdimento. Un saúdo--Xohán Baldomir 15:23, 8 abril 2007 (UTC)

Galiza- Galicia editar

Ola, vin que xa cambiaches os meus erros a hora de crear as categorias, grciñas e desculpas.

Tamén vin que está a haber a creación de artigos con Galiza e categorías con Galiza. Creo ter lido que nos títulos de artigos e supoño que tamén no das categorías se debe usar sempre Galicia. Non é así?, e despois no artigo xa é a discreción do editor. Incluso vin a duplicidade dos artigos Galiza e Galicia. ¿como o ves? Deberían cambiarse. Por último xa fixen a fusión de dous artigos de Simón Rodríguez e Simón Rodriguez, deixando o segundo valeiro. Para a fusión creo que o ten que facer un administrador para incluir ambos historiais, pedinllo a Lmbuga que llo psaou a Prevert, e agora dígocho a ti para ver si se pode adiantar traballo e porque non sei cal é o título correcto con til ou sen til o Rodriguez. Espero non molestarte moito e de novo grazas e un saúdo. --Lansbricae 21:43, 15 abril 2007 (UTC)

Resposta editar

Eu cando os marco como artigo principal e non corresponden co nome exacto da categoría fago un artigo co mesmo nome e redirecionoo, era o que tiña feito pero como non lle puxen as maiúsculas e por iso refareino (Está feito en Galicia Prehistórica (artigo) e (Prehistoria de Galicia), e no caso concreto que me falas gústame mais así o nome do artigo como está. Estou dacordo co cambio non só en Idade Media senón tamén nas outras xa que para mín son nomes propios de periodos e así estaban tamén na periodización de Historia, e a mais por homoxeneizar. Grazas e un saúdo. --Lansbricae 22:27, 15 abril 2007 (UTC)

Galiza- Galicia de novo editar

Ola de novo,

Creouse unha categoría co nome Reis de Galiza, poderíase correxir co teu bot? (xa falei co editor e non sabía do consenso pero está de acordo en cambialo.

Outra cousa, relendo o comentario que me fixeras con relación a Galicia na Idade Moderna ou Idade Moderna de Galicia, entendinte que só te referías a manter o nome do artigo pero si o que querías decir era cambiar tamén as categorías por min non hai problema. O único problema que lle vería sería que tendemos a entender os periodos como comúns a todas as rexións e iso non é así, por exemplo a historia de Galicia comeza coa chegada dos romanos xa que antes non existen referencias escritas na nosa terra, o mesmo ocorre cas idade do bronce, ferro... Non sei se me explico, non todos os pobos evolucionamos a un tempo. Estos problemas e o feito de non ser un académico da historia, só e unha das miñas aficións (a maior tal vez) son as que me levaron a parar de categorizar os artigos de historia de Galicia xa que nun principio tratei de seguir o template que estaba creado pero que me xera moitas dúbidas (Reino Suevo metino en Gallaecia xa que seguíu funcionando como entidade ata os visigodos ou a Cultura Castrexa (VII a.c. a II ou III d.c.) que polo que eu sei está a cabalo entre a prehistoria e a romanización ou que incluso algúns autores defenden que non se pode falar estrictamente de Cultura castrexa ata a chegada do influxo romanizador e mais....) En fin, comecei aclarándoa para que me servira de base para continuar cos artigos do patrimonio e metinme nun berenxenal superior aos meus coñecementos. Non te molesto mais. Grazas polo teu tempo e un afectuoso saúdo. --Lansbricae 22:03, 18 abril 2007 (UTC)

Resposta Si, non sei en que lugar da wiki lín ou entendín que os nomes dos artigo sempre se usara o topónimo Galicia e non Galiza, e polo tanto para mais os de Categoría, que seguen todos o "concordado". User:Emilio juanatey que foi o que a creou non pon inconvinte e eu creo (xa que non atopo onde o puña) que debería ser así polo tema de homoxeneizar. Unha aperta --Lansbricae 22:19, 18 abril 2007 (UTC) Grazas polos cambios. Saúdos.Lansbricae (Ti dirás) 15:36, 19 abril 2007 (UTC)

RE:Tradución da semana en Meta-Wiki editar

Gracias por facelo, eu preferín non facelo porque é un marcador que realmnte non se vai utilizar en moitos artigos, pero se o vez conveniente, por mí que non sexa. Un saúdo!--Fryant 17:20, 19 abril 2007 (UTC)

Me has añadido el siguiente comentario a este artículo:

"Este artigo é redacción dun único individuo e non conta con nengunha outra mención concreta. A bibliografia citada fai referéncia a outras teorias conspirativas sen realción. O autor tivo dificultades para publicar isto noutras wikipedias"

1º No soy un "individuo", sino una "persona", un "editor" o un "colaborador", como prefieras. Así que empieza a aprender a tener algo de educación.
2º Por supuesto que, la primera redacción está redactada por "un único individuo" (no vamos a estar dos personas introduciendo el texto a la vez). Las primeras redacciones las hace siempre "un único individuo". Y el artículo está abierto a todos los añadidos, modificaciones y mejoras que quieran otros editores.
3º La bibliografía citada hace referencia a ésta y, además, a otras teorías conspirativas que se pretenden interrelacionar (es evidente que no te has leído todos estos libros. Primero léelos y luego di lo que quieras). Todos estos libros hablan básicamente de la teoría de que existe una especie de "orden negra" que se presenta al mundo con varias caras (el CFR -Council for Foreign Research- el Club Bilderberg, la Comisión Trilateral, algunas obediencias masónicas y unos, posiblemente existentes, neoilluminati -no confundir con los illuminati luciferinos) y de que, poco a poco pretenden ir dominando el mundo. Una de las facetas de este dominio mundial es el dominio y control electrónico-informático de la sociedad, y con ella, de la banca, pero sólo es una de sus facetas. También está el conseguir el desprestigio de la Iglesia Católica, el control de los medios de comunicación, el aumento mundial del consumismo, la globalización despiadada todo ello para lograr un "Nuevo Orden Mundial".

El debate está ahí, en esas publicaciones, y aunque la realidad de esa teoría es bastante improbable, tiene la misma probabilidad de que sea realidad que lo que nos cuentan las distintas religiones (y sin embargo, hay artículos que explican las "fantasías" de las mismas sin ningún reparo).   El filóloco - Hablemos (en castellano, por favor) 07:44, 20 abril 2007 (UTC)

Dividir en dous o artigo e caixa de navegación editar

  • Ola! Non teño incoveniente en dividir en dous o artigo. Recoñezo que si que é un pouco longo. Mais o único xeito que sei de facelo é o de "copiar e pegar". Tampouco sei como se fan as caixas de navegación. Así que, en resumidas contas, non teño incoveniente en facer o que me propoñedes, e incluso me parece boa idea, mais vou precisar a vosa axuda para levalo á práctica. Se podes, gustaríame que me respondeses. Un saúdo--Xohán Baldomir 14:09, 20 abril 2007 (UTC)
  • Olá Xosé, como vai todo? Estou de acordo contigo e con Xohán no artigo da literatura galega dos SS. EE. e Prerrexurdimento, e o da caixa ía darlle mellor vistosidade e facelo máis práctico (semellante ao da lingua). Non sei se che apetece poñerte tu co tema da caixa e/ou co da partición, pois eu tampouco sei como se fai. Se precisas axuda, avisa, igual podo axudar. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 14:59, 20 abril 2007 (UTC)

Hola, he dejado un mensaje en la discusión del wikiproxecto para ver si lo reactivamos un poco, que la categoría Política no para de crecer y habría que pensar en crear ciertas subcategorías para poner un poco de orden. Por eso te agradecería que echarás un vistazo a la discusión y expresarás tu parecer. Gracias, Manu bcn 08:37, 22 abril 2007 (UTC).

Petición de axuda a XoseBot editar

Ola Xosé, necesito que me axudes, máis concretamente que me axude o teu bot. Vin que o empregaches varias veces para recategorizar artigos, a ver si me podes axudar a recategorizar os templates da categoría Category:Caixas de lugares das Pontes á unha nova categoría Category:Caixas de lugares das Pontes de García Rodríguez, polo tema de poñer o nome completo do concello na categoría. Dígoche esto porque supoño que a categoría debe levar o nome completo, corríxeme se me equivoco. Nada máis, moitas grazas por perder algo do teu tempo comigo. ;) Un saúdo BaNjO tell me 13:43, 23 abril 2007 (UTC)

  • Moitas Grazas, e que rápido! Un saúdo BaNjO(tell me) 20:38, 23 abril 2007 (UTC)

Plantillas (Templates) editar

Gracias pola colaboración no artigo que estou a traducir sobre o cirrio común. Non acabo de dominar o tema dos Templates, e as veces o inserilos provocan efectos non desexados, se podes darme información sobre o tema agradecereicho.

Un saúdo.--Elster 17:19, 27 abril 2007 (UTC)

Xetafe - Getafe editar

Hola Xosé. Tengo una duda, ¿el artículo de Xetafe - Getafe ya es destacado o lo va a ser en junio? Miguel303xm 14:42, 2 maio 2007 (UTC)


Sylvanorash editar

Saudos, iso foi un erro, pido desculpas :( estaba posto un cacho e tentei corrixilo 19:15, 2 maio 2007 (UTC)~

Falai, meus olhos editar

  • Ola, Xosé. Grazas pola rápida resposta. A verdade eu tirei o texto de wikifontes en español e o artigo do Cancioneiro de Uppsala vén da wiki en español, e en ningún dos dous casos está posta a vírgula, mais o certo é que a día de hoxe si que se lle poría. Por tanto, pórlle unha coma tería lóxica e penso que sería a mellor opción. --Xoán Carlos Fraga 19:24, 4 maio 2007 (UTC)

Posturas sociopolíticasde Xoán Paulo II editar

Amigo Xosé, as posturas sociopolíticas de Xoán Paulo II son un capítulo expreso dentro das Ensinanzas, e reproduce literalmente o que está escrito nas súas encíclicas. Creo que sistematicamente está mellor aí que non perdidas entre outros temas como estaba antes. A túa precipitación en desfacer a edición leva a que agora estea o título duplicado, un con contidos e outros sen eles. Apertas

Atención editar

Gracísimas. Moitas, de verdade. Pero agora non sei como facer pra que a miña páxina de discusión non apareza dentro da lista de páxinas a wikificar... lol. --Xabier Cid 18:05, 7 maio 2007 (UTC)

Traballo para o bot editar

O meu bot non vai estes días por iso quería pedirche se pode o teu pode mover o que queda en Category:Estados de Estados Unidos de América a Category:Estados dos Estados Unidos de América. Albert galiza tamén me pediu mover Futbolistas xermanos a Futbolistas alemáns (así é todo a medio prazo imos ter que mover as categorías de futbolitas a Futbolistas de Nome_de_país). Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:37, 15 maio 2007 (UTC)

Nas categorías por regra xeral o historial só contén a data de creación, interwikis, templates, elementos de formato,... neses casos non é preciso conservar o historial. Se a páxina da categoría contén outros textos o procedemento é copiar o historial (como texto) e pegalo na páxina de discusión da nova categoría. Atopei un exemplo en wikt:Talk:codia anterior a activación do sistema de importación transwiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:58, 15 maio 2007 (UTC)

Andarías a facer varias cousas e sen darte de conta puxéchelo na páxina de usuario, é fácil confundirse.Acerto 18:58, 16 maio 2007 (UTC)

Polo que vexo no historial penso que están combinados, en particular estas dúas edicións lévanme a pensar que é así:

# 22:06, 17 maio 2007 XoseBot (Talk | contribucións | bloquear) m (8,936 bytes) (Desambiguação assistida por bot: Terra)
# 22:06, 17 maio 2007 XoseBot (Talk | contribucións | bloquear) m (8,508 bytes) (Desambiguação assistida por bot: Terra)

Unha semella ser de Choiva ácida e outra de Choiva aceda. A miúdo o sistema non actualiza de inmediato a fusión de historiais ou hai que forzar o navegador para que cargue a versión actualizada do historial, posiblemente foi isto o que ocorriu. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:30, 18 maio 2007 (UTC)

Homónimos editar

Certo, hai milleiros! Nalgúns casos o problema é que a páxina de homónimos non contén a ligazón que hai que mudar. Bo traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:10, 18 maio 2007 (UTC)

Portal historia Felicidades polo teu traballo co portal da historia. Para o portal da música aínda nos queda bastante traballo e aprender como vai funcionando esto. Como aínda non sei se vai haber xente que esté disposta a traballar en todos os eidos da música, polo de pronto centreime en facer unha lista de grupos e outros temas. Cando avancemos un chisco irei facendo un portal de xeito similar.--Goresqui 15:48, 19 maio 2007 (UTC)

Portal da Historia editar

Ola Xosé:

Túa mensaxe recibida, farei o que séa necesario, sempre dentro das miñas posibilidades. Grazas, un saúdo.Padin 16:02, 19 maio 2007 (UTC)

  • Ola Xosé, vin que comezaches a traballar en serio nos portais, asi que penso que este é o momento de unirme a túa iniciativa. Comecei có portal de Informática User:Banjo/Portal:Informática tomando como base o teu traballo no de historia, copíandoche o formato xeral do portal, espero que non che importe. Estos días non vou ter nada de tempo para traballar neles, pero espero que un pouco máis adiante poda poñerme en serio con eles. Calquer nova con este tema dos portais avísame ok? Moitas grazas e bó traballo. --BaNjO(tell me) 19:31, 19 maio 2007 (UTC)

zonas húmidas editar

Noraboa e felicitacións pola serie que estás a facer dos espazos naturais de Galicia, traballo completo onde os haxa. Pero quero facer un comentario: utilizas a palabra "humedal" (e "humedais") que non está admitida polos nosos gurús da lingua; tampouco está "humedal", por suposto. O Servizo de Normalización Lingüística da USC recomenda "zona húmida" [3]. Un saúdo e segue así. --Lameiro 21:02, 19 maio 2007 (UTC)

Portal de Historia editar

Ola, seméllame moi boa a iniciativa e ambiciosa. No que poida tratarei de axudar. Unha primeira suxestión movida polo que vin que levas feito sería o de facer un apartado de Personalidades da Historiografía, vendo que o artigo de Murgía é destacado como de historia de Galicia... e deste xeito uniriamos os recursos de personalidades co portal,. Non sei que che parecerá, xa me contarás,, pero o Portal ten boa pinta. saudos Lansbricae (Ti dirás) 11:39, 20 maio 2007 (UTC)

Sinto o erro, pensei que faltaba por ampliar xa que non atopaba na lista moitas das cidades de España, o que se debería facer entón é incluir o resto de cidades no resto de autonomías, non ten organizar unhas en España e outras nas súas autonomías. Non digo que sexa túa a culpa simplemente que non está feito.

Categoría de Cidades editar

Non pasa nada, como non sei crear as categorías o que podo facer é ampliar a cidades que faltan ou tamén ampliar a información das que xa existen porque moitas apenas teñen un par de párrafos. Saúdos


Entendo, para a próxima xa engado a categoría. Graciñas.

Invernadoiroenoloxía editar

Grazas. Xa o corrixín--Lmbuga Commons - Galipedia 18:22, 24 maio 2007 (UTC)

literatura do período intersecular editar

Ola! Escribín un artigo sobre a literatura galega intersecular e quería saber se me poderías dicir como podo facer paa incluílo naquela caixa de navegación que ti fixeras para a literatura galega. Moitas grazas--Xohán Baldomir 08:34, 25 maio 2007 (UTC)

  • Ola de novo. Era para avisarte de que xa me contestaron como tiña que facer para incluír o artigo na caixa de navegación. Supoño que non che importaría que xa incluíse o artigo na caixa. Un saúdo--Xohán Baldomir 11:27, 25 maio 2007 (UTC)

Cometín un erro cando creei unha parte das páxinas da categoría Eleccións municipais galegas e escribín coorporacións no canto de corporacións. Podes arranxalo? Outra cousa, hai tempo creei un modelo chamado {{CategoríaOficial}} para identificar as categorías que foran debatidas, neste momento xa non ten sentido mantelo, podes retiralo tamén? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:03, 28 maio 2007 (UTC)

Grazas. --Prevert(talk) 18:11, 28 maio 2007 (UTC)

Usuario Hacnex editar

Acabo de ver o teu comentario e como és administrador vou-che expor o caso:

  1. ás 10:28 un usuário anónimo cria o artigo "Javier Gómez Vila"
  2. ás 10:30 rexista-se Hacnex
  3. Este usuario ás 10:37 sobe unha imaxe de Javier Gómez Vila
  4. ás 11:08 eu poño a etiqueta de atención no artigo
  5. ás 11:08 retira-a sen comentario nengun

Parece evidente que non é un colaborador con boa fé, pero eu non vou comezar unha guerra de edición, ti que opinas?

Un saúdo

Emilio juanatey 11:21, 1 xuño 2007 (UTC)

A Tecnoloxía na ESO editar

Bota un vistazo ó artigo A Tecnoloxía na ESO, non teño moita idea pero creo que non é o tipo de artigos admitidos na galipedia, revisa porque ten ligazóns ó artigo como por exmplo en Tecnoloxía

Saudos! Alvarez(talk) 16:37, 04 xuño 2007 (UTC)

Houbo un problema cando votaches e perdéronse datos. É mellor que o revises ti para que non haxa erros cos votos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:03, 6 xuño 2007 (UTC)

Perdéronse votos e unha das solicitudes. Bo traballo paréceme boa idea. Un apunte tes que ter en conta como afectan ao gráfico as modificacións no número de concelleiros por causa das variacións de poboación e como afecta o número de partidos naqueles casos nos que foran cambiando co tempo (hai algúns casos bastante complexos pero son os menos). Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:12, 6 xuño 2007 (UTC)

Mensaxes do sistema editar

Ando coa revisión das mensaxes para comezar a publicar unha parte de delas (quizais 600 das principais). O problema fundamental neste momento ten que ver cos textos enrevesados, poucos precisos, erros e traducións demasiado "literais". Comecei pola parte de arriba. Xa que tamén andas niso se atopas algún texto con problemas faimo saber. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:46, 7 xuño 2007 (UTC)

Feito. --Prevertgl 13:45, 7 xuño 2007 (UTC)
Vin o comentario no resumo de MediaWiki:Uploadtext. Para a tradución de MediaWiki teremos que facer outro texto porque ese é moi diferente do necesario para outros wikis. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:34, 7 xuño 2007 (UTC)
Vin que nalgúns casos concretos a mensaxe orixinal en inglés non é a última das versións dispoñibles :-( --Prevertgl 19:53, 7 xuño 2007 (UTC)
Nese caso si é unha precisión de quen fixo a tradución. As mensaxes en inglés que variaron atopeinas noutro wiki. Por exemplo MediaWiki:Protect-cascade aquí pon "Cascading protection - protect any pages included in this page" e o que teñen agora é: "Protect pages included in this page (cascading protection)" (en en.wp teñeno como o noso, o orixinal porque tamén o cambiaron). Aínda que non teño del todo claro cal é o texto oficial. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:11, 7 xuño 2007 (UTC)
Ten coidado non mudar os que editei hoxe porque xa os pasei ao wiki de tradución (compareinos cos que teñen en inglés alí), e é un problema ter que revisar todas as mensaxes outra vez. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:21, 7 xuño 2007 (UTC)
Nos que sexan de hoxe se podes ponmo na páxina de discusión antes de mudalos para que poida facer o seguemento. En MediaWiki:Emailauthenticated non puxen nada entre o texto é a data porque comeza coa hora e non tiña claro se era a mellor solución (en MediaWiki:Perfcachedts solucioneino usando dous puntos :, pero nesta non vin como poñelo). MediaWiki:Blockedtext fixeno igual que MediaWiki:Autoblockedtext, faltaba Pretendíase bloquear: $7 (pero os espazos de separación tiñan que ser como estaba antes (por outra banda o manual de estilo de mancomun.org dí que hai que escoller a solución -ble preferiblemente en lugar de -bel). En MediaWiki:Confirmrecreate troquei talk por disc. para poñelo en galego como outras das mensaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:38, 7 xuño 2007 (UTC)

Vou marchar por hoxe, agora as mensaxes traducidas do corpo principal deben ser unhas 500. Aínda que na nosa listaxe están todas xuntas, no wiki de tradución están segundo tipos. No Exif non entrei, polo momento vou pasando as mensaxes que se poden considerar medio definitivas. As mensaxes que teñen máis problemas vounas deixando para o final. O sistema permíteme distinguir entre as que están traducidas e cales non, dese xeito cando queden as máis problemáticas podemos revisalas con máis detalle. Algunhas mensaxes que temos son do tipo MediaWiki:Uploadtext iso significa que teremos que traducir do orixinal. Por outra banda hai algúns conceptos confusos noutras das mensaxes. Por último en certas mensaxes fago a comparación con pt, en, es, it e fr (fr en moitas ocasións ten as mellores solucións). A ver se conseguimos ter un número de entradas suficientes para que sexa funcional noutros wikis, supoño que despois será máis fácil de manter. Moitas grazas polo teu traballo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:55, 7 xuño 2007 (UTC)

Mediawiki:log. Probeino así no outro wiki e alí non funciona, por iso ao final deixeino como estaba. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:07, 8 xuño 2007 (UTC)
Xa hai mensaxes suficientes do corpo de mensaxes principal para pedir que publiquen a primeira versión galega (aprox. 25-30% do total pero a maior parte das que ven os usuarios na interface). O que falta son as mensaxes relacionadas co rexistro para que a entrada tamén sexa en galego. Non teño claro se publicalas tal como están ou esperar a revisalas. Neste caso a revisión non é sinxela porque é unha cuestión de concepto. Algunhas das mensaxes que temos pode que sexan mellores que noutros wikis pero outras pódense mellorar. Que opinas? (Estou falando dunha ducia de mensaxes aproximadamente) Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:48, 8 xuño 2007 (UTC)

Hoxe foi publicada a tradución, son 550 mensaxes dun total de 1644 (o 33,45%, algunha das mensaxes paréceme que a colleron eles mesmos porque eu non lembro que o fixera). Unha vez comprobadas e publicadas en Mediawiki SVN axiña pasaran a estar dispoñibles nas opcións de configuración dos wikis da Fundacion Wikimedia. A ver se na próxima quenda revisamos 272 máis para chegar ao 50% da tradución. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:38, 9 xuño 2007 (UTC)

Certo, terán que ir no próximo envío. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:21, 11 xuño 2007 (UTC)

Mariño de Lobeira editar

Xosé: xa tes traducido o artigo Mariño de Lobeira pero, como digo no resume, tal parece unha novela. Non teño nin idea de cómo se pode confirmar esta historia (nomes, lugares, relevancia, etc.) e a piques estiven de inserir unha chamada de atención. Mírao ti e decide se fai falta esa advertencia. Un saúdo, Pedro. --Lameiro 18:38, 19 xuño 2007 (UTC)

  • Pois mira por onde que vai ser verdade. Non só as dúas referencias que citas senón que tamén aparece un "marquesado de Mariño" na Gran Enciclopedia Galega, que fala dun tal Antonio Mariño de Lobeira, de Pontenvedra, do século XVII, aínda que a única coincidencia co citado no noso artigo é que foi señor da casa de Serra de Outes. Deixareino pendente por agora, polo se o autor quere estenderse máis. Se nuns días non o fai teremos que decidir se metemos ou non esas referencias e o texto da GEG. Saúdos, Pedro. --Lameiro 19:19, 19 xuño 2007 (UTC)

Estado de conservación editar

Ola Xosé, non tiña nin idea que era mellor SVG para as imaxes. Eu editei as imaxes cun programa de retoque fotográfico que non tiña a opción de salvalas en SVG e por iso fíxeno en JPG. Se ti podes facelo estaríache moi agradecido xa que eu non teño ningún programa axeitado para facelo que eu saiba. No de masculino/feminino tes razón, pero penso que poderíase interpretar de moitos xeitos (podería ser A especie, O Ser vivo, O animal, O Estado de conservación...) o máis lóxico é, sen dúbida, o primeiro deles (a especie) pero neste caso fói unha cuestión de que fora máis fácil facer o retoque co programa de edición a partir da versión portuguesa, pero se pensas que hai que cambialo, o fago sen problemas. Por outra banda as caixas taxonómicas tal e como están artelladas na nosa wiki teñen pouca flexibilidade para poñer ou sacar elementos (Estado de conservación, mapas de distribución....) e seguro que no futuro engádense novos elementos. Están construidas dun xeito distinto a da maioría das wikis que si permiten a flexibilidade, por exemplo os grupos taxonómicos superiores distintos da especie non precisan do estado de conservación e tal e como o temos a día de hoxe non é posible sacalo. Habería que pensar neste asunto. As opcións que eu vexo son, por unha banda, facer unhas novas caixas taxonómicas empregando a linguaxe de programación flexible (non hai tantas, creo que o cambio aínda é posible) ou empregar caixas taxonómicas distintas para a especie e para as categorías supuriores que de feito xa existen na nosa wiki (ver Bufo).

Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 08:09, 20 xuño 2007 (UTC)

  • Ola Xosé, respecto o de masuculino/feminino, penso que sería mellor feminino. Cando as edites con inkscape é posible que podas cambiar os nomes das categorias sen moita dificultade, ou non?. Eu non entendo moito destas cousas, e facer o cambio do portugués ao galego custoume moito e o fixen dun xeito algo particular. Seguro que ti és quen de facelo dun xeito máis doado, e se non aqui estou co meu método patateiro (baseado en debuxar cada letra con un programa de edición). Respecto das caixas, teño que felicitarche por telas feito, sen non fora así agora non estaríamos falando de como melloralas. Neste sentido, penso que quizais poderíamos empregar como base algo que xa temos na nosa wiki, e que podes ver en páxinas como bufo ou nas que estou a facer agora como réptil ou tartaruga. Estas son máis flexibles e se lle poden engadir elementos como máis facilidade. Existe outro tipo de caixas que empregan algunhas wikis feitas co neowiki? que paracen especialmente adaptables pero un cavernícola informático como son eu xamais podería construir algo así (exemplo: mira como está editada en:Common Snipe). Un sáudo

--Calrosfking (FÁLAME) 10:20, 1 xullo 2007 (UTC)

Feito, faltaba o PNG tanto no cadro coma no gráfico, por eso non daban as contas. Agora xa está correcto. Grazas polo aviso. Un saúdo --BaNjO(tell me) 11:12, 20 xuño 2007 (UTC)

Request for botflag on gl.wikiquote editar

Hello!

I asked for a bot flag on your wikiquote talk page, could you check it please? :)

Thanks! Chtit draco 07:00, 21 xuño 2007 (UTC)

O Grove editar

Xosé: corrixe a título " Eleccións municipais en O Grove" por "... no Grove". Pedro (¡e vaia paciencia que tes que ter con trescentos e pico concellos...!) --Lameiro 19:23, 22 xuño 2007 (UTC)

  • ¡Veña, ho! Ánimo e non o deixes. Tómate o descanso que necesites: sardiñada, cacharela e un bo viño. E o luns... volta ás eleccións municipais, que xa faltan menos. Tamén, se me dis o que hai que facer, podo botarche unha man, naturalmente. Saúdos, Pedro. --Lameiro 23:12, 22 xuño 2007 (UTC)


Un gran traballo o que fixeches coas eleccións. Os meus parabéns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:10, 23 xuño 2007 (UTC)

Ola Xosé, podes pechar a proposta de borrado de Luciano Floridi? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:23, 27 xuño 2007 (UTC)

Grazas editar

Ola, grazas polo cabo. A ver se nesta semana andas porahí falamos algo do portal de Historia, en que podo votar unha man,engadir patrimonio jeje, e cousas varias. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 22:19, 1 xullo 2007 (UTC)

Grazas editar

Grazas por botarme un cabo; non sabía como modificar a entrada e armeime un lio. Saúdos.

Iago

Problemas en Commons editar

Ola Xosé, bótalle unha ollada á túa páxina de discusión en Commons. Un usuario marcou varias imaxes para borrar sen se preocupar por comprobar a orixe que ti lles puñas. Amañei unha delas, aquí podes ver o que fixen. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:46, 2 xullo 2007 (UTC)

Desculpas editar

A verdade é que o fixen sen pensar... Xa me estrañaba a min. Pobre, debes estar farto de reverter esa modificación! Síntoo, de verdade. --Xabier Cid 15:41, 4 xullo 2007 (UTC)

Historia de Exipto e Historia do Exipto editar

Ola, só quería decirche que existen estas dúas categorías creadas, supoño que a que debe quedar é a de Historia de Exipto por similitude do resto das Historias por países. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 21:19, 4 xullo 2007 (UTC)


Plantas medicinais editar

Ola Xosé, acabo de decatarme de que moviches Hinoxo a Fiúncho, quería darche as grazas por iso, xa que eu non sabía o nome galego (nin o castelán, antes de traducires o artigo), sei que andas moi ocupado co tema dos concellos etc.., máis poderías botarlle unha ollada ao artigo Especias e corrixir se ves algún erro no nome das plantas que traducín do castelán? Sería de grande axuda, xa que eu non teño nin idea de botánica.--Hugo22 22:39, 4 xullo 2007 (UTC)

Ola Xosé. Ando pechando os debates dos artigos destacados para o verán e non sei se en Wikipedia_talk:Sobre_Galicia#Mosteiro_de_San_Clodio teño que considerar a proposta exclusivamente como proposta ou tamén consideralo como voto. Se se trata tamén dun voto, por favor inclúe a túa sinatura nos que están a favor. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:20, 5 xullo 2007 (UTC)

Sobre o artigo Pardo de Cela editar

  • Ola, Xosé. Non estou de acordo con algunhas mudanzas que fixeche no artigo Pardo de Cela. Ao comezo dis que o Castrodouro está no concello do Valadouro, e non é certo, pois pertence ao actual Alfoz; o que é certo é que Alfoz e o Valadouro conforman un todo chamado O Valadouro, o cal aínda inclúe algunha parroquia de Foz limítrofe.
  • Tampouco sei por que razón quitas a información que fala das tres versións da Carta Executoria, pois aínda que non se especifica, non son iguais, e teñen diferenzas de contido non contraditorias mais si importantes; por este motivo, paréceme axeitado deixar constancia de que hai tres versións. Ademais, por que imos quitar esa información?
  • Tamén eliminache ligazóns externas, e non sei o motivo. E O Castrodouro penso que leva sempre artigo, incluso a xente do Val do Ouro tamén dice O Castro (con artigo), polo que me parece máis axeitado Castelo do Castrodouro ou Castelo do Castro que Castelo de Castrodouro. E mais nada. Grazas por outras melloras. Recibe un moi cordial saúdo, --Xoán Carlos Fraga 17:32, 7 xullo 2007 (UTC)
  • Grazas pola resposta, Xosé. Xa me estrañaban as mudanzas que fixeras, e tamén me ten pasado algunha vez de facer algunha mudanza e de me quitar texto. Todo correcto, grazas por estares aí mellorando todo, es un bon colaborador, cóidate. --Xoán Carlos Fraga 18:31, 8 xullo 2007 (UTC)

Re: Problemas ao desfacer editar

Ola Xosé. En Pardo de Cela non vexo nada relacionado con desfacer, porque aí xa desfixera eu. As diferenzas que atopo están nesta edición que é unha edición normal, non relacionada con desfacer. En Santiago de Compostela si que vexo estes cambios entre a edición anterior ao anónimo e a túa na que se perderon algunhas cousas. A solución é desfacer á versión boa e logo retocar sobre ela (habería que facer o mesmo en Pardo de Cela). Por exemplo nesta edición de Santiago de Compostela:

Revisión actual (12:35, 7 xullo 2007) (editar) (desfacer)
Xosé (Talk | contribucións | bloquear)    [desfacer]

utiliza o desfacer de arriba, porque o de abaixo é o que pode dar problemas cando hai máis dunha edición dun mesmo usuario. Quizais o de arriba debera chamarse desfacer e editar para diferencialo. Supoño que ves as mudanzas en cor vermella (mesmo as de posición do texto) senón habería un problema co código da folla de estilo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:28, 7 xullo 2007 (UTC)

Resposta: Mosteiro de San Clodio editar

Ola, o asunto dos claustros é un pouco enlioso neste mosteiro. O mais antigo o renacentista é o claustro doméstico ou da hospedería ao que non correspondían as imaxes (erro correxido). Na súa planta baixa non se ven as bóvedas polo artesonado. Os corpos altos dos dous claustros o mesmo, artesonado. O claustro reglar ou procesional no seu corpo baixo pese a que foi iniciado con elementos tardogóticos (principalmente as bóvedas das galerías) foi finalizado nun estilo clasicista aos principios do século XVII. O corpo alto presenta arcadas cegas ou pechadas de arcos de medio nos que se inserta un vano cadrado alintelado e un óculo. Polo que vexo no artigo cometín varios erros de bulto que irei solucionando. Haberá que facer unha relectura, era o primeiro artigo que iniciei e non lle fixen moita revisión. Grazas polo aviso pero o que é seguro e que o renacentista é o doméstico e non o procesional que externamente é de estilo clasicista pero iniciado con trazas tardogóticas. Lansbricae (Ti dirás) 17:17, 8 xullo 2007 (UTC)

Arzebispos editar

Ola, pódesme cambiar a categoría arzebispoa de Santiago - Iria que acabo de crear por Arcebispos...? Lansbricae (Ti dirás) 16:37, 9 xullo 2007 (UTC)

Imaxe da Semana editar

Ola Xosé. Comecei a preparar un sistema que automatice certos procesos a semellanza de Commons e outros wikis. Polo de agora só na Imaxe da Semana pero no futuro debe estenderse ás votacións para borrar imaxes ou páxinas, ao artigo destacado xeral e sobre Galicia, aos bots,..., dese xeito facilitará a xestión e o mantemento. Unha das implicacións futuras pode ser que haxa que mover as votacións das páxinas de discusión da Imaxe da Semana e os destacados. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:24, 9 xullo 2007 (UTC)

En relación ao teu comentario sobre posible mudanza no nome de Votacións penso que quizais haxa que trocar Votacións por Participación ou algo parecido. Porque votacións transmite a idea de que basta con emitir un voto para que unha decisión sexa válida. En realidade non é así. Aínda que a votación respalde unha decisión, se dita decisión é contraria á Política e normas do wiki, ou contradí as directrices do Consello de Admnistración da Fundación Wikimedia non pode aplicarse. O exemplo máis claro diso está relacionado coa política de imaxes ou co borrado de páxinas no caso de que se produza unha manipulación da votación. Polo que se ve noutros wikis dúas situacións que non son excepcionais. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:42, 10 xullo 2007 (UTC)
Naturalmente que me gustan :-) O que queria sinalar é que non se trata dunha mera votación, polo visto noutros wikis de maior tamaño ese enfoque de votación como suma de votos crea moitas confusións e algúns conflitos. O problema será atopar a palabra. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:55, 10 xullo 2007 (UTC)

Grazas editar

GRazas polo cambio na categoría. Outra cousa, meténdome na conversa que tes con Prevert eu non creo que o problema sexa o título votación. O que habería que resaltar é os requisitos dun artigo ou imaxe para que poidan ser propostos válidamente e os votos que se poden considerar válidos. Entendo que se o que se está a votar cumple os requisitos da política da galipedia e os votantes poden facer un voto válido a votación debe ser respetada. É semellante as eleccións políticas: O candidato debe cumprir uns requisitos e o votante tamén.

Por iso eu creo que o tema aclararíase destacando os enlaces aos requisitos dun artigo ou imaxe para ser proposta (cunha listaxe das propostas nulas como a autoproposta...) e aos requisitos que debe cumplir un votante (que o promotor pode tamén votar pero non o creador orixinal...). É unha opinión.

Por certo gústame o cadro que creaches. O que me parece que pode ser unha boa idea sería crear algo semellante na portada como pé de páxina ou algo semellante, no que se dixera que o contido da portada é resultado das eleccións feitas polos propios editores da galipedia e un enlace ao marcador de votacións ou algo semellante, xa que daría maior accesibilidade e facilitaría a participación de mais editores nas votacións. Un saúdo Lansbricae (Ti dirás) 14:01, 10 xullo 2007 (UTC)

Creo que si que pode ser Neal, digoo polas edicións anteriores. Quizais debamos confirmalo preguntandollo na súa páxina de br.wp . Creo que para iso eu non son o maís apropiado ;-) Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:27, 10 xullo 2007 (UTC)

Podes confirmar que es User:Neal? Fixeches a edición como usuario anónimo. Se non te identificas desfarei-na. --Xosé (✉) 17:32, 10 xullo 2007 (UTC)

Si, son eu. A razón pola que fixen a mudanza como utente anónimo é simplesmente porque leva tantísimo tempo sen traballar nesta versión do Wikipedia que xa non teño a mías mínima idea de cal podería ser a miña contraseña. En todo o caso, pido que se deixe a páxina tal e como está agora xa que queda, creo, maís clara. Podes contactar comigo aquí: Neal (wikipedia en bretón)

Alugar servizos editar

Ola, Xosé. Non sabía que se podían alugar os servizos dun Bot. ;) A verdade é que o pensei, sobre todo cando levaba 50 e faltaban outras 50, ;) pero non sei como funciona iso. O caso é que das páxinas que levaban a senado unhas tiñan que ir a Senado de España (30%) outras a senado romano (30%) e o resto, ou ben estaban correctamente asignadas a senado, ou ben tiñan que ser unha de cada senado distinto (Polonia, Iowa ou como for). Nesas condicións pode funcionar un Bot? É como separar categorías... --Xabier Cid 22:28, 15 xullo 2007 (UTC)

  • Isto está rematado, pero non teñas medo que xa aparecerán outras... --Xabier Cid 22:31, 15 xullo 2007 (UTC)

xénero gramátical (sic) editar

Xosé, ó face-lo cambio a xénero gramátical escapóuseche o til de "gramática" e quedou "gramátical". Pedro --Lameiro 16:54, 16 xullo 2007 (UTC)

Cultura Castrexa editar

Boas. Vendo os artigos de Historia de Galicia, atopeime con este. Creo que podería facer algunhas aportacións ao artigo, se non che importa. Por favor, se che parece mal, avísame.--María Baldomir 14:40, 17 xullo 2007 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Xosé/Arquivo2".